Vilasantar - Ordenanza fiscal núm. 12, reguladora da taxa polo subministro de auga
Artigo 1.°.-Concepto.
De acordo co previsto no artigo 20 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, na nova redacción dada polo artigo 66 da Lei 25/1998, do 31 de xullo, este Concello establece a taxa polo subministro municipal de auga, que se rexerá pola presente ordenanza.
Artigo 2.°.-Obrigados ao pagamento.
Están obrigados ao pagamento do servicio público regulamentado nesta ordenanza os que se beneficien do servicio municipal de subministro de auga, dende o momento en que se inicie a prestación do servicio.
Artigo 3.°.-Suxeito pasivo.
1. Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas fisicas ou xurídicas e as entidades ocupantes ou usuarios das fincas do termo municipal beneficiarias do servizo de subministro de auga, calquera que sexa o seu título: propietarios, usufructuarios, habitacionistas ou arrendatarios, incluso en precario.
2. En todo caso, terá a consideración de suxeito pasivo substituto do ocupante ou usuario das vivendas ou locais o propietario destes inmobles, quen poderán repercutir, no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os respectivos beneficiarios do servicio.
Artigo 4.°.-Responsábeis.
1. Responderán solidariamente das obrigacións tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.
2. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 5.°.-Tarifas.
Mínimo ata 20 m3 bimestre: 2,52 €
>20<30 m3 bimestre: 0,55 €/m3
>30<40 m3 bimestre: 0,65 €/m3
>40<50 m3 bimestre: 0,77 €/m3
>50<100 m3 bimestre: 1,08 €/m3
>100 m3 bimestre: 1,63 €/m3
Conservación contador: 0,40 €
Conservación acometida: 1,00 €
Fíxase unha taxa de 45,00 euros para as novas autorizacións de acometida á rede xeral de abastecementoArtigo 6.°.-Xestión e cobranza.
A obriga de pago desta taxa nace desde o momento en que se inicia a prestación do servizo.
A taxa liquidarase bimestralmente salvo que por causa xustificada a xunta de goberno local decida variar os períodos de liquidación; a decisión será publicada no taboleiro de editos do Concello e nos puntos empregados habitualmente polo Concello en todas as parroquias.
O non pago do recibo significa a renuncia ao servicio. En calquera caso as débedas derivadas da taxa poderán esixirse polo procedemento administrativo de constrinximento, conforme ao Regulamento Xeral de Recadación
Artigo 7.°.-Infraccións e sancións.
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.
Disposición final.
A presente ordenanza entrará en vigor e comezará a aplicarse ó día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo vixente ata que se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.