Camariñas - Ordenanza Fiscal nº6 reguladora da taxa por servizo de redes de sumidoiros

Publicación provisional: 08/11/2006 BOP Nº: 256
Publicación definitiva: 23/12/2006 BOP Nº: 293
Aplicable dende: 01/01/2007

Artigo 5.- Cota Tributaria.-.

1. A cota tributaria correspondente á concesión da licencia ou autorización de acometida á rede de sumidoiros esixiráse por unha soa vez e consistirá na cantidade fixa de 61,72 euros por cada edificio composto por unha vivenda ou local. Dita tarifa se incrementará en 15,14 euros máis por cada unha das restantes vivendas ou locais cando o edificio conste de máis dun. No suposto de adaptación ou ampliación de edificios, o suxeito pasivo virá obrigado a solicita-la acometida e a aboa-la cota tributaria de 15,14 euros por cada unha das vivendas ou locais de nova construcción.
2. A cota tributaria a esixir por prestación dos servicios de redes de sumidoiros fíxase conforme á seguinte tarifa:
Conceptos
Euros
Epígrafe 1.-Vivendas unifamiliares e pisos vivenda
8,15
Epígrafe 2.-Locais comerciais en xeral
15,14
Epígrafe 3.-Cafeterías, bares, tabernas, espectáculos e restaurantes
20,96
Epígrafe 4.-Salas de festa, discotecas e aloxamentos
31,45

Disposición final.

A presente Ordenanza fiscal, que foi aprobada polo Pleno da Corporación en sesión extraordinaria celebrada o día nove de outubro de dous mil sete, entrará en vigor o mesmo dia da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e será de aplicación a partir do día primeiro de xaneiro de dous mil oito, permanecendo vixente ata a súa modificación ou derrogación expresa".
2º.- O presente acordo será exposto ó público no Tablón de Edictos do Concello e no Boletín Oficial da Provincia durante o prazo de 30 días hábiles, a fin de que os interesados poidan examina-lo expediente e presenta-las reclamacións que estimen oportunas, quedando elevado a definitivo no caso de que non se presentaran reclamacións dentro do prazo sinalado.-