Arteixo - Ordenanza fiscal nº 23, reguladora da taxa pola entrada de vehículos a través das beirarrúas e reservas da vía pública para aparcadoiro exclusivo, parada de vehículos, carga e descarga de mercadorías de calquera clase

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 18/05/2009 BOP Nº: 111
Aplicable dende: 01/07/2009

ARTIGO 1. Fundamento e natureza.

 En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 141 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real Decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, este Concello establece a TAXA POR ENTRADA DE VEHÍCULOS A TRAVÉS DAS BEIRARRÚAS E RESERVAS DA VÍA PÚBLICA PARA APARCAMENTO EXCLUSIVO, PARADA DE VEHÍCULOS, CARGA E DESCARGA DE MERCANCÍAS DE CALQUERA CLASE, que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal, atendendo as súas normas ó disposto no artigo 57 do devandito R. D. Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo.

ARTIGO 2. Feito Impoñible

 1. Contitúe o feito impoñible da presente taxa, a utilización privativa ou o aproveitamento especial das vias municipais, nos casos seguintes:

Entradas de vehículos en edificios, solares, fábricas, talleres e, en xeral, en inmobles de calquera destino, feita a través de terreos destinados ó uso público, xa teñan licenza de paso permanente, laboral ou nocturno.

Reservas permanentes para actividades distintas do acceso a inmobles.

Reservas de carácter temporal para diversas actividades de comercio, servicios e subministros.

A reposición de sinais obrigatorios indicadores do aproveitamento.

ARTIGO 3. Suxeitos pasivos.

 1. Son suxeitos pasivos desta taxa, a título de contribuínte, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 36 da 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria e artigo 23 do R.D.Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, que utilicen ou aproveiten as entradas ou reservas. Cando se solicite licenza para a utlización ou aproveitamento, entenderase que ten a condición de suxeito pasivo o solicitante ou a persoa ou entidade que represente. Se o aproveitamento se realizara sen obter licenza, considerarase que ten a condición de suxeito pasivo ou propietario do inmoble ou da empresa que utilizara a entrada ou reserva.

 

 2. Terán a condición de substitutos do contribuínte, os propietarios das fincas e locais a que dean acceso ditas entradas de vehículos, os que poderán repercutir, no seu caso, as cotas sobre os respectivos beneficiarios.

ARTIGO 4. Responsables.

 1.Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas e entidades a que se refire o artigo 42 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.

 2.Serán responsables subsidiarios da débeda tributaria as persoas e entidades a que se refire o artigo 43 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.

ARTIGO 5. Base Impoñible.

 Tomarase como base para determinar a cota tributaria da presente taxa:

 

 a) Nas entradas ou paso de carruaxes de vehículos, a superficie do local, a superficie da beirarrúa suxeita a aproveitamento especial e os metros lineais de demanio público reservados.

 b) Ademais, nas reservas temporais, terase en conta a duración do uso.

 c) Na obtención de sinais, o titular do aproveitamento.

ARTIGO 6. Cota tributaria

6.1
Entrada ou paso de carruaxes aos inmóbeis, por cada m2 de superficie construída
 
 
6.1.1
En pasaxes permanentes, 24 horas
0,25 €
 
6.1.2
En pasaxes con horario limitado (de 8:00 horas a 22:00 horas)
0,17 €
 
6.1.3
En pasaxes con horario limitado ( de 21:00 horas a 9:00 horas)
0,16 €
6.2
Superficie da beirarrúa obxecto de aproveitamento especial, por cada m2 ou fracción
7,53 €
6.3
Reservas: Por cada metro lineal de espazo reservado ao ano
 
 
6.3.1
Reserva permanente, 24 horas
128,01 €
 
6.3.2
Reserva temporal, con horario limitado (de 8:00 a 22:00 horas)
75,29 €
 
6.3.3
Reserva temporal, con horario limitado ( de 21:00 a 9:00 horas)
62,74 €
6.4
Reserva de espazo de carácter temporal para diversas actividades de comercio, servizos e subministros
 
 
6.4.1
Reserva para vehículos de formigonado, bombeo, guindastres, colectores aos que non lles sexa de aplicación outra ordenanza, así como outros aproveitamentos análogos, por m2 ou fracción, ao día................................
4,27 €
 
6.4.2
A reserva anterior pode implicar o corte dunha vía púbica, dándose calquera dos seguintes supostos:
 
  
6.4.2.1. Con impedimento total da circulación rodada, por m2 ou fracción, ao día
3,19 €
  
6.4.2.2. Con impedimento parcial da circulación rodada, por m2 ou fracción, ao día
2,40 €
 
6.4.3.
Reserva de espazo para mudanzas, descarga de combustíbeis polas empresas distribuidoras, así como outros usos extraordinarios, por m2 ou fracción, ao día
1,05 €
6.5
Expedición e resposición (perda ou deterioro) de sinais indicativos do aproveitamento
24,62 €
6.6.
Coeficientes
 
 
6.6.1
Nos locais non afectos a actividades comerciais ou industriais, aos efecto de determinar a cantidade que cómpre pagar, o importe que resulte da suma das tarifas 6.1, 6.2 e 6.3, multiplicarase polo coeficiente
0,4
 
6.6.2
Cando os aproveitamentos se realicen en rúas que non sexan de 1ª categoría fiscal, o importe que resulte da aplicación das tarifas anteriores seranlles aplicados os seguintes indices correctores e sempre que non sexa de aplicación o apartado anterior:
 
-
 
  Rúas de 2ª categoría
0,8
-
 
  Rúas de 3ª categoría
0,7
-
 
  Resto das rúas
0,6
6.7
Tarifa mínima
 
 
6.7.1
Con carácter mínimo, e na aplicación da tarifa sinalada no artigo 6.4, esixirase con carácter mínimo a cantidade de
26,41 €

ARTIGO 7. Normas de aplicación das tarifas.

