Cee - ORDENANZA REGULADORA DAS TAXAS POR RECIBIR ENSINO NAESCOLA DE TEATRO DE CEE
Artigo 1.º.-Fundamento e natureza.
Este Concello conforme ó autorizado polo artigo 106 de la Ley 7185 de 2 de abril, Reguladora de las Bases del Régimen Local e de acordo co previsto no artigo 20.4,v) del RDL 2/2004 Regulador de las Haciendas Locales, establece a Taxa por ensinos especiais en establecementos docentes das Entidades Locais, que se regulará pola presente Ordenanza, redactada conforme ó disposto no artigo 16 do Real Decreto citado.
Artigo 2.º.-Feito impoñible.
Constitúe o feito impoñible deste tributo, a prestación polo Concello de Cee dos servicios da escola de teatro.
Artigo 3.º.-Devengo
A taxa se considerará devengada, nacendo a obrigación de contribuír coa iniciación da prestación do servicio,que será no momento en que se formalice a correspondente matrícula.
Artigo 4.º.-Suxeitos pasivos.
Serán suxeitos pasivos contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas, así como as entidades as que se refire o artigo 33 da Ley General Tributaria, que soliciten ó servicio para as persoas beneficiarias do servicio.
Artigo 5.º.- Responsables.
1.-Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas as que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Ley General Tributaria.
2.-Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades ou síndicos, sociedades ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeneral, nos supostos y co alcance que sinala ó art. 40 da Ley General Tributaria.
Artigo 6.º.- Tarifas.
Á cuantía das Taxas regulada nesta Ordenanza Fiscal será la fixada na tarifa seguinte:
1. Teatro infantil (hasta 16 anos): inscrición 10 euros.
2. Teatro adultos: inscrición 25 euros
3. Prezo entradas teatro adultos: 2,50 euros
Esta última tarifa non é taxa senón prezo público e posto que ten un tramitación similar procédese a regular conxuntamente
Á tarifa anteriormente sinalada, se lle engadirán entodo caso, as taxas ou prezos públicos que poidan fixar en uso da súa competencia a Administración da Comunidade Autónoma e que baixo ningún concepto se considerarán ingresos deste Concello.
Artigo 7.º.-Normas de Xestión.
1.-A taxa por matrícula esixirase en réxime de autoliquidación.
2.-Os interesados na prestación deste servicio deberán presenta-la solicitude de matrícula non prazos que se fixen cada ano por Decreto da Alcaldía. No momento de presentación da solicitude, será abonado o importe da matrícula.
3.-A cota é obrigatoria dende o primeiro día de cada mes, ou aquel en que teña lugar a reincorporación ou alta, debendo satisfacerse nas contas abertas a nome do concello en calquera entidade colaboradora ou, no seu caso, na Tesourería da Corporación (en casos excepcionais e a criterio da Tesoureira).
4.-En calquera momento e a requerimento da Intervención, o responsable das actividades poderá esixir ós suxeitos pasivos da taxa os xustificantes das liquidacións efectuadas, que non consten na Intervención deste Concello.
Artigo 8.º.-Exencións e bonificacións.
Non se poderán recoñecer outros beneficios fiscais na presente taxa que os expresamente previstos en normas con rango de lei, derivados dos tratados internacionais ou de convenios de persoal vixentes neste concello.
Artigo 9.º.-Infraccións e sancións.
En todo o relativo á calificación de infraccións tributarias e sancións, ademais do previsto nesta Ordenanza, estarase ó disposto nos artigos 77 e seguintes da Ley General Tributaria e demais normativa aplicable.
DISPOSICION FINAL.
A presente ordenanza fiscal entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e comezará a rexer a partir do curso escolar 2006-2007, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.