Arteixo - TAXA POLA ENTRADA DE VEHÍCULOS A TRAVÉS DAS BEIRARRÚAS E RESERVAS DA VÍA PÚBLICA PARA APARCAMENTO EXCLUSIVO, PARADA DE VEHÍCULOS, CARGA E DESCARGA DE MERCANCÍAS DE CALQUERA CLASE.
ARTIGO 1. Fundamento e natureza.
En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 141 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos
ARTIGO 2. Feito Impoñible
Entradas de vehículos en edificios, solares, fábricas, talleres e, en xeral, en inmobles de calquera destino, feita a través de terreos destinados ó uso público, xa teñan licenza de paso permanente, laboral ou nocturno.
Reservas permanentes para actividades distintas do acceso a inmobles.
Reservas de carácter temporal para diversas actividades de comercio, servicios e subministros.
A reposición de sinais obrigatorios indicadores do aproveitamento.
ARTIGO 3. Suxeitos pasivos.
1. Son suxeitos pasivos desta
taxa, a título de contribuínte, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades
a que se refire o artigo 36 da 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria e
artigo 23 do R.D.Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto
refundido da Lei reguladora das facendas locais, que utilicen ou aproveiten as
entradas ou reservas. Cando se solicite licenza para a utlización ou
aproveitamento, entenderase que ten a condición de suxeito pasivo o solicitante
ou a persoa ou entidade que represente. Se o aproveitamento se realizara sen
obter licenza, considerarase que ten a condición de suxeito pasivo ou
propietario do inmoble ou da empresa que utilizara a entrada ou reserva.
2. Terán a condición de
substitutos do contribuínte, os propietarios das fincas e locais a que dean
acceso ditas entradas de vehículos, os que poderán repercutir, no seu caso, as
cotas sobre os respectivos beneficiarios.
ARTIGO 4. Responsables.
1.Responderán
solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas e entidades
a que se refire o artigo 42 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral
tributaria.
2.Serán responsables
subsidiarios da débeda tributaria as persoas e entidades a que se refire o
artigo 43 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.
ARTIGO 5. Base Impoñible.
a) Nas entradas ou paso de carruaxes de vehículos, a superficie do local, a superficie da beirarrúa suxeita a aproveitamento especial e os metros lineais de demanio público reservados.
b) Ademais, nas reservas temporais, terase en conta a duración do uso.
c) Na obtención de sinais, o titular do aproveitamento.
ARTIGO 6. Cota tributaria
.1 | Entrada ou paso de carruaxes aos inmóbeis, por cada m2 de superficie construída | ||
6.1.1 | En pasaxes permanentes, 24 horas | 0,24 € | |
6.1.2 | En pasaxes con horario limitado (de 8:00 horas a 22:00 horas) | 0,16 € | |
6.1.3 | En pasaxes con horario limitado ( de 21:00 horas a 9:00 horas) | 0,15 € |
6.2 | Superficie da beirarrúa obxecto de aproveitamento especial | 7,23 € |
6.3 | Reservas: Por cada metro lineal de espazo reservado ao ano | ||
6.3.1 | Reserva permanente, 24 horas | 122,85 € | |
6.3.2 | Reserva temporal, con horario limitado (de 8:00 a 22:00 horas) | 72,26 € | |
6.3.3 | Reserva temporal, con horario limitado ( de 21:00 a 9:00 horas) | 60,21 € |
6.4 | Reserva de espazo de carácter temporal para diversas actividades de comercio, servizos e subministros | ||
6.4.1 | Reserva para vehículos de formigonado, bombeo, guindastres, colectores aos que non lles sexa de aplicación outra ordenanza, así como outros aproveitamentos análogos, por m2 ou fracción, ao día. | 4,10 € | |
6.4.2 | A reserva anterior pode implicar o corte dunha vía púbica, dándose calquera dos seguintes supostos: 6.4.2.1. Con impedimento total da circulación rodada, por m2 ou fracción, cada período ou fracción 6.4.2.2. Con impedimento parcial da circulación rodada, por m2 ou fracción, cada período ou fracción | 3,06 € 2,30 € | |
6.4.3. | Reserva de espazo para mudanzas, descarga de combustíbeis polas empresas distribuidoras, así como outros usos extraordinarios, por m2 ou fracción, cada período ou fracción | 1,01 € |
6.5 | Expedición e resposición (perda ou deterioro) de sinais indicativos do aproveitamento | 23,63 € |
6.6. | Coeficientes | ||
6.6.1 | Nos locais non afectos a actividades comerciais ou industriais, aos efecto de determinar a cantidade que cómpre pagar, o importe que resulte da suma das tarifas 6.1, 6.2 e 6.3, multiplicarase polo coeficiente | 0,4 | |
6.6.2 | Cando os aproveitamentos se realicen en rúas que non sexan de 1ª categoría fiscal, o importe que resulte da aplicación das tarifas anteriores seranlles aplicados os seguintes indices correctores e sempre que non sexa de aplicación o apartado anterior: - Rúas de 2ª categoría - Rúas de 3ª categoría - Resto das rúas | 0,8 0,7 0,6 |
6.7 | Tarifa mínima | ||
6.7.1 | Con carácter mínimo, e na aplicación da tarifa sinalada no artigo 6.4, esixirase con carácter mínimo a cantidade de | 25,35 € |
ARTIGO 7. Normas de aplicación das tarifas.