1. Os coeficientes sinalados no apartado 6.6 do artigo 6, non poden ser aplicados simultáneamente.
2. Cando se produza o acceso desde unha vía pública a un grupo de fincas ou locais que compartan a mesma entrada, a lonxitude desta ratearase entre os distintos locais en proporción á súa superficie, sen que en ningunha das fraccións que resulten poidan ser inferior a un metro, elevándose as fraccións á unidade superior.
3. Aqueles locais que posuan duas ou mais entradas e teñan previsto a reserva de espazo para todas elas, o procedemento que compre seguir será o seguinte:
a) Na primeira reserva, aplicaranse as tarifas estipuladas no apartado 6.1, 6.2 e 6.3 do artigo 6 e, no seu caso, os coeficientes que correspondan.
b) Na segunda e seguintes, aplicaranse tan só as tarifas estabelecidas no apartado 6.2 e 6.3 do citado artigo 6 e, no seu caso, os coeficientes que correspondan.
4. Nas reservas de carácter temporal sinaladas no apartado 6.4 do artigo 6, os aproveitamentos realizados por un mesmo vehículo en distintas vias ou lugares dunha mesma vía, xerarán tantas autoliquidacións como aproveitamentos en lugares distintos sexan realizados.
5. Cando a ocupación teña o carácter sinalado no artigo 6.4.2., e ocupen parcialmente as estadas ou vías públicas, con interrupción total ou parcial do tránsito rodado, será obligatoria a presenza policial, liquidándose, ademais da ocupación, dito servizo especial segundo o disposto na ordenanza fiscal nº 17.

ARTIGO 8. Período impositivo e Devengo.

1.O período impositivo coincidirá co ano natural. Cando se trate de novas autorizacións para a realización dos aproveitamentos descritos nos puntos 1, 2 e 3, o período impositivo coincidirá co primeiro día do trimestre natural no que se conceda a autorización.

 2.A taxa devengarase o primeiro día do período impositivo, agás cando se trate de novos aproveitamentos que será o primeiro día do trimestre natural no que se conceda a autorización. As cotas serán irreductibles, sendo rateables por trimestres naturais, ademais do suposto anterior (novo aproveitamento), no caso de cese da utilización privativa ou aproveitamento especial.

 3.Na tarifa 6.4 a taxa devengarase no momento en que sexa autorizada a utilización privativa ou aproveitamento especial ou sexa iniciado o aproveitamento sen obter a oportuna licencia. O período impositivo será o autorizado, expresado en días.

 4.Na tarifa 6.5 as cotas serán irreducibles, sen que se admita rateo ningún.

ARTIGO 9. Normas de xestión.

1. No momento de obter a autorización solicitada, o interesado deberá autoliquidar as taxas correspondentes, coas consideracións do punto 2 do artigo anterior e sempre con anterioridade á retirada da placa correspondente.
2. As autoliquidacións practicadas serán revisadas, practicandose as devolucións ou esixiranse as diferenzas que procedan, segundo os procedementos estabelecidos regulamentariamente.
3. Autorizada a utilización privativa ou aproveitamento especial, entenderase prorrogada automáticamente, até que a baixa sexa solicitada polo interesado ou ben sexa declarada a súa caducidade. As baixas producirán efectos a partir do trimestre seguinte a aquel en que se solicita, que de non solicitarse seguirase devengando á taxa.
4. Tódalas autorizacións concedidas serán consignadas nun padrón, que será elaborado anualmente.

ARTIGO 10. Infraccións e sancións.

 En todo o relativo a calificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 183 e seguintes da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.

DISPOSICIÓN ADICIONAL PRIMEIRA

As anteriores tarifas serán incrementadas anualmente no IPC.

DISPOSICIÓN ADICIONAL SEGUNDA.

As referencias establecidas na presente Ordenanza ás categorías das rúas entenderase sempre referidas ás categorías establecidas no Imposto sobre Actividades Económicas.

DISPOSICIÓN FINAL

A presente ordenanza foi aprobada polo Concello Pleno en sesión celebrada o día 30 de xaneiro de 1997.
Foi modificada segundo acordo plenario de data 6 de setembro de 2001, 18 de xullo de 2002, 4 de setembro de 2003, 28 de outubro de 2004, 28 de xullo de 2005, 28 de setembro de 2006, 27 de setembro de 2007 e 4 de setembro de 2008.
A presente modificación foi aprobada polo Concello Pleno en sesión celebrada o día 26 de febreiro de 2009. Entrará en vigor, logo da súa publicación no boletín oficial da Provincia, o día 1 de xullo de 2009, permanecendo en vigor ate a súa modificación ou derogación expresas.