Vilasantar - Ordenanza fiscal núm. 18, reguladora do prezo público polo uso da carpa municipal

Publicación provisional: 05/07/2004 BOP Nº: 152
Publicación definitiva: 27/08/2004 BOP Nº: 198
Aplicable dende: 13/10/2022

CAPITULO I.- Réxime de utilización

ARTIGO 1 .- FINALIDADE E OBXECTO

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladoras das bases de réxime local e de conformidade co disposto nos artigos 41 a 47 e 127 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, regulase a cesión por parte do Concello de Vilasantar da carpa de lona e estrutura metálica de titularidade municipal co fin de proporcionar a entidades e particulares un espazo onde poida desenvolver a súas actividades e establécese o correspondente prezo público pola devandita cesión e instalación.

ARTIGO 2.- USUARIOS

Poderán solicitar o uso e instalación da carpa:

- Asociacións legalmente constituídas de carácter veciñal, cultural, deportivas, sociais, etc do Concello de Vilasantar.

- Comisións de Festas do Concello de Vilasantar.

- Outras Administracións Públicas.

- Outras entidades ou empresas do Concello de Vilasantar.

- Veciñanza do Concello de Vilasantar.

ARTIGO 3.- SOLICITUDES

A solicitude do uso da carpas deberá estar dirixida ao Sr. Alcalde e deberá presentarse no Rexistro de Entrada do Concello de Vilasantar cunha antelación mínima de trinta días hábiles ao inicio do uso da carpa, aportando a seguinte documentación:

- Solicitude na que se fará constar, como mínimo, os datos do solicitante, lugar onde se quere ubicar a carpa, e datas e breve descrición do uso e destino da carpa.

- Liquidación e xustificante do ingreso do importe da prezo público correspondente de conformidade co establecido na presente Ordenanza (no seu defecto no prazo máximo 3 días dende notificación autorización).

- Datos de identificación da persoa responsable da vixilancia e seguridade da carpa durante o período de utilización.

ARTIGO 4.- AUTORIZACIÓN

4.1.- A concesión ou denegación de autorización do uso e instalación da carpa corresponderá á Xunta de Goberno Local ou no seu defecto mediante Resolución de Alcaldía.

4.2.- Unicamente se autorizará o uso e instalación da carpa fora do Municipio de Vilasantar cando a solicitude estea debidamente motivada.

4.3.- Terá preferencia para o uso da carpa o desenvolvemento de actividades organizadas, promovidas ou realizadas polo Concello de Vilasantar sobre calquera outra entidade.

4.4.- O Concello de Vilasantar resérvase a facultade de fixar as datas de utilización do servizo, sen obrigación de que coincidan coas solicitadas. O Concello de Vilasantar deberá, nestes casos, motivar suficientemente dita variación. Non se establece un máximo de utilización da carpa.

4.5.- A concesión do uso da carpa realizarase por orde de entrada da solicitude no rexistro do Concello de Vilasantar, coa salvidade da preferencia das asociacións e comisións de festas sobre empresas e particulares.

ARTIGO 5.-REQUISITOS PARA A INSTALACIÓN DA CARPA

1.- O solicitante deberá acondicionar o terreo destinado a ubicación da carpa, seguindo as instrucións do persoal designado polo Concello.

2.- Aínda que estea outorgada a autorización para a instalación se xorden causas xustificadas (terreo inadecuado, climatoloxía, etc) que aconsellen que non se realice devandita instalación o persoal do Concello comunicarallo ao solicitante con indicación expresa da causa que impide a súa instalación.

3.- As tarefas de montaxe e desmontaxe da carpa correrán por conta do/a solicitante, que deberá de contar con persoal suficiente e adecuado para a súa realización, mínimo 4 persoas.

ARTIGO 6.-OBRIGAS DOS SOLICITANTES

O solicitante terá as seguintes obrigas:

- Custodiar e vixiar a carpa, conservación dos elementos da carpa e obriga de comunicar ao Concello de Vilasantar calquera dano no material, perda ou deterioro das pezas da estrutura.

