Ares - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA DE REDE DE SUMIDOIROS.

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 23/12/2011 BOP Nº: 243
Aplicable dende: 01/01/2012

Artigo 1.º .-Fundamento e natureza.

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 e 20, apartados 1, 2 e r letra r) da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, este Concello estabece a "taxa de rede de sumidoiros" que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, da que as súas normas atenden ó prevido no artigo 58 da citada Lei 39/1988.

Artigo 2.º .-Feito imponible.

1.-Constitúe o feito imponible da taxa.

a)  A actividade municipal, técnica e administrativa, tendente a verificar se das condicións necesarias para autoriza-la acometida á rede de sumidoiros municipais.

b)  A prestación dos servicios de evacuación de excretas, augas pluviais negras e residuais, a través da rede de sumidoiros municipais.

2.-Non estarán suxeitas á taxa os terreos derruídos, declaradas ruinosas ou que teñan a condición de solar ou terreo.

Artigo 3.º .-Suxeito pasivo.

1.-Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refiere o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria que sexan.

a)  Cando se trate da concesión de licencia de acometida á rede, o propietario, usufructuario ou titular do dominio útil do terreo.

b)  No caso de prestación de servicios do número 1 b) do artigo anterior, os ocupantes ou usuarios dos terreos do término municipal beneficiarias de ditos servicios, calesquera que sexa o seu título, propietarios usufructuarios, habitacionistas ou arrendatario, incluso en precario.

2.-En todo caso, terá a consideración de suxeito pasivo substituto do ocupante ou usuario das vivendas ou locais o propietario destes inmobles quen poderán repercutir, no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os respectivos beneficiarios do servicio.

Artigo 4.º .-Responsables.

1.-Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas ou xurídicas a que se refieren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.

2.-Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de creba, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.

Artigo 5.º .-Cota tributaria.

1.-A Cota tributaria corresponde á concesión de licencia de autorización, esixirase por unha soa vez e consistirá nunha cantidade fixa de 106,87 euros por terreo, vivenda ou local.

2.-A cota Tributaria a esixir pola presentación dos servicios da rede de sumidoiros determinarase da seguinte maneira:

a) Abonados con subministro de auga potable: 0,25 euros m³ factura + cun mínimo de 30 m³ trimestre.

b) Abonados con subministro de auga potable: 0,25 euros m³ factura + 7% IVE con mais de 30 m³ trimestre.

c) Abonados sen subministro de auga potable: 30 m³ x 0,25 euros m³ de couta fixa trimestral.

Artigo 6.º .-Exencións e bonificacións.

Non se concederá exención nin bonificación ningunha na exacción da presente taxa.

Artigo 7.º .-Retribución.

1.-Retribúese a taxa e nace a obriga de contribuír cando se inicie a actividade municipal que constitúe o seu feito imponible, entendéndose a mesma:

a)  Na data de presentación da oportuna solicitude da licencia de acometida, se o suxeito pasivo a formulase expresamente.

b)  Desde que teña lugar a efectiva acometida á rede de asumidoiros municipal. A retribución por esta modalidade da taxa producirase con independencia de que obtivese ou non a licencia de acometida e sen prexuízo da iniciación do expediente administrativo que poida instruírse para a súa autorización.

2.-Os servicios de evacuación de excretas, augas pluviais, negras e residuais e da sua depuración teñen carácter obrigatorio para tódolos terreos do Concello que teñan fachada a rúas, prazas ou vías públicas en que exista rede de sumidoiros, sempre que a distancia entre a rede e o terreo non exceda de cen metros, e retribuirase a taxa aínda cando os interesados procedan a efectua-la acometida á rede.

Artigo 8.º .-Declaración liquidación e ingreso.

1.-Os suxeitos pasivos substitutos do contribuínte formularán as declaracións de alta e baixa no censo de suxeitos pasivos da taxa, no prazo que media entre a data en que se produza a variación na titularidade do terreo e o último día do mes natural seguinte. Estas últimas declaracións producirán efecto a partir da primeira liquidación que se practique unha vez rematado o prazo de presentación de ditas declaracións de alta e baixa.

A inclusión inicial no censo farase de oficio unha vez coñecida a licencia de acometida á rede.

2.-As cotas esixibles por esta taxa liquidaranse e recadaranse anualmente, e será obxecto de recibo único, derivado do censo de suxeitos pasivos.

3.-No suposto de licencia de acometida, o contribuínte formulará a oportuna solicitude e os servicios tributarios deste Concello, unha vez concedida aquela, practicarán a liquidación que proceda, que será notificada para ingreso directo na forma e prazos que sinala o Regulamento Xeral de Recadación.

Disposición final.

A presente ordenanza entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 1999, comezando a rexer a partir de dita data.