Ribeira - Ordenanza fiscal, reguladora do imposto sobre bens inmobles.
Artigo 1.º .-Normativa aplicable.
O imposto sobre bens inmobles rexerase:
- Polas normas reguladoras do mesmo, contidas na Lei 39/1988 de 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, e polas demais disposicións legais e regulamentarias que complementen e desenvolvan.
- Pola presente Ordenanza fiscal.
Artigo 2.º .-Feito impoñible.
Constitúe o feito impoñible do imposto a titularidade dos seguintes dereitos sobre os bens inmobles rústicos e urbanos e sobre os inmobles de características especiais.
- Dunha concesión administrativa sobre os propios inmobles ou sobre os servicios públicos a que estean afectos.
- De un dereito real de superficie.
- De un dereito real de usufructo.
- Do dereito de propiedade.
A realización do feito impoñible que corresponda, dos definidos no artigo 2.º pola orde establecida, determinará a non suxeición do inmoble ás restantes modalidades no mesmo previstas.
Ós efectos deste imposto terán a consideración de bens inmobles rústicos, de bens inmobles urbanos e de bens inmobles de características especiais os definidos como tales nas normas reguladoras do Catastro Inmobiliario. O carácter urbano ou rústico do inmoble dependerá da natureza do chan.
Non están suxeitos o imposto:
- As estradas, os camiños, as demais vías terrestres e os bens de dominio público marítimo-terrestre e hidráulico, sempre que sexan de aproveitamento público e gratuíto.
- Os seguintes bens inmobles de propiedade deste Concello:
1. os de dominio público afectos ó uso público.
2. os de dominio público afectos a un servicio público xestionado directamente polo Concello e os bens patrimoniais, excepto cando se trate de inmobles cedidos a terceiros mediante contraprestación.
ARTIGO 3.- Exencións.
1. Exencións directas de aplicación de oficio:
- Os que sendo propiedade do Estados, das Comunidades Autónomas ou das Entidades Locais que estén directamente afectos á seguridade cidadá e ós servicios educativos e penitenciarios, así como os do Estado afectos á Defensa Nacional.
- Os bens comunais e os montes vecinais en man común.
- Os da Igrexa Católica, nos termos previstos no Acordo entre o Estado Español e a Santa Sede sobre asuntos económicos, de 3 de xaneiro de 1979, e os das Asociacións confesionais non católicas legalmente recoñecidas, nos termos establecidos nos respectivos acordos de cooperació suscritos en virtude do desposto no artigo 16 da Constitución.
- Os da Cruz Bermella Española.
- Os inmobles ós que sexa de aplicación a exención en virtude dos Convenios Internacionais en vigor e, a condición de reciprocidade, os dos Gobernos estranxeiros destinados a súa representación diplomática, consular, ou ós seus organismos oficiais.
- A superficie dos montes poblados con especies de crecemento lento regulamentariamente determinadas, que o seu principal aproveitamento sexa a madeira ou a cortiza, sempre que a densidade do arbolado sexa a propia ou normal da especie de que se trate.
- Os terreos ocupados polas líneas de ferrocarrís e os edificios enclavados nos mesmos terreos, que están dedicados a estacións, almacéns ou a calquera outro servicios indispensable para a explotación de ditas líneas. Non están exentos, polo tanto, casas destinadas a vivendas dos empleados, as oficinas de dirección nin as instalacións fabrís.
2. Exencións directas de carácter rogado:
- Os inmobles que se destinen ó ensino por centros docentes acollidos, total ou parcialmente, ó réxime de concertos educativos, en canto á superficie afectada ó ensino concertado.
- Os declarados expresa e individualmente monumento ou xardín histórico de interés cultural, mediante Real Decreto na forma establecida polo artígo 9 da Lei 16/1985, de 25 de xuño, e inscrito no Rexistro Xeral a que se refire o artigo 12 como integrantes do Patrimonio Histórico Artístico Español, así como os comprendidos nas disposicións adicionais primeira, segunda e quinta de dita Lei. Esta exención alcanzará exclusivamente ós bens que reúnan os requisitos establecidos no artigo 62.2 do R.D.L. 2/2004.
- A superficie dos montes nos que se realicen repoboacións forestais ou rexeneración de masas arboradas suxeitas a proxectos de ordeación ou plans técnicos aprobados pola Administración forestal. Esta exención terá unha duración de quince anos, contando a partir do período impositivo seguinte a aquel no que se realice a súa solicitude.
3. Exencións potestativas.
- Os bens inmobles de natureza urbana, cando a súa cuota sexa inferior a 2,40 euros.
- Os bens inmobles de natureza rústica, no caso de que para cada suxeito pasivo, a cuota correspondente á totalidade dos bens rústicos poseídos no termo municipal sexa inferior a 5,47 euros.
4. As exencións de carácter rogado, sexan directas ou potestativas, deberán ser solicitadas polo suxeito pasivo do imposto.