- Cumprir as disposicións e normas desta ordenanza, así como as que figuren na resolución de concesión de autorización.

- Efectuar o pago da prezo público establecido nesta ordenanza.

- Contar coas licenzas correspondentes, no seu caso.

- Destinar a carpa a actividade para a que foi solicitada.

- Estar o corrente no pagamento das débedas co Concello de Vilasantar.

ARTIGO 7.-ACTIVIDADES

1.-Na carpa poderán realizarse actividades de tipo cultural, social, deportivo, educativo, ocio, lúdicas, etc, que conten coas autorizacións pertinentes para o seu desenvolvemento.

2.-En ningún caso no interior da carpa poderá realizarse actividades que contraveñan os principios de igualdade das persoas, realización de actos de carácter violento ou que atenten contra a dignidade das persoas ou discrimine a persoas ou grupos por razón de raza, sexo, relixión, opinión ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social nin accións violentas ou vexatorias.

ARTIGO 8.- CAUSAS DE ANULACIÓN DA AUTORIZACIÓN

A autorización de cesión de uso da carpa poderá extinguirse:

a) Pola realización de actividades que non conten con todas as autorizacións regulamentarias ou que contraveñan a presente ordenanza.

b) Pola necesidade suficientemente motivada do uso da carpa para a prestación doutros servizos públicos. Neste caso o solicitante prexudicado quedará exento do pago da prezo público, procedendo o Concello, no seu caso, ao reintegro do importe correspondente.

c) Por causas imprevistas de forza maior que desaconsellen a instalación da carpa.

CAPITULO II.- Réxime económico

ARTIGO 9.-CONCEPTO

De conformidade co disposto no Real Decreto 2/2004, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, o Concello de Vilasantar establece o prezo público polo uso e instalación da carpa regulado na presente Ordenanza.

ARTIGO 10.- SUXEITOS OBRIGADOS AO PAGAMENTO

1.- Son suxeitos obrigados ao pagamento da prezo público os usuarios previstos no artigo 2 da presente ordenanza que soliciten o uso e instalación da carpa.

2.- Son responsables solidarios da débeda tributaria as persoas ou entidades a que se refire o artigo 42 da lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.

ARTIGO 11.- CONTÍA DO PREZO PÚBLICO

O prezo público que corresponderá abonar polo uso privativo da carpa de titularidade municipal, que incluirá o transporte, fíxase en 200,00€ (DOUS CENTOS EUROS).

ARTIGO 12.- PERÍODO IMPOSITIVO E DEVENGO

O prezo público devengarase cando se inicie a solicite da prestación ou utilización da carpa municipal por parte dos/as interesados/as ou no prazo máximo de 3 días dende a notificación da concesión do uso.

ARTIGO 13.- XESTIÓN - PAGAMENTO

O importe do prezo público ingresarase na conta do concello e non se iniciará a utilización da carpa, nin a tramitación do expediente, en tanto non se fixera efectivo o pago correspondente de acordo co artigo 26.1.b) do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.

ARTIGO 14.- EXENCIÓNS E BONIFICACIÓNS

Procederá a exención e bonificación do prezo publico nos supostos e condicións expresamente previstas nas normas con rango de lei.

ARTIGO 15.- INFRACCIÓNS E SANCIÓNS TRIBUTARIAS

En todo o relativo a cualificación das infraccións tributarias así coma á imposición das sancións que polas mesmas correspondan en cada caso, aplicarase o réxime regulado na Lei Xeral Tributaria e nas disposicións que a complementan e desenvolven.

DISPOSICIÓN FINAL

A presente Ordenanza entrará en vigor o día seguinte ao da publicación do seu texto no Boletín Oficial da Provincia e unha vez transcorrido o prazo previsto no artigo 65.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.