Vilasantar - Ordenanza fiscal núm. 12, reguladora da taxa polo subministro de auga
Artigo 1° .- Concepto
De acordo co previsto no artigo 20 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, na nova redacción dada polo artigo 66 da Lei 25/1998, do 31 de xullo, este concello establece a taxa polo subm1histru municipal de auga, que se rexerá pola presente ordenanza.
Artigo 2° .-Obrigados ao pagamento
Están obrigados ao pagamento do servicio público regulamentado nesta ordenanza os que se beneficien do servicio municipal de subministro de auga, dende o momento en que se inicie a prestación do servicio.
Artigo 3° .-Suxeito pasivo.
1. Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ocupantes ou usuarios das fincas do termo municipal beneficiarias do servizo de subministro de auga, calquera que sexa o seu título: propietarios, usufructuarios, habitacionistas ou arrendatarios, incluso en precario.
2. En todo caso, terá a consideración de suxeito pasivo substituto do ocupante ou usuario das vivendas ou locais o propietario destes inmobles, quen poderán repercutir, no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os respectivos beneficiarios do servicio.
Artigo 4° .-Responsábeis.
1. Responderán solidariamente das obrigacións tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.
2. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos., interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 5°. Tarifas:
Mínimo ata 20 m3 bimestre: 2,52 €
De 20 a 40 m3 bimestre: 0,35 €/ m3
A partir de 40 m3 bimestre: 0,55 €/ m3
Conservación contador 0,40 €
Conservación acometida 1,00 €
Fíxase unha taxa de 45,00 euros pardas novas autorizacións de acometida á rede xeral de abastecemento
Artigo 6° Xestión e cobranza:
A obriga de pago desta taxa nace desde o momento en que se inicia a prestación do servizo.
A taxa liquidarase bimestralmente salvo que por causa xustificada a Xunta de goberno local decida variar os períodos de liquidación, a decisión será publicada no taboleiro de editos do concello e nos puntos empregados habitualmente polo concello en todas as parroquias.
O non pago do recibo significa a renuncia ao servicio. En calquera caso as débedas derivadas da taxa poderán esixirse polo procedemento administrativo de constrinximento, conforme ao Regulamento Xeral de Recadación.
Artigo 7° .-Infraccións e sancións.
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.
Disposición final:
A presente ordenanza entrará en vigor e comezará a aplicarse ó día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo vixente ata que se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.