Ares - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA DE REDE DE SUMIDOIROS.

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 14/05/2014 BOP Nº: 244
Aplicable dende: 01/01/2024

ARTIGO 1.- FUNDAMENTO E NATUREZA

Esta Entidade Local, en uso das facultades contidas nos artigos 133.2 e 142 da Constitución Española, nos artigos 105 e 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e de conformidade ao disposto no artigo 20.4.r) en relación cos artigos 15 a 19 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, establece a Taxa por Prestación do Servizo de Rede de sumidoiros, Tratamento e Depuración de Augas Residuais, que se rexerá pola presente Ordenanza fiscal, cuxas normas atenden ao previsto no artigo 57 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.

ARTIGO 2.- FEITO IMPOÑIBLE

Constitúe o feito impoñible da taxa:

a) A actividade municipal, técnica e administrativa, tendente a verificar se se dan as condicións necesarias para autoriza-la acometida á rede de sumidoiros municipal.

b) A prestación dos servicios de evacuación de excretas, augas pluviais, negras e residuais a través da rede de sumidoiros municipal, e o seu tratamento para depuralas.

Os servizos indicados nos apartados anteriores serán de recepción obrigatoria, polo que en consecuencia, tódolos inmobles enclavados a distancia inferior a cen metros dalgunha arteria da rede de sumidoiros, deberán estar dotados destes servizos devengándose as taxas correspondentes aínda cando os suxeitos pasivos non realicen o enganche a rede xeral.

ARTIGO 3.- SUXEITO PASIVO

Son suxeitos pasivos desta taxa, todas as persoas físicas e xurídicas así como as entidades que resulten beneficiadas polos servizos de rede de sumidoiros, así como de tratamento e depuración de augas residuais, incluída a vixilancia especial de sumidoiros particulares, de conformidade co disposto no artigo 23 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, en concreto :

1.-Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 33 da Lei xeral tributaria que sexan:

a) Cando se trate da concesión de licencia de acometida á rede, o dono, usufructuario ou titular do dominio útil do terreo.

b) No caso de prestación de servizos do número 1.b) do artigo anterior, os ocupantes ou usuarios das fincas do termo municipal beneficiarias de ditos servizos, calquera que sexa o seu título: donos, usufructuarios, habitacionistas ou arrendatarios.

2.-En todo caso, terá a consideración de suxeito pasivo substituto do ocupante ou usuario das vivendas ou locais o dono destes inmobles, os cales poderán repercutir, no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os respectivos beneficiarios do servizo.

ARTIGO 4.- RESPONSABLES

1.-Responderán solidariamente das obrigacións tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas e xurídicas ás que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei xeral tributaria.

2.-Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.

ARTÍCULO 5.- CONTÍA

1.-A Cota tributaria corresponde á concesión de licencia de autorización, esixirase por unha soa vez e consistirá nunha cantidade fixa de 111,19 € por terreo, vivenda ou local.

2.-A cota Tributaria a esixir pola presentación dos servicios da rede de sumidoiros determinarase da seguinte maneira:

a) Abonados con subministro de auga potable: 0,29 € m³ factura, cun mínimo de 30 m³ trimestre.

b) Abonados sen subministro de auga potable: 30 m³ x 0,29 € m³ de couta fixa trimestral.

ARTIGO 6.- COTA TRIBUTARIA

1.-A Cota tributaria corresponde á concesión de licencia de autorización, esixirase por unha

soa vez e consisƟrá nunha canƟdade fixa de 117,75 € por terreo, vivenda ou local.

2.-A cota Tributaria a esixir pola presentación dos servicios da rede de sumidoiros determinarase da seguinte maneira:

a) Abonados con subministro de auga potable: 0,31 € m³ factura, cun mínimo de 30 m³ trimestre.

b) Abonados sen subministro de auga potable: 30 m³ x 0,31 € m³ de couta fixa trimestral.

ARTIGO 7.- DEVENGO

1.-Devéngase a taxa e nace a obrigación de contribuír cando se inicie a actividade municipal que constitúe o seu feito impoñible, entendéndose iniciada esta:

a) Na data de presentación da oportuna solicitude da licencia de acometida, se o suxeito pasivo a formulase expresamente.

b) Desde que teña lugar a efectiva acometida á rede de sumidoiros municipal. O devengo por esta modalidade da taxa producirase con independencia de que se obtivese ou non a licencia de acometida e sen prexuízo da iniciación do expediente administrativo que poida instruírse para a súa autorización de oficio.

2.-Os servicios de evacuación de excretas, augas pluviais, negras e residuais, e da súa depuración teñen carácter obrigatorio para tódolos terreos do municipio que teñan fachada a rúas, prazas ou vías públicas nas que exista a rede de sumidoiros, sempre que a distancia entre a rede e o terreo non exceda de cen metros, e se devengará a taxa aínda cando os interesados non procedan a efectua-la acometida á rede.

