Ares - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA DE REDE DE SUMIDOIROS.
Artigo 1.º .-Fundamento e natureza.
Artigo 2.º .-Feito imponible.
1.-Constitúe o feito imponible da taxa.
a) A actividade municipal, técnica e administrativa, tendente a verificar se das condicións necesarias para autoriza-la acometida á rede de sumidoiros municipais.
b) A prestación dos servicios de evacuación de excretas, augas pluviais negras e residuais, a través da rede de sumidoiros municipais.
2.-Non estarán suxeitas á taxa os terreos derruídos, declaradas ruinosas ou que teñan a condición de solar ou terreo.
Artigo 3.º .-Suxeito pasivo.
1.-Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refiere o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria que sexan.
a) Cando se trate da concesión de licencia de acometida á rede, o propietario, usufructuario ou titular do dominio útil do terreo.
b) No caso de prestación de servicios do número 1 b) do artigo anterior, os ocupantes ou usuarios dos terreos do término municipal beneficiarias de ditos servicios, calesquera que sexa o seu título, propietarios usufructuarios, habitacionistas ou arrendatario, incluso en precario.
2.-En todo caso, terá a consideración de suxeito pasivo substituto do ocupante ou usuario das vivendas ou locais o propietario destes inmobles quen poderán repercutir, no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os respectivos beneficiarios do servicio.
Artigo 4.º .-Responsables.
1.-Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas ou xurídicas a que se refieren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.
2.-Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de creba, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 5.º .-Cota tributaria.
1.-A Cota tributaria corresponde á concesión de licencia de autorización, esixirase por unha soa vez e consistirá nunha cantidade fixa de 94,06 euros por terreo.
2.-A cota Tributaria a esixir pola presentación dos servicios da rede de sumidoiros determinarase da seguinte maneira:
a) Abonados con subministro de auga potable: 0,21 euros m3 factura + cun mínimo de 30 m3 trimestre.
b) Abonados con subministro de auga potable: 0,21 euros m3 factura + 7% IVE con mais de 30 m3 trimestre.
c) Abonados sen subministro de auga potable: 30 m3 x 0,21 euros m3 de couta fixa trimestral.
Artigo 6.º .-Exencións e bonificacións.
Non se concederá exención nin bonificación ningunha na exacción da presente taxa.
Artigo 7.º .-Retribución.
1.-Retribúese a taxa e nace a obriga de contribuír cando se inicie a actividade municipal que constitúe o seu feito imponible, entendéndose a mesma:
a) Na data de presentación da oportuna solicitude da licencia de acometida, se o suxeito pasivo a formulase expresamente.
b) Desde que teña lugar a efectiva acometida á rede de asumidoiros municipal. A retribución por esta modalidade da taxa producirase con independencia de que obtivese ou non a licencia de acometida e sen prexuízo da iniciación do expediente administrativo que poida instruírse para a súa autorización.
2.-Os servicios de evacuación de excretas, augas pluviais, negras e residuais e da sua depuración teñen carácter obrigatorio para tódolos terreos do Concello que teñan fachada a rúas, prazas ou vías públicas en que exista rede de sumidoiros, sempre que a distancia entre a rede e o terreo non exceda de cen metros, e retribuirase a taxa aínda cando os interesados procedan a efectua-la acometida á rede.
Artigo 8.º .-Declaración liquidación e ingreso.
1.-Os suxeitos pasivos substitutos do contribuínte formularán as declaracións de alta e baixa no censo de suxeitos pasivos da taxa, no prazo que media entre a data en que se produza a variación na titularidade do terreo e o último día do mes natural seguinte. Estas últimas declaracións producirán efecto a partir da primeira liquidación que se practique unha vez rematado o prazo de presentación de ditas declaracións de alta e baixa.
A inclusión inicial no censo farase de oficio unha vez coñecida a licencia de acometida á rede.
2.-As cotas esixibles por esta taxa liquidaranse e recadaranse anualmente, e será obxecto de recibo único, derivado do censo de suxeitos pasivos.
3.-No suposto de licencia de acometida, o contribuínte formulará a oportuna solicitude e os servicios tributarios deste Concello, unha vez concedida aquela, practicarán a liquidación que proceda, que será notificada para ingreso directo na forma e prazos que sinala o Regulamento Xeral de Recadación.
Disposición final.
A presente ordenanza entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 1999, comezando a rexer a partir de dita data.