Vilasantar - REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POLO USO DA CARPA MUNICIPAL
Artigo 1.º .-Concepto
1. En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 117, en relación co artigo 41, ámbolos dous da Lei 39/88, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, este concello establece o prezo público polo uso da carpa municipal.
2. Poderán usar este servizo as asociacións legalmente constituídas neste concello, como poden ser as asociacións veciñais, culturais, deportivas, etc. así como as comisións de festas.
Artigo 2.º .-Suxeitos obrigados ó pagamento
1. Son suxeitos obrigados ó pagamento as asociacións antes relacionadas e que solicitan nos modelos establecidos ao efecto o uso da carpa municipal.
Artigo terceiro.-Actividades gravadas
Ó servizo ofertado consiste na utilización da carpa municipal a petición razoada do solicitante.
Non se fixa duración do límite do servizo. En calquera caso o concello resérvase a facultade de fixar as datas do mesmo sen obrigación de que coincida co solicitado debendo, en este caso, motivar suficientemente dita variación.
Artigo cuarto.-Normas de xestión
A solicitude debe ser realizada con cando con vinte días de antelación ao inicio do uso.
Tanto para a montaxe como para a desmontaxe da carpa deberase de contar coa axuda dos membros da asociación ou comisión de festas necesarios.
A concesión do uso da carpa realizarase por estricta orde de solicitude sendo o único criterio utilizable a antigüidade da mesma no rexistro de entrada neste concello.
Artigo quinto.-Contía do prezo.
O importe do prezo é de 150 euros.
De non adoptarse actualización expresa do prezo, este verase incrementado na súa contía segundo o IPC do ano en curso.
Artigo 6.º .-Normas de xestión-pagamento
1. O pagamento efectuarase en calquera das contas de que dispón o concello en entidades bancarias ou caixas de aforros no prazo máximo de tres días a contar dende a notificación expresa de concesión do uso.
Artigo 7.º .-Outras obrigas
Os usuarios da carpa municipal deberán estar ó día no pagamento das débedas contraídas co Concello de Vilasantar.
Disposición final:
A presente ordenanza entrará en vigor e comezará a aplicarse ó día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo vixente ata que se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.