Melide - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TARA POLOS DOCUMENTOS QUE EXPIDA OU DE QUE ENTENDA A ADMINISTRACIÓN OU AS AUTORIDADES MUNICIPAIS
Artigo 1º: Fundamento e natureza.
Artigo 2º: Feito impoñibte.
1.- Constitúe o feito impoñible da taxa a actividade administrativa desenvolvida co motivo da tramitación, a instancia de parte, de toda clase de documentos que expida e de expedientes dos que entenda a Administración ou as autoridades municipais.
2.- Para estes efectos entenderase tramitada a instancia de parte calquera documentación administrativa que fora provocada polo particular ou redunde no seu beneficio, aínda que non fora mediada solicitude expresa do interesado.
3.- Non estará suxeita a esta taxa a tramitación de documentos e expedientes necesarios para o cumprimento de obrigas fiscais, así como as consultas tributarias, os expedientes de devolución de ingresos indebidos, os recursos administrativos contra resolucións municipais de calquera índole e os relativos á prestación do servizo ou realización de actividades de competencia municipal, as compulsas de documentos que pasen a formar parte dun expediente administrativo municipal, así como os certificados solicitados polo departamento de servizos sociais para a tramitación de expedientes, e a utilización privativa ou o aproveitamento especial de bens do dominio público municipal, que estean gravados por outra Taxa municipal ou polos que se esixan un prezo público por este Concello.
Artigo 3º.- Suxeito pasivo.
Artigo 4º: Responsables.
1.- Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas á que se refinen os artigos 41.1 e 42 da Lei xeral tributaria.
2.- Serán responsables subsidiarios os regulados no artigo 43 da Lei xeral tributaria, nos supostos e co alcance referido no dito artigo.
Artigo 5º: Base impoñible e liquidable:
Artigo 6º: Cota tributaria.
1.- A cota tributaria determinarase por unha cantidade fixa sinalada segundo a natureza dos documentos ou expedientes a tramitar, de acordo coa tarifa que contén o artigo seguinte.
2.- A cota da tarifa corresponde á tramitación completa, en cada instancia, do documento ou expediente de que se trate, dende a súa iniciación ata a súa resolución final, incluída a certificación e notificación ó interesado do acordo recaído.
3.- As cotas resultantes, por aplicación das tarifas, incrementaranse nun 50% cando os interesados solicitasen, con carácter de urxencia, a tramitación dos expedientes.
Artículo 7º: Tarifa.
Epígrafe Primeiro: Certificacións e Compulsas:
* Certificación de documentos ou Acordos municipais: 2,61 euros.
* Certificación de nomenclatura e numeración de solares urbáns ou rústicos enclavados no Termo Municipal: 2,61 Euros. A cota tributaria devengarase por titular e solicitude efectuada.
* A dilixencia de compulsa ou cotexo de documentos: pola primeira dilixencia 1,04 euro, polas seguintes 0,31 euros. No caso de entidades sen ánimo de lucro inscritas no Rexistro de Asociacións do Concello de 0,10 euros por cada dilixencia de compulsa ou cotexo.
* Polo bastanteo de poderes que surtan efectos nas Oficinas Municipais: 31,26 euros.
Epígrafe Segundo: Documentos relativos a Servizos de Urbanismo:
* Por cada expediente de declaración de ruína de edificios: 93,78 euros.
* Por cada certificación ou informe que se expida polos servizos urbanísticos solicitada a instancia de parte:
.- Con visita de comprobación: 78,15 euros.
.- Sin visita de comprobación: 31,26 euros.
* Outras certificacións ou informes urbanísticos, sempre que non obren noutro expediente polo que se devengue taxa ou prezo público deste Concello: 78,15 Euros.
Epígrafe Terceiro: Contratación Obras e Servizos:
* Constitución, sustitución e devolución de fianzas, tanto provisionais como definitivas para licitacións e obras municipais, por cada acto: 31,26 euros.
* Por cada contrato administrativo que se subscriba de obras, xestión de servizos públicos, subministros, consultoría, asistencia e servizos:
- Contratos de obras:
a) Por contratos de obra de contía ata 30.050,00 euros: 0,00 euros
b) Por contratos de obra de contía superior a 30.050,00 e ata 60.000,00 euros:104,20 euros
c) Por contratos de obra de contía superior a 60.000,00 euros: 156,30 euros.
- Contratos de xestión de servizos públicos, subministros, consultoría, asistencia e servizos:
a) De contía ata 12.050,00 euros: 0,00 euros.
b) De contía superior a 12.050,00 e ata 30.050,00 euros: 52,10 euros.
c) De contía superior a 30.050,00 euros e ata 60.000,00 euros: 104,20 euros.
d) De contía superior a 60.000,00 euros: 156,30 euros".
Artigo 8º: Exencións e bonificacións.
Artigo 9º: Devengo.
1.- Devengarase a taxa e nacerá a obriga de contribuír cando se presente a solicitude que inicie a tramitación dos documentos e expedientes suxeitos á taxa.
2.- Nos casos aos que se refire o número 2 do amigo 2 º, o devengo prodúcese cando teñan lugar as circunstancias que proveña na actuación municipal de oficio ou cando esta se iniciase sen previa solicitude do interesado pero redunde no seu beneficio.
Artigo 10º: Declaración e ingresos.
1.- A Taxa esixirase en réxime de autoliquidación no momento de presentar o correspondente escrito de solicitude da tramitación do documento ou expediente, ou nestes mesmos cando aquel escrito non existira ou a solicitude non fora expresa.
2.- Os escritos recibidos polos condutos á que fai referencia o artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, que non veñan debidamente reintegrados, serán admitidos provisionalmente, pero non se lles dará curso sen que se emende a deficiencia para o que se requirirá ao interesado para que, no prazo de dez días, aboe as cotas correspondentes co apercibimento de que, transcorrido o dito prazo, teranse os escritos por non presentados e será arquivada a solicitude.