Santa Comba - Ordenanza Fiscal nº 20, reguladora da taxa por ocupación de terreo público con mesas, cadeiras, tribunas, tablaos e outros elementos análogo con finalidade lucrativa
Artigo 1º.- Concepto.
De conformidade co prevido no art. 57 e 20.3.l) do Texto Refundido da Lei de Facendas Locais aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, este Concello establece a Taxa por ¿ocupación de terreos de uso público local con mesas, cadeiras, tribunas e tablaos e outros elementos análogos, con finalidade lucrativa", especificado nas Tarifas contidas no artigo 3º seguinte, que se rexirá pola presente Ordenanza, polo sinalado na ordenanza xeral de xestión, recadación e inspección dos tributos municipais e na normativa das facendas locais
Artigo 2º.- Obrigados ao pagamento.
Están obrigados ó pago da taxa regulada nesta Ordenanza, as persoas ou entidades a cuxo favor se outorguen as licenzas, ou aqueles que se beneficien do aproveitamento si se procediu sen a oportuna licenza.
Artigo 3º.- Contía.
1.- A contía será de:
1.A) Instalación por un período de tempada (enténdese por tempada períodos de 6 meses). Importe: 0,75 € metro/cadrado/tempada.
1.B) Instalación por período anual. Importe: 0,51 € metro/cadrado/ano.
As cantidades esixibles con arreglo as contías establecidas neste artigo, liquidaranse por cada aproveitamento solicitado ou realizado e serán irreducibles e non fraccionables por períodos de tempada ou anuais inferiores aos establecidos.
1.C) Contía aplicable para o ano 2021.
A contía será de 1€ por terraza durante todo o ano 2021 prorrogable expresamente para o ano 2022(se persiste a situación excepcional e transitoria derivada da COVID-19).
2.- Aos efectos de aplicar as contías do apartado anterior, terase en conta o seguinte:
a) Se o número de metros cadrados do aproveitamento non fose enteiro redondearase por exceso para obter a superficie ocupada.
b) Se como consecuencia da colocación de toldos, marquesinas, separadores, barbacoas e outros elementos auxiliares delimitase unha superficie maior a ocupada por mesas, cadeiras, tomarase aquela como base de cálculo.
c) Os aproveitamentos poden ser anuais, cando se autoricen para todo o ano natural ou por tempada, cando o período autorizado comprenda parte do ano natural de acordo co disposto no artigo 3.1.A). Tódolos aproveitamentos realizados sen autorización administrativa consideraranse anuais.
Artigo 4º.- Normas de xestión.
1.- Como xa se indicou no artigo 3.1, as cantidades esixibles con arreglo as contías establecidas no artigo 3, liquidaranse por cada aproveitamento solicitado ou realizado e serán irreducibles polo período de tempada ou anual autorizado.
2.- As persoas ou entidades interesadas na concesión de aproveitamentos regulados nesta Ordenanza, deberán solicitar, previamente, a correspondente licenza, presentar o modelo de autoliquidación e o xustificante de pago da taxa e formular a declaración na que conste a superficie do aproveitamento e os elementos que se van instalar, así como un plano ou croquis detallado da superficie que se pretende ocupar e da súa situación dentro do municipio.
3.- Os servizos técnicos municipais poderán comprobar e investigar as declaracións formuladas polos interesados, concedéndose as autorizacións de non encontrar diferenzas coas peticións das licenzas; si se deran diferenzas, notificaranse as mesmas aos interesados e se xirarán, no seu caso, as liquidacións complementarias que procedan, concedéndose as autorizacións unha vez subsanadas as diferenzas polos interesados e, no seu caso, realizados os ingresos complementarios que procedan.
4.- No caso de denegarse as autorizacións, os interesados poderán solicitar a este Concello a devolución do importe ingresado.
5.- Non se consentirá a ocupación da vía pública ata que se faga o abono do importe correspondente á liquidación provisional que surxe da autoliquidación e se obtivera a correspondente licenza polos interesados. O incumprimento deste mandato poderá dar lugar a non concesión da licenza, sin prexuízo do pago da taxa e das sancións e recargos que procedan.
6.- Unha vez autorizada a ocupación entenderase prorrogada mentres non se acorde a súa caducidade pola Alcaldía ou se presente baixa xustificada polo interesado ou polos seus lexítimos representantes, no caso de falecemento.
7.- A presentación da baixa surtirá efectos a partir do primeiro día do período natural do tempo seguinte sinalado no epígrafe da Tarifa que corresponda. Sexa cal sexa a súa causa que se alegue no contrario, a non presentación da baixa determinará a obrigación de continuar abonando a taxa.
8.- As autorizacións terán carácter persoal e non poderán ser cedidas ou subarrendadas a terceiros. O incumprimento deste mandato dará lugar á anulación da licenza.
Artigo 5º.- Obrigación ao pagamento.
1.- A obriga ao pagamento da taxa nace:
a) Tratándose de concesións de novos aproveitamentos na vía pública, no momento de solicitar a correspondente licenza.
b) Tratándose de concesións de aproveitamentos xa autorizados e prorrogados, o día primeiro de cada un dos períodos naturais de tempo sinalados nas tarifas.
2.- O pagamento da taxa realizarase:
a) Por ingreso directo onde estableza o Concello, no caso de novos aproveitamentos, sempre antes de retirar a correspondente licenza. Este ingreso terá carácter de liquidación provisional ós efectos do sinalado na Ordenanza Xeral de xestión, recadación e inspección dos tributos municipais.
b) Tratándose de concesións de aproveitamentos xa autorizados e prorrogados, unha vez incluídos nos padróns correspondentes, por ano natural, realizarase por ingreso directo onde estableza o Concello, dentro do primeiro trimestre do ano.
Disposición final.
A derradeira modificación e publicación íntegra da presente ordenanza, foi publicada, despois da súa aprobación definitiva, no BOP núm. 149 de data 10 de setembro de 2020.
A presente modificación e redacción íntegra da ordenanza fiscal, entrará en vigor o mesmo día da súa publicación de aprobación definitiva no Boletín Oficial da Provincia e será de aplicación a partir do día seguinte ao da súa publicación definitiva, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa.