Cee - ORDENANZA REGULADORA DAS TAXAS POR RECIBIR ENSINO NA ESCOLA DE TEATRO DE CEE

Publicación provisional: 08/03/2024 BOP Nº: 130
Publicación definitiva: 25/09/2024 BOP Nº: 185
Aplicable dende: 01/09/2024

Artigo 1º.-Fundamento e natureza

Este Concello conforme ó autorizado polo artigo 106 de la Ley 7/85 de 2 de abril, Reguladora de las Bases del Régimen Local e de acordo co previsto no artigo 20.4,v) del RDL 2/2004 Regulador de las Haciendas Locales, establece a Taxa por ensinos especiais en establecementos docentes das Entidades Locais, que se regulará pola presente Ordenanza, redactada conforme ó disposto no artigo 16 do Real Decreto citado.

Artigo 2º.-Feito Impoñible.-

Constitúe o feito impoñible deste tributo, a prestación polo Concello de Cee dos servizos da escola de teatro.

Artigo 3º.-Devengo

A taxa se considerará devengada ,nacendo a obrigación de contribuír coa iniciación da prestación do servizo,que será no momento en que se formalice a correspondente matrícula.

Artigo 4º.-Suxeitos pasivos

Serán suxeitos pasivos contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas, así como as entidades as que se refire o artigo 35 da Ley General Tributaria, que soliciten ó servizo para as persoas beneficiarias do servizo.

Artigo 5º.- Responsables.

1.-Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas as que se refiren os artigos 41 e seguintes da Ley General Tributaria.

2.-Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades ou síndicos, sociedades ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeneral, nos supostos y co alcance que sinala ó art. 43 da Ley General Tributaria.

Artigo 6º.- Tarifas.-

Á cuantía das Taxas regulada nesta Ordenanza Fiscal será la fixada na tarifa seguinte:

Teatro infantil : 20 euros/ cuatrimestre.

Teatro adultos: 35 euros/ cuatrimestre.

Persoas Terceira Idade: 25 euros anuais.

4. Prezo entradas teatro adultos: 3 euros.

5. Prezo entradas teatro Infantil: 1,50 euros.

Esta última tarifa non é taxa senón prezo público e posto que ten un tramitación similar procédese a regular conxuntamente.

Á tarifa anteriormente sinalada, se lle engadirán en todo caso, as taxas ou prezos públicos que poidan fixar en uso da súa competencia a Administración da Comunidade Autónoma e que baixo ningún concepto se considerarán ingresos deste Concello.

Artigo 7º.-Normas de Xestión.-

1.-Os interesados na prestación deste servizo deberán presenta-la solicitude de matrícula non prazos que se fixen cada ano por Decreto da Alcaldía.

2.-A cota é obrigatoria dende o día 1 e o 5 de cada cuatrimestre, ou aquel en que teña lugar a reincorporación ou alta, debendo satisfacerse nas contas abertas a nome do concello en calquera entidade colaboradora ou, no seu caso, na Tesourería da Corporación ( en casos excepcionais e a criterio da Tesoureira). En caso de alta procederase o prorrateo tendo en conta os meses que faltan para o remate da actividade.

3.- En calquera momento e a requirimento da Intervención, o responsable das actividades poderá esixir ós suxeitos pasivos da taxa os xustificantes das liquidacións efectuadas, que non consten na Intervención deste Concello.

Articulo 8º.-Exencións e bonificacións.-

Non se poderán recoñecer outros beneficios fiscais na presente taxa que os expresamente previstos en normas con rango de lei, derivados dos tratados internacionais ou de convenios de persoal vixentes neste concello.

Artigo 9.-Infraccións e sancións.-

En todo o relativo á calificación de infraccións tributarias e sancións, ademais do previsto nesta Ordenanza, estarase ó disposto nos artigos 178 e seguintes da Ley General Tributaria e demais normativa aplicable.

DISPOSICION FINAL.

A presente ordenanza fiscal entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e comezará a rexer a partir do curso escolar 2012-2013, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.