Melide - Ordenanza fiscal núm. 24, reguladora da taxa polos documentos que expida ou de que entenda a administración ou as autoridades municipais

Publicación provisional: 01/04/2005 BOP Nº: 72
Publicación definitiva: 19/05/2005 BOP Nº: 112
Aplicable dende: 01/01/2013

Artigo 1º: Fundamento e natureza.

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de Abril, reguladora das bases de réximen local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, este Concello establece a taxa pola expedición de documentos administrativos que se rexerá pola presente Ordenanza fiscal, atendendo as súas normas e ó previsto no artigo 57 do TRLFL.

Artigo 2º: Feito impoñibte.

1.- Constitúe o feito impoñible da taxa a actividade administrativa desenvolvida co motivo da tramitación, a instancia de parte, de toda clase de documentos que expida e de expedientes dos que entenda a Administración ou as autoridades municipais.

2.- Para estes efectos entenderase tramitada a instancia de parte calquera documentación administrativa que fora provocada polo particular ou redunde no seu beneficio, aínda que non fora mediada solicitude expresa do interesado.

3.- Non estará suxeita a esta taxa a tramitación de documentos e expedientes necesarios para o cumprimento de obrigas fiscais, así como as consultas tributarias, os expedientes de devolución de ingresos indebidos, os recursos administrativos contra resolucións municipais de calquera índole e os relativos á prestación do servizo ou realización de actividades de competencia municipal, as compulsas de documentos que pasen a formar parte dun expediente administrativo municipal, así como os certificados solicitados polo departamento de servizos sociais para a tramitación de expedientes, e a utilización privativa ou o aproveitamento especial de bens do dominio público municipal, que estean gravados por outra Taxa municipal ou polos que se esixan un prezo público por este Concello.

Artigo 3º.- Suxeito pasivo.

Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas e xuridicas e as entidades á que se refire o artigo 35 da 58/2003, do 18 de decembro, da Lei xeral tributaria que soliciten, provoquen ou teñan interese na tramitación do documento ou expediente do que se trate.

Artigo 4º: Responsables.

1.- Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas á que se refinen os artigos 41.1 e 42 da Lei xeral tributaria.

2.- Serán responsables subsidiarios os regulados no artigo 43 da Lei xeral tributaria, nos supostos e co alcance referido no dito artigo.

Artigo 5º: Base impoñible e liquidable:

Estará constituída pola clase ou natureza do documento tramitado ou expedido pola Administración municipal.

Artigo 6º: Cota tributaria.

1.- A cota tributaria determinarase por unha cantidade fixa sinalada segundo a natureza dos documentos ou expedientes a tramitar, de acordo coa tarifa que contén o artigo seguinte.

2.- A cota da tarifa corresponde á tramitación completa, en cada instancia, do documento ou expediente de que se trate, dende a súa iniciación ata a súa resolución final, incluída a certificación e notificación ó interesado do acordo recaído.

3.- As cotas resultantes, por aplicación das tarifas, incrementaranse nun 50% cando os interesados solicitasen, con carácter de urxencia, a tramitación dos expedientes.

Artículo 7º: Tarifa.

Epígrafe primeiro: Certificacións, informes, copias e compulsas

Certificación de documentos ou acordos municipais

2,99 euros

Certificación de nomenclatura e numeración de soares urbanos ou rústicos situados no termo municipal.

A cota tributaria devengarase por titular e solicitude efectuada.

2,99 euros

Certificación do catastro, descritiva e gráfica (por cada unha)

2,99 euros

Por expedición de información xeográfica de parcelas agrícolas (Xispac), por cada unha

1,07 euros

Relación de bens catastrais, por titular

2,99 euros

Informes emitidos polos técnicos, Policia Local ou servicios sociais

31,98 euros

Informes atestados da Policía Local.

53,30 euros

Copias de planos en tamaño DIN A-4 ou DIN A-3, por cada copia

2,132 euros

Copias de planos, por cada imaxe enviada por correo electrónico

2,132 euros

Polo bastanteo de poderes que surtan efectos nas Oficinas Municipais

35,76 euros

Informes emitidos por persoal non técnico

2,99 euros

Epígrafe segundo: Documentos relativos a servizos de urbanismo

Por cada expediente de declaración de ruína de edificios

107,29 euros

Por cada certificación ou informe que se expida polos servizos urbanísticos solicitada a instancia de parte

Con visita de comprobación: 89,41 euros.

Sin visita de comprobación: 35,76 euros.

