Cerceda - ODENANZA FISCAL NÚMERO 19, REGULADORA DA TAXA REGULADORA DAS ACTIVIDADES DEPORTIVAS E CULTURAIS

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 13/06/2016 BOP Nº: 111
Aplicable dende: 13/06/2016

Artigo 1. Fundamento e réxime

Este Concello conforme ao autorizado polo artigo 106 da Lei 7/85 do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local e de acordo co previsto no artigo 20.4.0) do Texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locasi, aprobado por Real Decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, establece a Taxa pola realización de actividades deportivas e culturais, que se regulará pola presente Ordenanza, redactada conforme ao disposto no artigo 16 do Texto refundido citado.

Artigo 2. Feito impoñible

Constitúe o feito impoñible deste tributo o seguinte:

a) Participar en actividades deportivas organizadas polo Concello de Cerceda.

b) Participar en actividades culturais organizadas polo Concello de Cerceda.

c) Participar en viaxes culturais e de saúde.

d) Participar en campamentos urbanos.

e) Participar en cursos.

f) Participar en actividades culturais extraordinarias non incluídas nas anteriores.

Artigo 3. Obriga de contribuir

A obrigación de contribuír nacerá desde que se inicie a actividade.

Artigo 4. Suxeitos pasivos

Son suxeitos pasivos as persoas físicas ou xurídicas que voluntariamente soliciten ou resulten beneficiadas das actividades que constitúen o feito impoñible deste tributo.

Artigo 5. Cota tributaria

As tarifas que se aplicarán son as seguintes (en euros):

1. Actividades culturais e deportivas, en xeral:

Horas semanais de actividade

Taxa mensual (18-65 anos)

Taxa mensual (0-17 anos, maiores de 64 e cunha minusvalía superior ao 33%)

Dúas horas semanais

13,00 €

9,00€

Catro horas semanais

17,00€

12,00 €

2. Baile:

Horas semanais de actividade

Taxa mensual (18-65 anos)

Taxa mensual (0-17 anos, maiores de 64 e cunha minusvalía superior ao 33%)

Dúas horas semanais

25,00 €

15,00€

3. Instrumento musical:

Horas semanais de actividade

Taxa mensual (18-65 anos)

Taxa mensual (0-17 anos, maiores de 64 e cunha minusvalía superior ao 33%)

Dúas horas semanais

30,00 €

20,00€

O resto de actividades que se desenvolvan de xeito puntual terán outras tarifas, nomeadamente as seguintes:

¿ Campamentos: o mínimo de participantes será de 10 nenos/as e o máximo 60 nenos/as por quenda para organizar a actividade.

O prezo será o seguinte:

8.00-15.00h

Inclúe almorzo, actividades, merenda de media mañá e gardería

70,00 €/ quincena

10.00-14.00 h

Inclúe actividades e merenda de media mañá

50,00 €/ quincena

14.00-15.00 h

Gardería

20,00 €/ quincena

En ningún caso a achega das persoas usuarias superará o custo da actividade.

¿ En excursións cunha duración dun día, o mínimo de participantes será de 45 persoas e o prezo de 22,00 euros/persoa/excursión.

En ningún caso a achega das persoas usuarias superará o custo da viaxe.

¿ En viaxes cunha duración de un día con unha finalidade terapéutica ou cultural específica, o mínimo de participantes será de 25 persoas e o prezo de 22,00 euros/persoa/excursión.

En ningún caso a achega das persoas usuarias superará o custo da viaxe.

¿ En viaxes culturais de máis de un día de duración, o mínimo de participantes será de 25 persoas e o prezo será o 100% do custo da viaxe (prezo de mercado).

¿ En cursos diversos, o mínimo de participantes para organizar a actividade será de 10 persoas e o prezo de 10,00 €/persoa/día.

En ningún caso a achega das persoas usuarias será superior ao custe do curso.

¿ En actividades culturais extraordinarias non especificadas nos anteriores, 3,00 € día/persoa en concepto de participación/matricula/entrada.

En ningún caso a achega das persoas usuarias será superior ao custe do curso.

¿ Na festa social de terceira idade, a entrada será de balde por participante (persoas maiores de 65 anos, cónxuxes ou parellas dos anteriores aínda que non teñan cumprido o requisito da idade).

No caso de acompañantes a persoas en situación de dependencia previamente valorada por servizos sociais o custo da persoa acompañante será de 25 €.

Artigo 6. Normas de xestión

6.1. A solicitude de inscrición a todas as actividades, agás as excursións de calquera tipo, presentarase no Rexistro Xeral do Concello de Cerceda, en instancia normalizada, dirixida ao alcalde. A calidade de usuario/a será comunicado ao afectado/a, logo de comprobarse que a solicitude reúne todas as condicións esixidas e que existe cupo suficiente para desenvolver a actividade. As prazas serán concedidas por rigorosa orde de apuntamento, feito que se constata co rexistro de entrada da solicitude no Concello de Cerceda.

Notificaráselles as persoas participantes a inscrición na actividade, as datas e o lugar de desenvolvemento e coa contía que ten que pagar.

Cando o número de solicitudes supere as prazas existentes en cada curso ou actividade, un feito que dependerá das horas en que se imparte e do número de usuarios/as, crearanse listaxes de agarda.

Tanto na asignación de praza como nas listaxes de agarda sempre terán preferencia por orde de inscripción a veciñanza empadroada neste termo municipal (un dato que se comprobará de oficio).

6.2 Formas de pagamento:

a) Pagamento único:

¿ Poderase facer pagamento único da contía total da actividade deportiva ou cultural durante o mes de outubro de cada ano.

¿ No caso de viaxes, de campamentos ou de cursos que non teñan duración anual, o pagamento realizarase no momento da inscrición a través de entidade bancaria. Deberá xuntarse á inscrición o xustificante de pagamento. Non se inscribirá ata que se achegue o xustificante.

¿ No caso de excursións, a inscrición realizarase no concello ante a persoa designada para o efecto.

b) Pagamento fraccionado:

¿ Para as actividades culturais e deportivas que se desenvolven de setembro a xuño, as persoas aboadas poderán domiciliar os seus pagamentos que serán rateados mensualmente e que se cargarán na conta designada antes do día 10 de cada mes natural. Xunto coa inscrición na actividade, achegarase a autorización da domiciliación bancaria.

6.3. Baixas

A baixa na actividade deberana solicitar as persoas interesadas por escrito ante o rexistro municipal e causará efectos no mes seguinte. Procederase á devolución prorrateada por meses enteiros a contar dende o seguinte ó que presente a baixa, no caso de que a persoa usuaria fixera o pagamento único.

A baixa será de oficio para aqueles participantes que adebeden dúas mensualidades consecutivas, ou tres alternas, sen prexuízo do cobro dos recibos pola vía executiva. Ademais, non poderá matricularse de novo en ningunha actividade ofertada polo Concello de Cerceda ata facer efectivo o pagamento das contías adebedadas.

Caso de baixa nas actividades deportivas e/ou culturais ou caso de utilizar as instalacións que se desenvolvan dende outubro a xuño, se a persoa quere facer unha nova alta, esta pasará a ocupar o derradeiro posto da listaxe de agarda, se a houber.

Artigo 7. Exencións e reduccións.

7.1. As reducións poderán ser aplicadas as actividades culturais e deportivas que teñan carácter anual (setembro a xuño) e aos campamentos de verán e Nadal, e serán as seguintes:

a) Para as persoas que acrediten a condición de familia numerosa, establécese unha bonificación do 10% do prezo para as persoas integrantes destas familias. Esta condición deberase acreditar no momento de solicitar a inscrición coa presentación do título de familia numerosa.

b) No caso de que varios irmáns menores de idade participen na mesma actividade, o segundo e seguintes pagarán o 50% da cota, agás nos campamentos urbanos que pagarán 30 €. Esta situación tamén se acreditará xuntando á solicitude unha fotocopia do libro de familia.

c) No caso de necesidade socioeconómica detectada ou manifesta e acreditada por informe social do departamento correspondente, poderán ter unha bonificación de ata o 100% da cota.

7.2. No caso de poder optar a varias bonificacións, só se aplicará unha delas, a que resulte máis vantaxosa para a persoa usuaria.

Artigo 8. Infraccións e sancións tributarias

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias e sancións, ademais do previsto nesta ordenanza, estarase ao disposto nos artigos 181 e seguintes da Lei xeral tributaria e demais normativa aplicable."