Vilasantar - Ordenanza fiscal núm. 18, reguladora do prezo público polo uso da carpa municipal

Publicación provisional: 05/07/2004 BOP Nº: 152
Publicación definitiva: 27/08/2004 BOP Nº: 198
Aplicable dende: 29/05/2009

Artigo 1.º .-Concepto

1. En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 117, en relación co artigo 41, ámbolos dous da Lei 39/88, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, este Concello establece o prezo público polo uso da carpa municipal.

Artigo 2.º .-Suxeitos obrigados ó pagamento

1. Son suxeitos obrigados ao pagamento pola utilización da carpa as empresas e particulares que soliciten o seu uso nos modelos establecidos ao efecto.
Están exentos de pagamento as asociacións legalmente constituídas de carácter veciñal, cultural, deportivas ...así como as comisións de festas do concello de Vilasantar. As solicitudes destes colectivos terán preferencia sobre as presentadas por empresas e particulares.

Artigo terceiro.-Actividades gravadas

1. O servizo ofertado consiste na utilización da carpa municipal a petición razoada do solicitante.
2. O Concello resérvase a facultade de fixar as datas de utilización do servizo, sen obrigación de que coincidan coas solicitadas. O Concello deberá, nestes casos, motivar suficientemente dita variación. Non se establece un prazo máximo de utilización da carpa.

Artigo cuarto.-Normas de xestión

1. A solicitude debe ser realizada cun mínimo de trinta días de antelación ao inicio do uso da carpa
2. As tarefas de montaxe e desmontaxe da carpa correrán por conta do solicitante, que deberá de contar coa axuda de catro persoas para este traballo.
3. A concesión do uso da carpa realizarase por orde de entrada da solicitude no rexistro do Concello de Vilasantar, coa salvidade da preferencia das asociacións e comisións de festas sobre empresas e particulares.

Artigo quinto.-Contía do prezo.

1. Establécese unha fianza de 150 € para todos os usuarios do servizo. Dita fianza será reembolsada cando se devolta a carpa sempre que non existan desperfectos.
2. Para os suxeitos obrigados ao pagamento (artigo 2) establécese un importe de 300 € en concepto de utilización da carpa, no caso de seren particulares sen ánimo de lucro, e de 500 € no caso de seren empresas ou particulares con ánimo de lucro.

Artigo 6.º .-Normas de xestión-pagamento

1. O pagamento efectuarase en calquera das contas das que dispón o Concello en entidades bancarias ou caixas de aforros no prazo máximo de tres días dende a notificación expresa da concesión do uso.

Artigo 7.º .-Outras obrigas

1. Os usuarios da carpa municipal deberán estar ao día no pagamento das débedas contraídas co Concello de Vilasantar

Disposición final:

A presente ordenanza entrará en vigor e comezarase a aplicar o día seguinte á súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, pen‑nanecendo vixente ata que se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.