Arteixo - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA RETIRADA DE VEHÍCULOS DA VÍA PÚBLICA E DEPÓSITO DOS MESMOS
ARTIGO 7. TARIFAS.
Rexerán as seguintes tarifas:
- Retirada e traslado ao depósito, por cada vehículo:
- Motocicletas, motocarros e vehículos análogos: 17,12 euros
- Turismos e furgonetas con carga de até 1.100 kg: 57,79 euros.
Turismos e furgonetas de tonelaxe, con carga superior a 1.100 kg até 2.500 kg: 68,49 euros.
- Vehículos de tonelaxe, con carga, superior a 2.500 kg ate 4.500 kg: 102,74 euros.
- Vehículos de tonelaxe, con carga superior a 4.500 kg, cun límite de 10.000 kg: 535,09 euros.
- Cando o importe da factura emitida pola empresa que efectúe a retirada do vehículo, sexa superior á tarifa mencionada no apartado 1.5, o contribuínte deberá aboar o custo total da retirada ( o importe da tarifa máis a diferenza entre esta e a factura emitida).
- En caso de que non se produza o traslado do vehículo por facerse cargo do mesmo o suxeito pasivo antes da saida do coche-guindastre cara ao depósito, percibirase o 50% das tarifas anteriores.
- Almacenamento de vehículos, por unidade e día ou fracción:
- Motocicletas, motocarros e vehículos análogos: 6,42 euros
- Turismos e furgonetas cun peso máximo, con carga, de até 1.100 kg: 11,77 euros.
- Turismos e furgonetas de tonelaxe, con carga, superior a 1.100 kg até 2.500 kg: 21,40 euros.
- Vehículos de tonelaxe, con carga, superior a 2.500 kg até 4.500 kg: 42,81 euros.
- Vehículos de tonelaxe, con carga, superior a 4.500 kg cun límite de 10.000 kg: 69,56 euros.
- Inmobilización de vehículos:
- Vehículos de todas clases, con tonelaxe até 1.000 kg: 31,04 euros.
- Vehículos de todas clases, con tonelaxe superior a 1.000 kg e inferior a 5.000 kg: 42,81 euros.
- Vehículos de todas clases con tonelaxe superior a 5.000 kg: 105,95 euros.
DISPOSICIÓN ADICIÓNAL.
As tarifas anteriores incrementaranse anualmente na porcentaxe do IPC
DISPOSICIÓN FINAL
A presente ordenanza foi aprobada polo Concello Pleno en sesión celebrada o día 31 de outubro de 1996.
Foi modificada posteriormente segundo acordos plenarios de data 6 de novembro de 1998, seis de setembro de 2001, 18 de xullo de 2002, 29 de xaneiro de 2004 e 28 de xullo de 2005
A presente modificación foi aprobada polo Concello Pleno en sesión celebrada o día 28 de setembro de 2006. Entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 2007, logo da súa publicación no BOP, permanecendo en vigor até a súa modificación ou derrogación expresas.