Arteixo - TAXA POLA ENTRADA DE VEHÍCULOS A TRAVÉS DAS BEIRARRÚAS E RESERVAS DA VÍA PÚBLICA PARA APARCAMENTO EXCLUSIVO, PARADA DE VEHÍCULOS, CARGA E DESCARGA DE MERCANCÍAS DE CALQUERA CLASE.
ARTIGO 1. Fundamento e natureza.
En uso das facultades
concedidas polos artigos 133.2 e 141 da Constitución e polo artigo 106 da Lei
7/85, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos
artigos
ARTIGO 2. Feito Impoñible
1. Contitúe o feito impoñible
da presente taxa, a utilización privativa ou o aproveitamento especial das vias
municipais, nos casos seguintes:
a) Entradas de vehículos en
edificios, solares, fábricas, talleres e, en xeral, en inmobles de calquera
destino, feita a través de terreos destinados ó uso público, xa teñan licenza
de paso permanente, laboral ou nocturno.
b) Reservas permanentes para
actividades distintas do acceso a inmobles.
c) Reservas de carácter temporal
para diversas actividades de comercio, servicios e subministros.
d) A reposición de sinais
obrigatorios indicadores do aproveitamento.
ARTIGO 3. Suxeitos pasivos.
1. Son suxeitos pasivos desta
taxa, a título de contribuínte, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades
a que se refire o artigo 36 da 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria e
artigo 23 do R.D.Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto
refundido da Lei reguladora das facendas locais, que utilicen ou aproveiten as
entradas ou reservas. Cando se solicite licenza para a utlización ou
aproveitamento, entenderase que ten a condición de suxeito pasivo o solicitante
ou a persoa ou entidade que represente. Se o aproveitamento se realizara sen
obter licenza, considerarase que ten a condición de suxeito pasivo ou
propietario do inmoble ou da empresa que utilizara a entrada ou reserva.
2. Terán a condición de
substitutos do contribuínte, os propietarios das fincas e locais a que dean
acceso ditas entradas de vehículos, os que poderán repercutir, no seu caso, as
cotas sobre os respectivos beneficiarios.
ARTIGO 4. Responsables.
1.Responderán
solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas e entidades
a que se refire o artigo 42 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral
tributaria.
2.Serán responsables
subsidiarios da débeda tributaria as persoas e entidades a que se refire o
artigo 43 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.
ARTIGO 5. Base Impoñible.
Tomarase como base para
determinar a cota tributaria da presente taxa:
a) Nas entradas ou paso de carruaxes de
vehículos, a superficie do local, a superficie da beirarrúa suxeita a aproveitamento
especial e os metros lineais de demanio público reservados.
b) Ademais,
nas reservas temporais, terase en conta a duración do uso.
c) Na obtención de
sinais, o titular do aproveitamento.
ARTIGO 6. Cota tributaria
1.Entrada ou paso de carruaxes ós inmobles, por cada m2 de superficie
construída.
1.1. En pasaxes permanentes 24
horas......................................................... 0,21 ¿
1.2. En pasaxes con horario limitado
(de 8:00 horas a 22:00 horas)............ 0,13 ¿
1.3. En pasaxes con horario limitado (de 21:00 a
9:00 horas)..................... 0,12 ¿
2.Superficie da beirarrúa
obxecto de aproveitamento especial.............................. 6,58 ¿
3.Reservas: Por cada metro
lineal de espacio reservado, ó ano:
3.1. Reserva permanente 24
horas............................................................................................
111,77
¿
3.2. Reserva temporal, con horario limitado (de 8:00 a
22:horas).............................................. 65,75 ¿
3.3. Reserva temporal, con horario limitado (de 21:00 a
9:00 horas)........................................ 54,79 ¿
4. Reserva de espacio de carácter temporal para diversas actividades de
construcción, comercio, servicios e subministros.
4.1. Bombeo, mudanzas, descarga de combustibles polas
empresas distribuidoras, así como outros usos extraordinarios. Por cada m2 ou
fracción, por
día................................................................ 2,74 ¿
5. Expedición e reposición de sinais indicativas do aproveitamento, no
caso de perda ou deterioro.................................................................................................................................................. 21,50 ¿
6. Nos locais non afectos a
actividades comerciais ou industriais, ós efectos de determi-
nar a cantidade a pagar, o importe resultante da suma das tarifas 1, 2
e 3 multiplicarase polo coeficiente 0,4.
