Vilasantar - Ordenanza fiscal núm. 12, reguladora da taxa polo subministro de auga
Artigo 1º .- Concepto
De acordo co previsto no artigo 20 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, na nova redacción dada polo artigo 66 da Lei 25/1998, do 31 de xullo, este concello establece a taxa polo subministro municipal de auga, que se rexerá pola presente ordenanza.
Artigo 2º .-Obrigados ao pagamento
Están obrigados ao pagamento do servicio público regulamentado nesta ordenanza os que se beneficien do servicio municipal de subministro de auga, dende o momento en que se inicie a prestación do servicio.
Artigo 3º .-Suxeito pasivo
1. Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ocupantes ou usuarios das fincas do término municipal beneficiarias do servizo de subministro de auga, calquera que sexa o seu título: propietarios, usufructuarios, habitacionistas ou arrendatarios, incluso en precario.
2. En todo caso, terá a consideración de suxeito pasivo substituto do ocupante ou usuario das vivendas ou locais o propietario destes inmobles, quen poderán repercutir, no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os respectivos beneficiarios do servicio.
Artigo 4º .-Responsábeis
1. Responderán solidariamente das obrigacións tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.
2. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos., interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 5º .-Tarifas
A contía da taxa regulamentada na presente ordenanza será a fixada nas tarifas que se establecen no apartado seguinte
Ata 30 m3 | 3,68 euros/tr. |
Da cantidade anterior a 35 m3 | 0,53 euros/tr. |
Da cantidade anterior a 40 m3 | 0,63 euros/tr. |
Da cantidade anterior a 45 m3 | 0,74 euros/tr. |
Da cantidade anterior a 75 m3 | 1,05 euros/tr. |
A partir de 75 m3 | 1,58 euros/tr. |
Artigo 4º .-Xestión e cobranza
-A obriga de pago desta taxa nace desde o momento en que se inicia a prestación do servicio.
-O pago efectuarase no momento da presentación ao obrigado a facelo do correspondente recibo. Dita presentación terá carácter trimestral
-O non pago do recibo significa a renuncia ao servicio. En calquera caso as débedas derivadas da taxa poderán esixirse polo procedemento administrativo de constrinximento, conforme ao Regulamento Xeral de Recadación.
Artigo 9º .-Infraccións e sancións
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.
Disposición final:
A presente ordenanza entrará en vigor e comezará a aplicarse ó día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo vixente ata que se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.