Índice
Camariñas - ORDENANZA FISCAL Nº6 REGULADORA DA TAXA POR SERVIZO DE REDES DE SUMIDOIROS
Publicación provisional:
08/11/2006
BOP Nº:
256
Publicación definitiva:
23/12/2006
BOP Nº:
293
Aplicable dende:
01/01/2008
Artigo 1.- Fundamento e natureza
En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 da Lei 39/1988, de 28 de decembro, Reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a ¿Taxa por servicios de Redes de sumidoiros", que se rexirá pola presente Ordenanza fiscal, as normas da cal atenden ó prevenido no artigo 58 da citada Lei 39/1988.
Artigo 2.- Feito imponible
1. Constitúe o feito imponible da Taxa:
a) A actividade municipal, técnica e administrativa, tendente a verificar se se dan as condicións necesarias para autoriza-la acometida á rede de sumidoiros municipal.
b) A prestación dos servicios de evacuación de excretas, augas pluviais, negras e residuais, a través da rede de sumidoiros municipal, e o seu tratamento para depuralas.
2. Non estarán suxeitas á Taxa as fincas derruidas, declaradas ruinosas ou que teñan a condición de solar ou terreo.
Artigo 3.- Suxeitos pasivos
1. Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refiere o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria que sexan:
a) Cando se trate da concesión de licencia de acometida á rede, o propietario, usufructuario ou titular do dominio útil da finca.
b) No caso de prestación de servicios do número 1.b) do artigo anterior, os ocupantes ou usuarios das fincas do término municipal beneficiarias de ditos servicios, calquera que sexa o seu título: propietarios, usufructuarios, habitacionistas ou arrendatario, incluso en precario.
2. En todo caso, terá a consideración de suxeito pasivo sustituto do ocupante ou usuario das vivendas ou locais o propietario destes inmobles, quen poderá repercutir, no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os respectivos beneficiarios do servicio.
Artigo 4.- Responsables.-
1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.
2. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 5.- Cota Tributaria
1. A cota tributaria correspondente á concesión da licencia ou autorización de acometida á rede de sumidoiros esixiráse por unha soa vez e consistirá na cantidade fixa de 61,72 euros por cada edificio composto por unha vivenda ou local. Dita tarifa se incrementará en 15,14 euros máis por cada unha das restantes vivendas ou locais cando o edificio conste de máis dun. No suposto de adaptación ou ampliación de edificios, o suxeito pasivo virá obrigado a solicita-la acometida e a aboa-la cota tributaria de 15,14 euros por cada unha das vivendas ou locais de nova construcción.
2. A cota tributaria a esixir por prestación dos servicios de redes de sumidoiros fíxase conforme á seguinte tarifa:
Conceptos | Euros |
Epígrafe 1.- Vivendas unifamiliares e pisos vivenda | 8,15 |
Epígrafe 2.- Locais comerciais en xeral | 15,14 |
Epígrafe 3.- Cafeterías, bares, tabernas, espectáculos e restaurantes | 20,96 |
Epígrafe 4.- Salas de festa, discotecas e aloxamentos | 31,45 |
Artigo 6.- Exencións e bonificacións
Non se concederá exención ni bonificación algunha na exacción da presente Taxa.
Artigo 7.- Devengo
1. Devéngase a Taxa e nace a obriga de contribuir cando se inicie a actividade municipal que constitúe o seu feito imponible, entendéndose iniciada a mesma:
a) Na datas de presentación da oportuna solicitude da licencia de acometida, se o suxeito pasivo a formulase expresamente