7. Cando os aproveitamentos se
realicen en rúas que non sexan de 1ª categoría fiscal, o importe resultante da
aplicación das anteriores tarifas seralles aplicados os seguintes índices
correctores e sempre que non sexa de aplicación o apartado anterior:
- Rúas de 2ª categoria........... 0,8
- Rúas de 3ª categoría.......... 0,7
- Resto das rúas................... 0,6
ARTIGO 7. Normas de aplicación das tarifas.
1. Os coeficientes
sinalados nos apartado 6 e 7 non poderán ser aplicados simultáneamente.
2. Cando se produza o
acceso desde unha vía pública a un grupo de fincas ou locais que comparten a
mesma entrada, a lonxitude desta, ratearase entre os distintos locais en
proporción á súa superficie, sen que en ningunha das fraccións que resulten
poidan ser inferior a un metro, elevándose as fraccións á unidade superior.
3. Nas reservas de
carácter temporal sinaladas no apartado 4 do artigo 6, os aproveitamentos
realizados por un mesmo vehículo en distintas vias o lugares dunha mesma vía,
xerarán tantas autoliquidacións como aproveitamentos en lugares distintos sexan
realizados.
ARTIGO 8. Período impositivo e Devengo.
1.O período impositivo coincidirá co ano natural. Cando se trate de
novas autorizacións para a realización dos aproveitamentos descritos nos puntos
1, 2 e 3, o período impositivo coincidirá co primeiro día do trimestre natural
no que se conceda a autorización.
2.A taxa devengarase o
primeiro día do período impositivo, agás cando se trate de novos
aproveitamentos que será o primeiro día do trimestre natural no que se conceda
a autorización. As cotas serán irreductibles, sendo rateables por trimestres
naturais, ademais do suposto anterior (novo aproveitamento), no caso de cese da
utilización privativa ou aproveitamento especial.
3.Na tarifa
ARTIGO 9. Normas de xestión.
1. No momento de solicita-la
autorización para realizar os aproveitamentos previstos nesta Ordenanza, os
peticionarios deberán ingresar o importe dos períodos a que se refire a
petición. Dito importe será autoliquidado polo suxeito pasivo, con expresión do
artigo de suxeición e do/s concepto/s autoliquidados. Non se tramitará o
expediente se non se ten efectuado o pagamento correspondente.
2. Revisada a
autoliquidación, practicaranse os abonamentos ou esixiranse as diferencias que
procedan, elevandose a definitiva a liquidación ata entón provisional.
3. Autorizada a
utilización privativa ou aproveitamento especial, entenderase prorrogada
automaticamente, ata que a baixa sexa solicitada polo interesado ou ben sexa
declarada a súa caducidade. As baixas producirán efectos a partir do trimestre
seguinte a aquel en que se solicita, que de non peticionarse seguirase
devengando a taxa.
4. Tódalas autorizacións
concedidas serán consignadas nun Padrón, que será elaborado anualmente. Os
contribuíntes deberán ingresar o importe das cotas tributarias referidas no
Padrón fiscal anual na Tesourería Municipal ou nas Entidades Financeiras
colaboradoras.
ARTIGO 10. Infraccións e sancións.
En todo o relativo a
calificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas
correspondan en cada caso, estarase ó
disposto nos artigos 183 e seguintes da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral
tributaria.
DISPOSICIÓN ADICIONAL PRIMEIRA
As
anteriores tarifas serán incrementadas anualmente no I.P.C.
DISPOSICIÓN ADICIONAL SEGUNDA.
As referencias establecidas na presente Ordenanza ás
categorías das rúas entenderase sempre referidas ás categorías establecidas no
Imposto sobre Actividades Económicas.
DISPOSICIÓN FINAL
A presente Ordenanza
Fiscal foi aprobada polo Concello Pleno en sesión celebrada o día 30 de xaneiro
de 1997.
Foi modificada segundo acordo plenario de data 6 de setembro de 2001,
18 de xullo de 2002 e catro de setembro de 2003.
A presente modificación foi aprobada polo
Concello Pleno en sesión celebrada o día 28 de outubro de 2004. Entrará en
vigor, logo da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, o día 1 de xaneiro
de 2005, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresas.