Cee - ORDENANZA REGULADORA DAS TAXAS POR RECIBIR ENSINO NAESCOLA DE TEATRO DE CEE
Artigo 1º.-Fundamento e natureza
Este Concello conforme ó autorizado polo artigo 106 de la Ley 7/85 de 2 de abril, Reguladora de las Bases del Régimen Local e de acordo co previsto no artigo 20.4,v) del RDL 2/2004 Regulador de las Haciendas Locales, establece a Taxa por ensinos especiais en establecementos docentes das Entidades Locais, que se regulará pola presente Ordenanza, redactada conforme ó disposto no artigo 16 do Real Decreto citado.
Artigo 2º.-Feito Impoñible.-
Constitúe o feito impoñible deste tributo, a prestación polo Concello de Cee dos servizos da escola de teatro.
Artigo 3º.-Devengo
Artigo 4º.-Suxeitos pasivos
Serán suxeitos pasivos contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas, así como as entidades as que se refire o artigo 35 da Ley General Tributaria, que soliciten ó servizo para as persoas beneficiarias do servizo.
Artigo 5º.- Responsables.
1.-Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas as que se refiren os artigos 41 e seguintes da Ley General Tributaria.
2.-Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades ou síndicos, sociedades ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeneral, nos supostos y co alcance que sinala ó art. 43 da Ley General Tributaria.
Artigo 6º.- Tarifas.-
Á cuantía das Taxas regulada nesta Ordenanza Fiscal será la fixada na tarifa seguinte:
1. Teatro infantil : 20 euros/ cuadrimestre.
2. Teatro adultos: 30 euros/ trimestre.
3.Prezo entradas teatro adultos: 3 euros.
Esta última tarifa non é taxa senón prezo público e posto que ten un tramitación similar procédese a regular conxuntamente.
Á tarifa anteriormente sinalada, se lle engadirán en todo caso, as taxas ou prezos públicos que poidan fixar en uso da súa competencia a Administración da Comunidade Autónoma e que baixo ningún concepto se considerarán ingresos deste Concello.
Artigo 7º.-Normas de Xestión.-
1.-Os interesados na prestación deste servizo deberán presenta-la solicitude de matrícula non prazos que se fixen cada ano por Decreto da Alcaldía.
2.-A cota é obrigatoria dende o día 1 e o 5 de cada trimestre, ou aquel en que teña lugar a reincorporación ou alta, debendo satisfacerse nas contas abertas a nome do concello en calquera entidade colaboradora ou, no seu caso, na Tesourería da Corporación ( en casos excepcionais e a criterio da Tesoureira). En caso de alta procederase o prorrateo tendo en conta os meses que faltan para o remate da actividade.
3.- En calquera momento e a requirimento da Intervención, o responsable das actividades poderá esixir ós suxeitos pasivos da taxa os xustificantes das liquidacións efectuadas, que non consten na Intervención deste Concello.
Articulo 8º.-Exencións e bonificacións.-
Non se poderán recoñecer outros beneficios fiscais na presente taxa que os expresamente previstos en normas con rango de lei , derivados dos tratados internacionais ou de convenios de persoal vixentes neste concello.
Artigo 9.-Infraccións e sancións.-
En todo o relativo á calificación de infraccións tributarias e sancións, ademais do previsto nesta Ordenanza, estarase ó disposto nos artigos 178 e seguintes da Ley General Tributaria e demais normativa aplicable.
DISPOSICION FINAL
A presente ordenanza fiscal entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e comezará a rexer a partir do curso escolar 2012-2013, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.