Cerceda - TAXA REGULADORA DAS ACTIVIDADES DEPORTIVAS E CULTURAIS.

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 12/12/2008 BOP Nº: 285
Aplicable dende: 13/12/2008

Artigo 1. Fundamento e réxime

Este Concello conforme ó autorizado polo artigo 106 da Lei 7/85 do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local e de acordo co previsto no artigo 20.4.o) do Texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real decreto 2/2004, de 5 de marzo, establece a Taxa pola realización de actividades deportivas e culturais, que se regulará pola presente Ordenanza, redactada conforme ó disposto no artigo 16 do Texto refundido citado.

Artigo 2. Feito Impoñible

Constitúe o feito impoñible deste tributo:

a) A participación en actividades deportivas organizadas polo Concello de Cerceda.

b) A participación en actividades culturais organizadas polo Concello de Cerceda.

Artigo 3. Devengo

A obrigación de contribuír nacerá dende que se inicie a actividade.

Artigo 4. Suxeitos pasivos

Son suxeitos pasivos as persoas físicas ou xurídicas que soliciten ou resulten beneficiadas das actividades que constitúen o feito impoñible desta taxa.

Artigo 5. Cota tributaria

As tarifas a aplicar serán as seguintes (en euros):
Horas semanais de actividade
Taxa anual (18-65 anos)
Taxa anual (0-17 anos e máis de 65)
DUAS HORAS/SEMANAIS
100,00 €
69,00€
CATRO HORAS/SEMANAIS
126,00€
87,00 €
O resto de actividades que se desenvolvan puntualmente como:
· Campamentos de veran/ inverno, 40 euros/quincena.
· Viaxes culturais, excursións, 80% do custo (prezo de mercado).
· Cursiños diversos duración dous meses, 50 euros curso.
· Actividades culturais extraordinarias non especificadas nos anteriores, 3 € dia/persoa en concepto de participación/matricula/entrada

Artigo 6.- Normas de xestión.

6.1.-A solicitude de inscripción ós distintos cursos presentarase no Concello de Cerceda, en instancia dirixida ó Sr. Alcalde, facendo constar idade e domicilio. A calidade de usuario será comunicado ó afectado, unha vez comprobado que a solicitude reúne tóda-las condicións esixidas e que existe cupo suficiente.
6.2- Dacordo co establecido na Lei 40/2003, do 18 de novembro, de protección ás familias numerosas, establécense unha bonificación do 10% da taxa establecida para os membros destas familias, debendo acreditar esta condición no momento de solicitar a inscripción coa presentación do libro de familia. No caso de que varios irmáns participen na mesma actividade, o segundo e seguintes abonarán o 50% da cota. Esta situación tamén acreditarase adxuntando á solicitude fotocopia do Libro de Familia.
6.3- Formas de pagamento:
Pagamento único: Os abonados deberán satisfacer as súas cotas durante o mes de outubro, sendo o derradeiro día de prazo o día 31 de outubro de de cada ano natural. As cotas ingresaranse na conta aberta polo Concello de Cerceda en calquera entidade bancaria na que o Concello posua conta bancaria.
Pagamento fraccionado: Os abonados deberán domiciliar os seus pagamentos que serán prorrateados mensualmente e cargaranse na conta designada polo mesmo antes do día 10 de cada mes natural.

Artigo 7.- Exencións, reduccións e demais beneficios legalmente aplicables.

De conformidade co disposto no artigo 9 da RDLeg 2/2004, 5 marzo, non se recoñece beneficio tributario algún, agás os que sexan consecuencia do establecido nos Tratados ou Acordos Internacionais ou veñan previstos en normas con rango de Lei.

Artigo 8.-Infraccións e sancións tributarias.

En todo o relativo á calificación de infraccións tributarias e sancións, ademais do previsto nesta Ordenanza, estarase ó disposto nos artigos 181 e seguintes da Lei Xeral Tributaria e demais normativa aplicable.