ARTIGO 8.- DECLARACIÓN, LIQUIDACIÓN E INGRESO

1.-Os suxeitos pasivos substitutos do contribuínte formularán as declaracións de alta e baixa no censo de suxeitos pasivos da taxa no prazo que media entre a data en que se produza a variación na titularidade do terreo e o último día do mes natural seguinte. Estas últimas declaracións causarán efecto a partir da primeira liquidación que se practique unha vez rematado o prazo de presentación de ditas declaracións de alta e baixa.

2.-A inclusión inicial no censo farase de oficio unha vez concedida a licencia de acometida á rede.

3.-As cotas esixibles por esta taxa liquidaranse e recadaranse polos mesmos períodos e nos mesmos prazos que os recibos de subministración e consumo de auga.

4.-No suposto de licencia de acometida, o contribuínte formulará a oportuna solicitude ao Concello, unha vez concedida aquela, practicarán a liquidación que proceda, que será liquidada con carácter previo a calquera actuación.

As altas e baixas tramitaranse conxuntamente coa póliza de abonado do servizo de abastecemento de auga potable.

Os usuarios do servicio de auga potable, que carezan de rede de sumidoiros, virán obrigados a solicita-la exclusión do padrón por dito concepto, ó tempo que tramitan a alta da auga.

ARTIGO 9.- ACOMETIDA

Enténdese por acometida de saneamento o colector de augas residuais dunha instalación, edificio (establecemento) ou nave industrial, que se extende dende o bordo do terreo ou propiedade pública ou privada ata o rexistro de saneamento ó que está conectado.

Nas instalación de saneamento en onde puidese falta-lo rexistro, entenderase que a acometida remata, excepcionalmente, no colector xeral.

As acometidas de saneamento que non cumpran correctamente as súas funcións e deban ser substituídas na súa totalidade, suporán a realización polo Servizo de Augas dun orzamento que será presentado ó abonado para proceder ó cambio desta, atendendo ao orzamento nos termos dos prezos do Anexo da presente Ordenanza.

Se o abonado non se fixese cargo deste orzamento, o Concello quedará eximido de toda responsabilidade.

2.-As acometidas de saneamento serán realizadas exclusivamente polo Servizo de Augas ou, por autorización súa, por contratistas debidamente homologados.

Para proceder á execución da acometida de saneamento, o abonado haberá depositar previamente ó comenzo das obras o importe íntegro do orzamento que, de acordo ó cadro de prezos recollido no Anexo da persente Ordenanza Fiscal, teralle realizado o Servizo de Augas.

ARTIGO 10.- NOTIFICACIÓN DA TAXA

1.-A débeda tributaria esixirase con carácter de autoliquidación no momento de darse de alta do servicio, con carácter previo á prestación deste.

Se a autoliquidación indicada no apartado anterior resultase incorrecta, practicarase liquidación complementaria.

2.-No suposto de esixibilidade da taxa por prestación do servicio continua, recadaranse polos mesmos períodos e nos mesmos prazos que os recibos de subministración e consumo de auga.

ARTIGO 12.- XESTIÓN

A xestión, liquidación, inspección e recadación desta Taxa realizarase segundo o disposto na Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria e nas demais leis reguladoras da materia, así como nas disposicións ditadas para o seu desenvolvemento.

Os suxeitos pasivos substitutos do contribuínte formularán as declaracións de alta e baixa no censo de suxeitos pasivos da Taxa, no prazo que media entre a data en que se produza a variación na titularidade do inmoble/leira e o último día do mes natural seguinte. Estas últimas declaracións fornecerán efecto a partir da primeira liquidación que se practique unha vez finalizado o prazo de presentación das devanditas declaracións de alta e baixa.

A inclusión inicial no censo farase de oficio unha vez concedida a licenza de acometida á rede.

DISPOSICIÓNS

DISPOSICIÓN TRANSITORIA PRIMEIRA

Nos termos do artigo 34.1 do Decreto 141/2012, do 21 de xuño, polo que se aproba o Regulamento marco do Servizo Público de Saneamento e Depuración de Augas Residuais de Galicia, en tanto en canto no marco da Lei 9/2010, de augas de Galicia, e do devandito Decreto 141/2012, non se elabore o respectivo regulamento ou ordenanza específica en relazón cos sistemas de saneamento e depuración que se xestiona, en virtude da Disposición transitoria primeira do Decreto 141/2012 queda incorporado e, polo tanto sendo de aplicación directa o Regulamento Marco do Servizo Público de Saneamento e Depuración de Augas Residuais de Galicia.

DISPOSICIÓN ADICIONAL PRIMEIRA

Na débeda tributaria resultante nos termos do artigo 6 ¿Cota Tributaria", incluiránse o canon da auga e o coeficiente de vertedoría nos termos previstos pola Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia e do Decreto 136/2012, do 31 de maio, polo que se aproba o Regulamento do canon da auga e do coeficente de vertedora a sistemas público de depuración de augas residuais.

DISPOSICIÓN FINAL

Disposición final

A presente Ordenanza Fiscal, que foi aprobada polo Pleno deste Concello en sesión celebrada o día _________, entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e será de aplicación a partir da mesma, permanecendo en vigor ata que se acorde a súa modificación ou a súa derrogación expresa.