Santa Comba - Ordenanza Fiscal nº 20, reguladora da taxa por ocupación de terreo público con mesas, cadeiras, tribunas, tablaos e outros elementos análogo con finalidade lucrativa

Publicación provisional: 23/01/1999 BOP Nº: 18
Publicación definitiva: 23/01/1999 BOP Nº: 18
Aplicable dende: 01/01/2007

Artigo 1º.- Concepto.

De conformidade co prevido no art. 57 e 20.3.l) do texto refundido da lei de facendas locais aprobado por Real Decreto Legislativo 2/2004, este Concello establece a Taxa por "ocupación de terreos de uso público local con mesas, cadeiras, tribunas e tablaos e outros elementos análogos, con finalidade lucrativa", especificado nas Tarifas contidas no apartado 2 do artigo 3º seguinte, que se rexirá pola presente Ordenanza, polo sinalado na ordenanza xeral de xestión, recadación e inspección dos tributos municipais e na normativa das facendas locais

Artigo 2º.- Obrigados ao pagamento.

Están obrigados ó pago da taxa regulada nesta Ordenanza, as persoas ou entidades a cuxo favor se outorguen as licenzas, ou aqueles que se beneficien do aproveitamento si se procediu sen a oportuna licenza.

Artigo 3º.- Contía.

1.- A contía será de 3,23 euros/mes por metro cadrado de ocupación, xa sexa por tempada ou anual.

2.- A os efectos previstos para a aplicación do apartado 2 anterior, terase en conta o seguinte:

a) Se o número de metros cadrados do aproveitamento non fose enteiro redondearase por exceso para obter a superficie ocupada.

b) Se como consecuencia da colocación de toldos, marquesinas, separadores, barbacoas e outros elementos auxiliares delimitase unha superficie maior a ocupada por mesas, cadeiras, tomarase aquela como base de cálculo.

c) Os aproveitamentos poden ser anuais, cando se autoricen para todo o ano natural e temporais, cando o período autorizado comprenda parte do ano natural. Tódolos aproveitamentos realizados sen autorización administrativa consieraranse anuais.

Artigo 4º.- Normas de xestión.

1.- As cantidades esixibles con arreglo as Tarifas liquidaranse por cada aproveitamento solicitado ou realizado e serán irreducibles polo período de tempada ou anual autorizado.

2.- As persoas ou entidades interesadas na concesión de aproveitamentos regulados nesta Ordenanza, deberán solicitar, previamente, a correspondente licenza presentar o modelo de autoliquidación e o justificante de pago da taxa e formular a declaración na que conste a superficie do aproveitamento e os elementos que se van instalar, así como un plano ou croquis detallado da superficie que se pretende ocupar e da súa situación dentro do municipio.

3.- Os servizos técnicos municipais poderán comprobar e investigar as declaracións formuladas polos interesados, concedéndose as autorizacións de non encontrar diferencias coas peticións das licenzas; si se derán diferencias, notificaranse as mesmas a ós interesados e se xirarán, no seu caso, as liquidacións complementarias que procedan, concedéndose as autorizacións unha vez subsanadas as diferencias polos interesados e, no seu caso, realizados os ingresos complementarios que procedan.

4.- No caso de denegarse as autorizacións, os interesados poderán solicitar a este Concello a devolución do importe ingresado.

5.- Non se consentirá a ocupación da vía pública ata que se faga o abono do importe correspondente á liquidación provisional que surxe da autoliquidación e se obtivera a correspondente licenza polos interesados. O incumprimento deste mandato poderá dar lugar a non concesión da licenza, sin prexuízo do pago da taxa e das sancións e recargos que procedan.

6.- Unha vez autorizada a ocupación entenderase prorrogada mentres non se acorde a súa caducidade pola Alcaldía ou se presente baixa xustificada por o interesado ou por os seus lexitimos representantes, no caso de falecemento.

7.- A presentación da baixa surtirá efectos a partir do primeiro día do período natural do tempo seguinte sinalado no epígrafe da Tarifa que corresponda. Sexa cal sexa a súa causa que se alegue no contrario, a non presentación da baixa determinará a obrigación de continuar abonando a taxa.

8.- As autorizacións terán carácter persoal e non poderán ser cedidas ou subarrendadas a terceiros. O incumprimento deste mandato dará lugar á anulación da licenza.

Artigo 5º.- Obrigación ao pagamento.

1.- A obriga ao pagamento da taxa nace:

a) Tratándose de concesións de novos aproveitamentos na vía pública, no momento de solicitar a correspondente licenza.

b) Tratándose de concesións de aproveitamentos xa autorizados e prorogados, o día primeiro de cada un dos períodos naturais de tempo sinalados nas tarifas.

2.- O pagamento da taxa realizarase:

a) Por ingreso directo onde se establece o Concello, no caso de novos aproveitamentos, sempre antes de retirar a correspondente licenza. Este ingreso terá carácter de liquidación provisional ós efectos do sinalado na Ordenanza Xeral de xestión, recadación e inspección dos tributos municipais

b) Tratándose de concesións de aproveitamentos xa autorizados e prorrogados, unha vez incluídos nos padróns desta casa, por ano natural, realizarase por ingreso directo onde se establece o Concello, dentro do primeiro trimestre do ano.

Disposición final.

A presente ordenanza foi aprobada polo Pleno do Concello de Santa Comba o día 18 de novembro de 1998.

A presente Ordenanza entrará en vigor unha vez aprobada definitivamente e sexa publicada no Boletín Oficial da provincia e comezará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 1999, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.

Por acordo plenario celebrado o día 29 de novembro de 2005 (BOP nº 33 do 9 de febreiro de 2006) modificouse o artigo 3º.

O presente texto entrará en vigor o 1 de Xaneiro de 2007, continuando o vixente en tanto non se acorde a súa modificación ou derrogación expresa