Camariñas - ORDENANZA FISCAL Nº6 REGULADORA DA TAXA POR SERVIZO DE REDES DE SUMIDOIROS

Publicación provisional: 08/11/2006 BOP Nº: 256
Publicación definitiva: 23/12/2006 BOP Nº: 293
Aplicable dende: 01/01/2009

Artigo 1.- Fundamento e natureza

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do RDLex 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a "Taxa por servicios de Redes de sumidoiros", que se rexirá pola presente Ordenanza fiscal, as normas da cal atenden ó prevenido no artigo 57 do citado RDLex 2/2004.

Artigo 2.- Feito imponible

1. Constitúe o feito imponible da Taxa:
a) A actividade municipal, técnica e administrativa, tendente a verificar se se dan as condicións necesarias para autoriza-la acometida á rede de sumidoiros municipal.
b) A prestación dos servicios de evacuación de excretas, augas pluviais, negras e residuais, a través da rede de sumidoiros municipal, e o seu tratamento para depuralas.
2. Non estarán suxeitas á Taxa as fincas derruidas, declaradas ruinosas ou que teñan a condición de solar ou terreo.

Artigo 3.- Suxeitos pasivos

1. Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refiere o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria que sexan:
a) Cando se trate da concesión de licencia de acometida á rede, o propietario, usufructuario ou titular do dominio útil da finca.
b) No caso de prestación de servicios do número 1.b) do artigo anterior, os ocupantes ou usuarios das fincas do término municipal beneficiarias de ditos servicios, calquera que sexa o seu título: propietarios, usufructuarios, habitacionistas ou arrendatario, incluso en precario.
2. En todo caso, terá a consideración de suxeito pasivo sustituto do ocupante ou usuario das vivendas ou locais o propietario destes inmobles, quen poderá repercutir, no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os respectivos beneficiarios do servicio.

Artigo 4.- Responsables.-

1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren o artigo 42 da Lei Xeral Tributaria.
2. Serán responsables subsidiarios da débeda tributaria as persoas ou entidades ás que se refire o artigo 43 da Lei Xeral Tributaria.

Artigo 5.- Cota Tributaria

1. A cota tributaria correspondente á concesión da licencia ou autorización de acometida á rede de sumidoiros esixiráse por unha soa vez e consistirá na cantidade fixa de 64,56 euros por cada edificio composto por unha vivenda ou local. Dita tarifa se incrementará en 15,84 euros máis por cada unha das restantes vivendas ou locais cando o edificio conste de máis dun. No suposto de adaptación ou ampliación de edificios, o suxeito pasivo virá obrigado a solicita-la acometida e a aboa-la cota tributaria de 15,84 euros por cada unha das vivendas ou locais de nova construcción.
2. A cota tributaria a esixir por prestación dos servicios de redes de sumidoiros fíxase conforme á seguinte tarifa:
Conceptos
Euros
Epígrafe 1.-Vivendas unifamiliares e pisos vivenda
8,52
Epígrafe 2.-Locais comerciais en xeral
15,83
Epígrafe 3.-Cafeterías, bares, tabernas, espectáculos e restaurantes
21,92
Epígrafe 4.-Salas de festa, discotecas e aloxamentos
32,90

Artigo 6.- Exencións e bonificacións

Non se concederá exención ni bonificación algunha na exacción da presente Taxa.

Artigo 7.- Devengo

1. Devéngase a Taxa e nace a obriga de contribuir cando se inicie a actividade municipal que constitúe o seu feito imponible, entendéndose iniciada a mesma:
a) Na datas de presentación da oportuna solicitude da licencia de acometida, se o suxeito pasivo a formulase expresamente
b) Desde que teña lugar a efectiva acometida á rede de sumidoiros municipal. O devengo por esta modalidade da Taxa se producirá con independencia de que obtivera ou non a licencia de acometida e sen prexuízo da iniciación do expediente administrativo que poda instruirse para a súa autorización.
2. Os servicios de evacuación de excretas, augas pluviais, negras e residuais, e da súa depuración, no seu caso, teñen carácter obrigatorio para tódalas fincas do Municipio que teñan fachada a rúas, prazas ou vías públicas en que exista rede de sumidoiros, sempre que a distancia entre a rede e a finca non exceda de cen metros, e se devengará a Taxa aínda cando os interesados non procedan a efectua-la acometida á rede.
3. Establecido o referido servicio, as cotas devengaránse o primeiro de xaneiro de cada ano, e o período impositivo comprenderá o ano natural, agás nos casos de inicio ou cese no uso do servicio, nos que o período impositivo se axustará a dita circunstancia, prorrateándose a cota correspondente por trimestres naturais.

Artigo 8.- Declaración, liquidación e ingreso

1. Os suxeitos pasivos sustitutos do contribuínte formularán as declaracións de alta e baixa no censo de suxeitos pasivos da Taxa, no prazo que media entre a data en que se produza a variación na titularidade da finca e o último día do mes natural seguinte. Estas últimas declaracións surtirán efecto a partir da primeira liquidación que se practique unha vez rematado o prazo de presentación de ditas declaracións de alta e baixa.
A inclusión inicial no Censo faráse de oficio unha vez concedida a licencia de acometida á rede.
2. As cotas esixibles por esta Taxa liquidaránse e recadaránse anualmente, mediante recibo derivado da matrícula.
3. No suposto de licencia de acometida, o contribuínte formulará a oportuna solicitude e os servicios tributarios deste Concello, unha vez concedida aquela, practicarán a liquidación que proceda, que será notificada para ingreso directo na forma e prazos que sinala o Regulamento Xeral de Recadación.

Artigo 9.- Infraccións e sancións

En todo o relativo á calificación de infraccións tributarias, asi como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estaráse ó disposto no Título IV da Lei Xeral Tributaria.

Disposición final

A presente Ordenanza fiscal, que foi aprobada polo Pleno da Corporación en sesión extraordinaria celebrada o día dezasete de outubro de dous mil oito, entrará en vigor o mesmo dia da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e será de aplicación a partir do día primeiro de xaneiro de dous mil nove, permanecendo vixente ata a súa modificación ou derrogación expresa".