1. Os coeficientes sinalados no apartado 6 do artigo 6, non poden ser aplicados simultaneamiente.
2. Cando se produza o acceso desde unha vía pública a un grupo de fincas ou locais que comparten a mesma entrada, a lonxitude desta, ratearase entre os distintos locais en proporción á súa superficie, sen que en ningunha das fraccións que resulten poidan ser inferior a un metro, elevándose as fraccións á unidade superior.
3. Aqueles locais que teñan dúas ou máis entradas e teñan previsto a reserva de espazo para todas elas, o procedemento que compre seguir será o seguinte:
a) Na primeira reserva, aplicaranse as tarifas estipuladas no apartado 1, 2 e 3 do artigo 6, e, no seu caso, os coeficientes que correspondan.
b) Na segunda e seguintes, aplicaranse tan só as tarifas estabelecidas no apartado 2 e 3 do citado artigo 6, e, no seu caso, os coeficintes que correspondan.
4. Nas reservas de carácter temporal sinaladas no apartado 4 do artigo 6, os aproveitamentos realizados por un mesmo vehículo en distintas vías ou lugares dunha mesma vía, xerarán tantas autoliquidacións como aproveitamentos en lugares distintos sexan realizados.
5. Cando a ocupación teña o carácter sinalado no artigo 6.4.2., e ocupen parcialmente as estradas ou vías públicas, con interrupción total ou parcial do tránsito rodado, será obrigatoria a presenza policial, liquidandonse, ademais da ocupación, dito servizo especial segundo o disposto na ordenanza fiscal n.º 17.
6. No artigo 6.4.2. e 6.4.3., o período comprendera os intervalos seguintes, cada un de oito horas:
- Período de mañan: de 7.00 horas a 15.00 horas
- Período de tarde: de 15.00 horas a 23.00 horas
7. Se por calquera circunstancia, a utilización privativa se desenvolvera en período de mañan ou tarde, incluso afectando a ambos períodos, pero sin superar as oito horas, tributará como un só período. Se o tempo de duración fora superior a oito horas, en calquera dos supostos que se poidera producir, tribuará como dous períodos.
ARTIGO 8. Período impositivo e Devengo.
2.A taxa devengarase o primeiro día do período impositivo, agás cando se trate de novos aproveitamentos que será o primeiro día do trimestre natural no que se conceda a autorización. As cotas serán irreductibles, sendo rateables por trimestres naturais, ademais do suposto anterior (novo aproveitamento), no caso de cese da utilización privativa ou aproveitamento especial.
3.Na tarifa
4.Na tarifa 6.5 as cotas serán irreducibles, sen que se admita rateo ningún.
ARTIGO 9. Normas de xestión.
1. No momento de solicita-la
autorización para realizar os aproveitamentos previstos nesta Ordenanza, os
peticionarios deberán ingresar o importe dos períodos a que se refire a
petición. Dito importe será autoliquidado polo suxeito pasivo, con expresión do
artigo de suxeición e do/s concepto/s autoliquidados. Non se tramitará o
expediente se non se ten efectuado o pagamento correspondente.
2. Revisada a
autoliquidación, practicaranse os abonamentos ou esixiranse as diferencias que
procedan, elevandose a definitiva a liquidación ata entón provisional.
3. Autorizada a
utilización privativa ou aproveitamento especial, entenderase prorrogada
automaticamente, ata que a baixa sexa solicitada polo interesado ou ben sexa
declarada a súa caducidade. As baixas producirán efectos a partir do trimestre
seguinte a aquel en que se solicita, que de non peticionarse seguirase
devengando a taxa.
4. Tódalas autorizacións
concedidas serán consignadas nun Padrón, que será elaborado anualmente. Os
contribuíntes deberán ingresar o importe das cotas tributarias referidas no
Padrón fiscal anual na Tesourería Municipal ou nas Entidades Financeiras
colaboradoras.
ARTIGO 10. Infraccións e sancións.
DISPOSICIÓN ADICIONAL PRIMEIRA
As anteriores tarifas serán incrementadas anualmente no I.P.C.