Ribeira - Ordenanza fiscal, reguladora do imposto sobre bens inmobles.

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 30/12/2005 BOP Nº: 298
Aplicable dende: 01/01/2006

Artigo 1.º .-Normativa aplicable.

O imposto sobre bens inmobles rexerase:

- Polas normas reguladoras do mesmo, contidas na Lei 39/1988 de 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, e polas demais disposicións legais e regulamentarias que complementen e desenvolvan.

- Pola presente Ordenanza fiscal.

Artigo 2.º .-Feito impoñible.

Constitúe o feito impoñible do imposto a titularidade dos seguintes dereitos sobre os bens inmobles rústicos e urbanos e sobre os inmobles de características especiais.

- Dunha concesión administrativa sobre os propios inmobles ou sobre os servicios públicos a que estean afectos.

- De un dereito real de superficie.

- De un dereito real de usufructo.

- Do dereito de propiedade.

A realización do feito impoñible que corresponda, dos definidos no artigo 2.º pola orde establecida, determinará a non suxeición do inmoble ás restantes modalidades no mesmo previstas.

Ós efectos deste imposto terán a consideración de bens inmobles rústicos, de bens inmobles urbanos e de bens inmobles de características especiais os definidos como tales nas normas reguladoras do Catastro Inmobiliario. O carácter urbano ou rústico do inmoble dependerá da natureza do chan.

Non están suxeitos o imposto:

- As estradas, os camiños, as demais vías terrestres e os bens de dominio público marítimo-terrestre e hidráulico, sempre que sexan de aproveitamento público e gratuíto.

- Os seguintes bens inmobles de propiedade deste Concello:

1. os de dominio público afectos ó uso público.

2. os de dominio público afectos a un servicio público xestionado directamente polo Concello e os bens patrimoniais, excepto cando se trate de inmobles cedidos a terceiros mediante contraprestación.

ARTIGO 3.- Exencións.

  1. Exencións potestativas.

-          Os bens inmobles de natureza urbana, cando a súa cuota sexa inferior a 2,40 euros.

-          Os bens inmobles de natureza rústica, no caso de que para cada suxeito pasivo, a cuota correspondente á totalidade dos bens rústicos poseídos no termo municipal sexa inferior a 4,80 euros.

Artigo 4.º : tipo de gravame e contía.

O tipo de gravame do Imposto sobre Bens Inmobles aplicable os bens de natureza urbana queda fixado no 0,4%.

O tipo de gravame do Imposto sobre Bens Inmobles aplicable os bens de natureza rústica queda fixado no 0,4%.

O tipo de gravame do Imposto sobre Bens Inmobles aplicable os ben de caracteristicas especiais queda fixado no 0,6 %.

A cota íntegra deste Imposto e o resultado de aplicas á Base Liquidable o tipo de gravame. A cota líquida obtense minorando a cota íntegra co importe das bonificacións previstas legalmente.

Artigo 5º : bonificacións.

1. Concederase unha bonificación do 90 % na cota íntegra do imposto, sempre que así se solicite polos interesados antes do inicio das obras, ós inmobles que constitúan o obxecto da actividade das empresas de urbanización, construcción e promoción inmobiliaria tanto de obra nova como de rehabilitación equiparable a esta, e non figuren entre os bens do seu inmobilizado.

O prazo de aplicación desta bonificación comprenderá dende o período impositivo seguinte a aquel no que se inicien as obras ata o posterior ó remate das mesmas, sempre que durante ese tempo se realicen obras de urbanización ou construcción efectiva, e sen que, en ningún caso, poida exceder de tres períodos impositivos.

Para gozar desta bonificación, os interesados deberán cumprir os seguintes requisitos:

- Acreditación da data de inicio das obras de urbanización ou construcción de que se trate, a cal farase mediante certificado do Técnico Director competente das mesmas, visado polo Colexio Profesional.

- Acreditación de que a empresa dedicase á actividade de urbanización, construcción e promoción inmobiliaria, a cal farase mediante a presentación dos estatutos da sociedade.

- Acreditación de que o inmoble obxecto da bonificación é da súa propiedade e non forma parte do inmobilizado, que se fará mediante copia da escritura pública ou alta catastral e certificación do administrador da Sociedade, ou fotocopia do último balance presentado ante a AEAT, a efectos do imposto sobre Sociedades.

- A solicitude de bonificación poderase formular dende que se poida acreditar o inicio das obras.

- Fotocopia do alta ou último recibo do Imposto sobre Actividades Económicas.

A acreditación dos requisitos anteriores poderase realizar tamén mediante calquera documentación admitida en dereito.

Se as obras de nova construcción ou de rehabilitación integral afectan a diversos solares, na solicitude detallaranse as referencias catastrais dos diferentes solares.

2. As vivendas de protección oficial e as equiparables a estas segundo as normas da Comunidade Autónoma, gozarán dunha bonificación do 50 % durante o prazo de tres anos, contados dende o ano seguinte á data de outorgamento da cualificación definitiva.

Esta bonificación concederase a petición do interesado, a cal poderase efectuar en calquera momento anterior á terminación dos tres períodos impositivos de duración da mesma e terá efectos, no seu caso, dende o período impositivo seguinte a aquel no que se solicite.

Para ter dereito a esta bonificación, os interesados deberán aportar a seguinte documentación:

- Escrito de solicitude da bonificación.

- Fotocopia da alteración catastral.

- Fotocopia do certificado de cualificación de V.P.O.

- Fotocopia da escritura ou nota simple rexistral do inmoble. (se na escritura pública non constara a referencia catastral, fotocopia do recibo do IBI do ano anterior).

3. Os suxeitos pasivos que ostenten a condición de titulares de familia numerosa disfrutarán dunha bonificación na cota íntegra do inmoble de uso residencial que constitúa a súa residencia habitual, e na que estea empadroado, coas seguintes características:

 

Categoría de familia numerosa % bonificación
1.ª 10%
2.ª 50%
Honor 70%

 

Para a aplicación das bonificacións será requisito imprescindible a súa solicitude polo interesado, nas que se deberá acreditar:

a) O empadroamento na vivenda obxecto de solicitude.

b) A condición e categoría de familia numerosa, por medio do título oficial.

A petición deberá formalizarse antes do último día de febreiro do exercicio no que se pretenda disfrutar da bonificación.

Esta bonificación tan só afectará á cota tributaria do exercicio no que, dentro do prazo indicado, se tivese presentado a oportuna solicitude.

Non se poderá aplicar a bonificación a máis dunha vivenda por titular."

4. Con carácter xeral, o efecto da concesión de exencións comenzará a partir do exercicio seguinte á data da solicitude e non poderá ter carácter retroactivo. Nembargantes, con efectos exclusivos para o ano 2003, cando o beneficio fiscal se solicita antes de que a liquidación sexa firme, concederase si na data do devengo do tributo concorren os requisitos esixidos para o seu goce.

Disposición final.

A presente Ordenanza Fiscal, aprobada polo pleno do Concello en sesión de data 17 de febreiro de 2003, entrará en vigor no mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e será de aplicación con efectos dende o día 01-01-2003, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresas.