Melide - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TARA POLOS DOCUMENTOS QUE EXPIDA OU DE QUE ENTENDA A ADMINISTRACIÓN OU AS AUTORIDADES MUNICIPAIS
Artigo 1º: Fundamento e natureza.
Artigo 2º: Feito impoñibte.
1.- Constitúe o feito impoñible da taxa a actividade administrativa desenvolvida co motivo da tramitación, a instancia de parte, de toda clase de documentos que expida e de expedientes dos que entenda a Administración ou as autoridades municipais.
2.- Para estes efectos entenderase tramitada a instancia de parte calquera documentación administrativa que fora provocada polo particular ou redunde no seu beneficio, aínda que non fora mediada solicitude expresa do interesado.
3.- Non estará suxeita a esta taxa a tramitación de documentos e expedientes necesarios para o cumprimento de obrigas fiscais, así como as consultas tributarias, os expedientes de devolución de ingresos indebidos, os recursos administrativos contra resolucións municipais de calquera índole e os relativos á prestación do servizo ou realización de actividades de competencia municipal, as compulsas de documentos que pasen a formar parte dun expediente administrativo municipal, así como os certificados solicitados polo departamento de servizos sociais para a tramitación de expedientes, e a utilización privativa ou o aproveitamento especial de bens do dominio público municipal, que estean gravados por outra Taxa municipal ou polos que se esixan un prezo público por este Concello.
Artigo 3º.- Suxeito pasivo.
Artigo 4º: Responsables.
1.- Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas á que se refinen os artigos 41.1 e 42 da Lei xeral tributaria.
2.- Serán responsables subsidiarios os regulados no artigo 43 da Lei xeral tributaria, nos supostos e co alcance referido no dito artigo.
Artigo 5º: Base impoñible e liquidable:
Artigo 6º: Cota tributaria.
1.- A cota tributaria determinarase por unha cantidade fixa sinalada segundo a natureza dos documentos ou expedientes a tramitar, de acordo coa tarifa que contén o artigo seguinte.
2.- A cota da tarifa corresponde á tramitación completa, en cada instancia, do documento ou expediente de que se trate, dende a súa iniciación ata a súa resolución final, incluída a certificación e notificación ó interesado do acordo recaído.
3.- As cotas resultantes, por aplicación das tarifas, incrementaranse nun 50% cando os interesados solicitasen, con carácter de urxencia, a tramitación dos expedientes.
Artículo 7º: Tarifa.
A tarifa a que se refire o artigo anterior estrutúrase nos seguintes epígrafes:
Epígrafe primeiro: emnadronamento de habitantes:
- Certificacións de empadronamento: 2,50 euros.
- Certificados ou informes de convivencia e residencia: 2,50 euros.
- Actas de comparecencias: 5,00 euros.
- Outros certificados ou informes: 5,00 euros.
Epígrafe segundo certificacións e compulsas
- Certificación de documentos ou acordos municipais: 2,50 euros.
- Certificación de nomenclatura e numeración de soares urbanos enclavados no termo municipal: 2,50 euros.
Certificacions sobre sinais ou situacións de tráfico: 2,50 euros.
A dilixencia de compulsa ou cotexo de documentos: pola primeira dilixencia 1 euro, polas seguintes 0,30 euros. No caso de entidades sen ánimo de lucro inscritas no Rexistro de Asociacións do Concello de 0,10 euros por cada dilixencia de compulsa ou cotexo.
Polo bastanteo de poderes para os efectos nas oficinas municipais: 30,00 euros. As demais certificacións ou informes: 2,50 Euros.
Epígrafe terceiro: Documentos expedidos ou extendidos polas oficinas municipais:
- Por expedición de certificacións e informes en expedientes de traspaso, cambio de titularidade ou semellantes: 50,00 euros.
- Por cada documento que se expida en fotocopia, por folio: 0,10 euros.
Epígrafe cuarto: Documentos relativos a servizos de urbanismo:
- Por cada expediente de declaración de ruína de edificios: 90,00 euros.
- Por cada certificación ou informe que se expida polos servizos urbanísticos solicitada a instancia de parte:
.- Con visita de comprobación: 75,00 euros.
.- Sin visita de comprobación: 30,00 euros.
- Por cada acta de aliñación de rúas, ensanches, etc.: 75,00 euros. Por expedición de copias de planos: 1,00 euro por copia.
- Polas certificacións ou informes a incluír en expedientes de solicitude de subvencións de rehabilitación, acondicionamento ou reconstrución de vivendas rurais: 10,00 euros.
- Por cada expediente de parcelación, segregación, división ou agrupación: 90,00 euros.
- Por cada expediente acreditativo da antigüidade das edificacións sobre incoación ou non de expediente de reposición da legalidade ou sancionador: 60 euros.
- Outras certificacións ou informes urbanísticos: 75,00 Euros.
Epígrafe quinto: contratación obras e servizos:
- Constitución, substitución e devolución de fianzas definitivas para licitacións e obras municipais, por cada acto: 20 euros.
- Por cada contrato administrativo que se subscriba de obras, xestión de servizos públicos, subministros, consultoría, asistencia e servizos:
- contratos de ata 12.050,00 euros de xestión de servizos públicos, subministros, consultoría, asistencia e servizos; e ata 30.050,00 euros en obras: 30,00 euros.
- Contratos superiores ás contías anteriores: 60,00 euros.
Artigo 8º: Exencións e bonificacións.
Artigo 9º: Devengo.
1.- Devengarase a taxa e nacerá a obriga de contribuír cando se presente a solicitude que inicie a tramitación dos documentos e expedientes suxeitos á taxa.
2.- Nos casos aos que se refire o número 2 do amigo 2 º, o devengo prodúcese cando teñan lugar as circunstancias que proveña na actuación municipal de oficio ou cando esta se iniciase sen previa solicitude do interesado pero redunde no seu beneficio.
Artigo 10º: Declaración e ingresos.
1.- A Taxa esixirase en réxime de autoliquidación no momento de presentar o correspondente escrito de solicitude da tramitación do documento ou expediente, ou nestes mesmos cando aquel escrito non existira ou a solicitude non fora expresa.
2.- Os escritos recibidos polos condutos á que fai referencia o artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, que non veñan debidamente reintegrados, serán admitidos provisionalmente, pero non se lles dará curso sen que se emende a deficiencia para o que se requirirá ao interesado para que, no prazo de dez días, aboe as cotas correspondentes co apercibimento de que, transcorrido o dito prazo, teranse os escritos por non presentados e será arquivada a solicitude.