Arteixo - Ordenanza fiscal nº 13, reguladora da taxa pola retirada de vehículos da vía pública e depósito dos mesmos

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 12/11/2008 BOP Nº: 261
Aplicable dende: 01/01/2009

ARTIGO 1. FUNDAMENTO E NATUREZA.

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 da Lei 39/88, de 28 de decembro, reguladora das facendas locais, o Concello de Arteixo establece a Taxa pola retirada de vehículos da vía pública e depósito dos mesmos, a que se refire o artigo 20.4.z) da Lei 39/88, de acordo co previsto no  Texto articulado da Lei sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade vial e cuxas normas atenden ao prevenido no artigo 58 da citada Lei de facendas locais.

ARTIGO 2. FEITO IMPOÑIBLE.

Constitúe o feito impoñible da presente exacción, a prestación do servizo de recepción obrigatoria de retirada, traslado e almacenamento de vehículos que se atoparan na vía pública e terreos contiguos, así como a inmobilización dos mesmos, que constitúan un perigo ou impidan ou perturben gravemente a circulación, así como o funcionamento dalgún servizo público.

            A retirada,  inmobilización, traslado e almacenamento dos vehículos producirase nos casos previstos na lexislación vixente e nos sinalados na regulamentación para a corrección de infraccións na zona de regulación e ordenación de aparcamentos, de acordo coas disposicións municipais que regulan este Servizo.

ARTIGO 3. OBRIGA DE CONTRIBUÍR

A obriga de contribuír nacerá, devengándose a taxa, no intre no que interveñen os axentes municipais co fin de retirar ou trasladar os vehículos. Na modalidade de depósito, devengarase a taxa a nace a obriga de contribuír desde que o vehículo chega ao local destinado ao seu depósito.

ARTIGO 4. SUXEITO PASIVO.

Son suxeitos pasivos, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas ou as entidades a que se refire a Lei  xeral tributaria, que resulten afectadas por la prestación del servizo. A falla de proba en contrario, entenderase que o afectado pola prestación do servizo e o titular que figure no permiso de circulación.

            Serán responsabeis subsidiarios os administradores de sociedades e os síndicos, interventores e liquidadores de crebas, concursos, sociedades e as entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinale a Lei  xeral tributaria.

ARTIGO 5. BENEFICIOS FISCAIS

Non serán aplicabeis beneficios fiscais, agás os que se poidan establecer en normas con rango de lei e os derivados da aplicación de tratados internacionais.

ARTIGO 6. BASE DE GRAVAME

A cota tributaria determinarase por unha cantidade fixa determinada en función da natureza do servizo prestado.

ARTIGO 7. TARIFAS.

Rexerán as seguintes tarifas:
1. Retirada e traslado ao depósito, por cada vehículo:
1.1. Motocicletas, motocarros e vehículos análogos: 18,32 €
1.2. Turismos e furgonetas con carga de até 1.100 Kg: 61,84 €
1.3. Turismos e furgonetas de tonelaxe, con carga superior a 1.100 Kg até 2.500 Kg: 73,29 €
1.4. Vehículos de tonelaxe, con carga, superior a 2.500 kg ata 4.500 Kg: 109,94 €
1.5. Vehículos de tonelaxe, con carga superior a 4.500 Kg, cun límite de 10.000 Kg: 572,62 €
1.6. Cando o importe da factura emitida pola empresa que efectúe a retirada do vehículo, sexa superior á tarifa mencionada no apartado 1.5, o contribuínte deberá aboar o custo total da retirada ( o importe da tarifa máis a diferenza entre esta e a factura emitida).
1.7. En caso de que non se produza o traslado do vehículo por facerse cargo do mesmo o suxeito pasivo antes da saída do coche-guindastre cara ao depósito, percibirase o 50% das tarifas anteriores.
1. Almacenamento de vehículos, por unidade e día ou fracción:
2.1.Motocicletas, motocarros e vehículos análogos: 6,87 €
2.2.Turismos e furgonetas cun peso máximo, con carga, de até 1.100 Kg: 12,60 €
2.3.Turismos e furgonetas de tonelaxe, con carga, superior a 1.100 Kg até 2.500 Kg: 22,90 €
2.4.Vehículos de tonelaxe, con carga, superior a 2.500 Kg até 4.500 Kg.: 45,82 €
2.5.Vehículos de tonelaxe, con carga, superior a 4.500 Kg cun límite de 10.000 kg: 74,44 €
2. Inmobilización de vehículos:
3.1.Vehículos de todas clases, con tonelaxe até 1.000 kg: 33,22 €
3.2.Vehículos de todas clases, con tonelaxe superior a 1.000 Kg e inferior a 5.000 kg.: 45,82 €
3.3.Vehículos de todas clases con tonelaxe superior a 5.000 Kg.: 113,38 €

ARTIGO 8. NORMAS COMPLEMENTARIAS E DE XESTIÓN.

1. Os dereitos e taxas desta ordenanza son esixibles e plenamente compatibles coas sancións que procedan de acordo coa Ordenanza municipal de circulación.

2. Trasladados os vehículos ao depósito, pola dependencia administrativa que corresponda ou polo concesionario do servizo, cursarase comunicación ao titular do vehículo para que, antes do último día hábil do mes seguinte a aquel en que reciba a comunicación, se faga cargo do mesmo e aboe o importe das taxas correspondentes cuxo importe debe ser depositado no momento en que o titular ou persoa interesada se presente a recoller o vehículo.

3.A saída de toda clase de vehículos almacenados no Depósito, deberá ser autorizada por quen dispuxo o seu ingreso ou persoa habilitada para iso e unicamente poderán ser entregados aos seus titulares ou persoas autorizadas, os que, en dito momento autoliquidarán a taxa e ingresaran o importe resultante de acordo coa tarifa contida no artigo 5, ou constituiran garantía suficiente.

4.Cando se proceda a inmobilizar un vehículo mediante a utilización de cepos ou outros procedementos mecánicos similares para impedir su uso, os condutores ou propietarios dos mesmos, solicitaran aos axentes municipais a retirada do mecanismo, para o que deberán ingresar o importe da cota prevista no artigo 7, aplicándose o resto das normas de xestión previstas nesta ordenanza.

ARTIGO 9. INFRACCIÓNS E SANCIÓNS TRIBUTARIAS

En todo o relativo á cualificacion das infraccions tributarias cometidas e a súa sanción, estarase ao disposto na Lei xeral tributaria e na ordenanza fiscal xeral.

DISPOSICIÓN ADICIÓNAL.

As tarifas anteriores incrementaranse anualmente na porcentaxe do IPC

DISPOSICIÓN FINAL

A presente ordenanza foi aprobada polo Concello Pleno en sesión celebrada o día 31 de outubro de 1996.
Foi modificada posteriormente segundo acordos plenarios de data 6 de novembro de 1998, seis de setembro de 2001, 18 de xullo de 2002, 29 de xaneiro de 2004, 28 de xullo de 2005, 28 de setembro de 2006 e 25 de outubro de 2007.
A presente modificación foi aprobada polo Concello Pleno en sesión celebrada o día 4 de setembro de 2008, entrando en vigor o día 1 de xaneiro de 2009, logo da súa publicación no BOP, permanecendo en vigor até a súa modificación ou derrogación expresas.