5. Con carácter xeral, o efecto da concesión de exencións comenzará a partir do exercicio seguinte á data da solicitude e non poderá ter carácter retroactivo. Nembargantes, cando o beneficio fiscal se solicita antes de que a liquidación sexa firme, concederase si na data do devengo do tributo concorren os requisitos esixidos para o seu disfrute.
Artigo 4.º : tipo de gravame e contía.
O tipo de gravame do Imposto sobre Bens Inmobles aplicable os bens de natureza urbana queda fixado no 0,4%.
O tipo de gravame do Imposto sobre Bens Inmobles aplicable os bens de natureza rústica queda fixado no 0,4%.
O tipo de gravame do Imposto sobre Bens Inmobles aplicable os ben de caracteristicas especiais queda fixado no 0,6 %.
A cota íntegra deste Imposto e o resultado de aplicas á Base Liquidable o tipo de gravame. A cota líquida obtense minorando a cota íntegra co importe das bonificacións previstas legalmente.
Artigo 5º : bonificacións.
1. Concederase unha bonificación do 90 % na cota íntegra do imposto, sempre que así se solicite polos interesados antes do inicio das obras, ós inmobles que constitúan o obxecto da actividade das empresas de urbanización, construcción e promoción inmobiliaria tanto de obra nova como de rehabilitación equiparable a esta, e non figuren entre os bens do seu inmobilizado.
O prazo de aplicación desta bonificación comprenderá dende o período impositivo seguinte a aquel no que se inicien as obras ata o posterior ó remate das mesmas, sempre que durante ese tempo se realicen obras de urbanización ou construcción efectiva, e sen que, en ningún caso, poida exceder de tres períodos impositivos.
Para gozar desta bonificación, os interesados deberán cumprir os seguintes requisitos:
- Acreditación da data de inicio das obras de urbanización ou construcción de que se trate, a cal farase mediante certificado do Técnico Director competente das mesmas, visado polo Colexio Profesional.
- Acreditación de que a empresa dedicase á actividade de urbanización, construcción e promoción inmobiliaria, a cal farase mediante a presentación dos estatutos da sociedade.
- Acreditación de que o inmoble obxecto da bonificación é da súa propiedade e non forma parte do inmobilizado, que se fará mediante copia da escritura pública ou alta catastral e certificación do administrador da Sociedade, ou fotocopia do último balance presentado ante a AEAT, a efectos do imposto sobre Sociedades.
- A solicitude de bonificación poderase formular dende que se poida acreditar o inicio das obras.
- Fotocopia do alta ou último recibo do Imposto sobre Actividades Económicas.
A acreditación dos requisitos anteriores poderase realizar tamén mediante calquera documentación admitida en dereito.
Se as obras de nova construcción ou de rehabilitación integral afectan a diversos solares, na solicitude detallaranse as referencias catastrais dos diferentes solares.
2. As vivendas de protección oficial e as equiparables a estas segundo as normas da Comunidade Autónoma, gozarán dunha bonificación do 50 % durante o prazo de tres anos, contados dende o ano seguinte á data de outorgamento da cualificación definitiva.
Esta bonificación concederase a petición do interesado, a cal poderase efectuar en calquera momento anterior á terminación dos tres períodos impositivos de duración da mesma e terá efectos, no seu caso, dende o período impositivo seguinte a aquel no que se solicite.
Para ter dereito a esta bonificación, os interesados deberán aportar a seguinte documentación:
- Escrito de solicitude da bonificación.
- Fotocopia da alteración catastral.
- Fotocopia do certificado de cualificación de V.P.O.
- Fotocopia da escritura ou nota simple rexistral do inmoble. (se na escritura pública non constara a referencia catastral, fotocopia do recibo do IBI do ano anterior).
3. Os suxeitos pasivos que ostenten a condición de titulares de familia numerosa disfrutarán dunha bonificación na cota íntegra do inmoble de uso residencial que constitúa a súa residencia habitual, e na que estea empadroado, coas seguintes características:
| Categoría de familia numerosa | % bonificación |
| 1.ª | 10% |
| 2.ª | 50% |
| Honor | 70% |
Para a aplicación das bonificacións será requisito imprescindible a súa solicitude polo interesado, nas que se deberá acreditar:
a) O empadroamento na vivenda obxecto de solicitude.
b) A condición e categoría de familia numerosa, por medio do título oficial.
A petición deberá formalizarse antes do último día de febreiro do exercicio no que se pretenda disfrutar da bonificación.
Esta bonificación tan só afectará á cota tributaria do exercicio no que, dentro do prazo indicado, se tivese presentado a oportuna solicitude.
Non se poderá aplicar a bonificación a máis dunha vivenda por titular."
4. Con carácter xeral, o efecto da concesión de exencións comenzará a partir do exercicio seguinte á data da solicitude e non poderá ter carácter retroactivo. Nembargantes, con efectos exclusivos para o ano 2003, cando o beneficio fiscal se solicita antes de que a liquidación sexa firme, concederase si na data do devengo do tributo concorren os requisitos esixidos para o seu goce.