Cerceda - TAXA REGULADORA DAS ACTIVIDADES DEPORTIVAS E CULTURAIS.
Artigo 1. Fundamento e réxime
Este Concello conforme ó autorizado polo artigo 106 da Lei 7/85 do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local e de acordo co previsto no artigo 20.4.o) do Texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real decreto 2/2004, de 5 de marzo, establece a Taxa pola realización de actividades deportivas e culturais, que se regulará pola presente Ordenanza, redactada conforme ó disposto no artigo 16 do Texto refundido citado.
Artigo 2. Feito Impoñible
Constitúe o feito impoñible deste tributo:
a) A participación en actividades deportivas organizadas polo Concello de Cerceda.
b) A participación en actividades culturais organizadas polo Concello de Cerceda.
Artigo 3. Devengo
A obrigación de contribuír nacerá dende que se inicie a actividade.
Artigo 4. Suxeitos pasivos
Son suxeitos pasivos as persoas físicas ou xurídicas que soliciten ou resulten beneficiadas das actividades que constitúen o feito impoñible desta taxa.
Artigo 5. Cota tributaria
As tarifas a aplicar serán as seguintes (en euros):
Actividade | Taxa anual (18-65 anos) | Taxa anual (0-17 anos e máis de 65) |
Xadrez | 90,00 euros | 60,00 euros |
Xudo | 90,00 euros | 60,00 euros |
Fútbol-sala | 90,00 euros | 60,00 euros |
Patinaxe | 90,00 euros | 60,00 euros |
Ximnasia | 90,00 euros | 60,00 euros |
Tai-chi | 90,00 euros | 60,00 euros |
Bolillos | 90,00 euros | 60,00 euros |
Manualidades | 90,00 euros | 60,00 euros |
Pintura | 90,00 euros | 60,00 euros |
Teatro | 90,00 euros | 60,00 euros |
Para o resto dos cursos que se poidan realizar, aplicarase unha taxa de 10 euros por cada mes (ou fracción de mes) de duración que presenten.
Artigo 6.- Normas de xestión.
6.1.-A solicitude de inscripción ós distintos cursos presentarase no Concello de Cerceda, en instancia dirixida ó Sr. Alcalde, facendo constar idade e domicilio. A calidade de usuario será comunicado ó afectado, unha vez comprobado que a solicitude reúne tóda-las condicións esixidas e que existe cupo suficiente.
6.2- Dacordo co establecido na Lei 40/2003, do 18 de novembro, de protección ás familias numerosas, establécense unha bonificación do 10% da taxa establecida para os membros destas familias, debendo acreditar esta condición no momento de solicitar a inscripción coa presentación do libro de familia.
6.3- Os abonados deberán satisfacer as súas cotas dentro dos primeiros cinco días hábiles dos meses de outubro e de xaneiro. As cotas ingresaranse na conta aberta polo Concello de Cerceda no Banco Pastor.
Artigo 7.- Exencións, reduccións e demais beneficios legalmente aplicables.
De conformidade co disposto no artigo 9 da Lei 39/88 do 28 de decembro, non se recoñece beneficio tributario algún, agás os que sexan consecuencia do establecido nos Tratados ou Acordos Internacionais ou veñan previstos en normas con rango de Lei.
Artigo 8.-Infraccións e sancións tributarias.
En todo o relativo á calificación de infraccións tributarias e sancións, ademais do previsto nesta Ordenanza, estarase ó disposto nos artigos 181 e seguintes da Lei Xeral Tributaria e demais normativa aplicable.