Outras certificacions ou informes urbanísticos, sempre que non obren noutro expediente polo que se devengue taxa ou prezo público deste Concello.

89,41 euros

Epígrafe terceiro: Contratación obras e servizos

Constitución, substitución e devolución de fianzas, tanto provisionais, como definitivas, por cada acto

35,76 euros

Por cada contrato administrativo que se subscriba de obras:

 

Por contratos de obra de contía de 50.000,00 euros a 200.000,00 euros

170,57 euros

Por contratos de obra de contía superior a 200.000,00 euros

213,21 euros

Por cada contrato administrativo que se subscriba de servizos públicos, subministracións ou xestión de servizos:

 

Por contratos de contía de 18.000,00 e ate 60.000,00 euros

170,57 euros

Por contratos de contía superior a 60.000,00 euros

213,21 euros

Epígrafe cuarto: Celebración de Matrimonios civis

Por cada enlace

95,94 euros

Epígrafe quinto: Participación en probas selectivas de persoal funcionario e laboral fixo

Grupo A 1 ou persoal laboral asimilado

38,38 euros

Grupo A 2 ou persoal laboral asimilado

31,98 euros

Grupo C 1 ou persoal laboral asimilado

25,58 euros

Grupo C 2 ou persoal laboral asimilado

19,19 euros

Outras categorías

12,79 euros

Por cada copia de documentación en CD ou soporte similar

10,66 euros

Epígrafe sexto: Participación en probas selectivas de persoal laboral temporal

Grupo A 1 ou persoal laboral asimilado

19,19 euros

Grupo A 2 ou persoal laboral asimilado

16,00 euros

Grupo C 1 ou persoal laboral asimilado

12,79 euros

Grupo C 2 ou persoal laboral asimilado

9,60 euros

Outras categorías

6,40 euros

Por cada copia de documentación en CD ou soporte similar

5,34 euros

Epígrafe sétimo: Por tramitación de expedientes para autorización de festexos ou solicitudes de cambios de titularidade nos padróns fiscais, sempre que non se trate de corrección de erros neles (e sendo a obriga do novo titular), a taxa será de 16,00 euros."

Artigo 8º: Exencións e bonificacións.

Non hai exencións e bonificacións por esta taxa.

Artigo 9º: Devengo.

1.- Devengarase a taxa e nacerá a obriga de contribuír cando se presente a solicitude que inicie a tramitación dos documentos e expedientes suxeitos á taxa.

2.- Nos casos aos que se refire o número 2 do amigo 2 º, o devengo prodúcese cando teñan lugar as circunstancias que proveña na actuación municipal de oficio ou cando esta se iniciase sen previa solicitude do interesado pero redunde no seu beneficio.

Artigo 10º: Declaración e ingresos.

1.- A Taxa esixirase en réxime de autoliquidación no momento de presentar o correspondente escrito de solicitude da tramitación do documento ou expediente, ou nestes mesmos cando aquel escrito non existira ou a solicitude non fora expresa.

2.- Os escritos recibidos polos condutos á que fai referencia o artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, que non veñan debidamente reintegrados, serán admitidos provisionalmente, pero non se lles dará curso sen que se emende a deficiencia para o que se requirirá ao interesado para que, no prazo de dez días, aboe as cotas correspondentes co apercibimento de que, transcorrido o dito prazo, teranse os escritos por non presentados e será arquivada a solicitude.

Artigo 11º: Infraccións e sancións.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei xeral tributaria.

Disposición adicional primeira.

Cando os diversos departamentos, dende os que se preste servizos neste Concello, precisen dispoñer da copia compulsada dunha documentación ou da súa fiel concordancia co orixinal, para os seus efectos nun expediente (dos que teñan que tramitarse dende o dito departamento) serán os/as propios/as funcionarios/as ou traballadores/as dese departamento os que soliciten vía interna directamente: ou a compulsa daquela documentación, ou, de ser o caso de ser suficiente, a acreditación da súa comprobación co orixinal; sen que en ningún dos anteriores supostos proceda esixir o devengo de taxa ningunha ó interesado ou beneficiario en tales expedientes.

Disposición final.

A presente Ordenanza fiscal entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e será de aplicación a partir do día seguinte, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa.

(BOP nº 72, 1/4/2005 e BOP nº 112, 19/5/2005)(BOP nº 298, 30/12/2005)(BOP nº 293, do 23/12/2006)(BOP nº 300, do 31/12/2007)(BOP nº 298, 29/12/2008)(BOP nº 245, 27/12/2011)(BOP nº 244, 24/12/2012)