Boiro - Ordenanza fiscal núm. 16 reguladora da taxa por instalación de postos, barracas, casetas de venda, espectáculos, atraccións ou recreo, situados en terreos de uso público local así como industrias na rúa e ambulantes
Artigo 1º .- Fundamento e natureza.
Artigo 2º .- Feito impoñible.
Artigo 3º .- Suxeito pasivo.
Serán suxeitos pasivos da taxa, en concepto de contribuínte, as persoas físicas e xurídicas, e as Entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, a favor das cales se outorguen as licencias ou autorizacións ou quen se beneficie do aproveitamento se se procedera sen a oportuna autorización.
Artigo 4º .- Exencións e bonificacións.
Non se concederán exencións nin bonificacións, salvo as que se prevexan mediante Lei.
Artigo 5º .- Base impoñible.
Artigo 6º .- Cota tributaria.
EPÍGRAFE 1º: Expedición de Licenza | |
1.1.) Expedición de licenza: (euros/ano) | 23,73 |
EPÍGRAFE 2º : Venda Ambulante | |
2.1) Actividades do ramo de alimentación: (euros/m.l. e día) | 1,78 |
2.2.) Actividades de calzado e confección: euros/m.l. e día | 1,98 |
2.3.) Actividades restantes: euros/m.l. e día | 1,85 |
EPÍGRAFE 3º: Espectáculos e atraccións | |
3.1.) Circos (euros/día) | 23,73 |
3.2.) Tómbolas, atraccións e asimilados (euros/m2/día) | 1,19 |
3.3). Outros espectáculos: (euros/día) | 39,52 |
Artigo 7.- Período impositivo e retribución.
Artigo 8º .-Réxime de xestión, declaración e ingreso.
1.- As cantidades esixibles conforme as tarifas liquidaranse por cada aproveitamento solicitado ou realizado e serán irreductibles.
2.- A taxa xestionase en réxime de declaración, debendo, as persoas ou entidades interesadas na concesión dos aproveitamentos regulados nesta ordenanza, solicitar previamente a correspondente licencia e formular declaración na que conste a seguinte información:
Extensión do aproveitamento
Elementos a instalar.
Plano detallado da súa situación no termo municipal.
3.- Non se consentirá ningunha ocupación da vía pública ata que os interesados obteñan e abonen a licencia municipal correspondente.
4.- As autorizacións terán carácter persoal e non poderán ser cedidas nin subarrendadas a terceiros. O incumprimento deste mandato dará lugar á revogación da licencia, sen prexuízo das contías que corresponda aboar polos interesados.
5.- O pago xestionaras da seguinte maneira:
A) Caso de vendedores ambulantes.
A expedición da licencia conterá a contía da liquidación diaria, segundo declaración de extensión do aproveitamento, a efectos de notificación de alta.
Os vendedores autorizados serán incorporados a un padrón ou matrícula, de carácter trimestral, debendo aboarse as liquidacións trimestrais, polo número de días de mercado ambulante do trimestre, durante o primeiro mes do trimestre natural.
As liquidacións notificaranse de forma colectiva, mediante anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
B) Caso dos demais aproveitamentos.
O pago realizarase por ingreso directo na Tesourería Municipal, unha vez notificada a correspondente liquidación e sempre con carácter previo á realización do aproveitamento.
6.- Cando a utilización privativa ou o aproveitamento especial regulado nesta Ordenanza leve aparellada a destrucción ou deterioro do pavimento ou instalacións da vía pública, o beneficiario, sen prexuízo do pago da taxa á que houbera lugar, estará obrigado ó reintegro do custo total dos respectivos gastos de reconstrucción ou reparación e o depósito previo do seu importe.
Se os danos foran irreparables o Concello será indemnizador en contía igual ó valor dos bens destruídos ou o importe do deterioro dos danados.
Baixo ningún concepto se poderá condonar total nin
parcialmente as indemnizacións e reintegros a que se refire o
presente apartado.
7.- Unha vez concedida ou renovada a licencia establecida no epígrafe 1º do
artigo 5, os suxeitos pasivos serán incorporados a un Padron Fiscal, e a obriga
de contribuir non cesará mentras os interesados non tramiten a súa baixa ante a
Administración. As baixas surtirán efecto no trimestre seguinte a aquel no que
se solicite, unha vez comprobado polo persoal autorizado. O cobro realizarase de
forma trimestral e a notificación será colectiva mediante anuncios no BOP.
DISPOSICIÓN TRANSITORIA.-
Disposición final
... A presente ordenanza foi modificada polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o día 11 de novembro de 2003, publicada no BOP n.º ..., de data ..., e será de aplicación a partir do 1.1.2004, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.