Arteixo - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA RETIRADA DE VEHÍCULOS DA VÍA PÚBLICA E DEPÓSITO DOS MESMOS
ARTIGO 1. FUNDAMENTO E NATUREZA.
En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 da Lei 39/88, de 28 de decembro, reguladora das facendas locais, o Concello de Arteixo establece a Taxa pola retirada de vehículos da vía pública e depósito dos mesmos, a que se refire o artigo 20.4.z) da Lei 39/88, de acordo co previsto no Texto articulado da Lei sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade vial e cuxas normas atenden ao prevenido no artigo 58 da citada Lei de facendas locais.
ARTIGO 2. FEITO IMPOÑIBLE.
Constitúe o feito impoñible da presente exacción, a prestación do servizo de recepción obrigatoria de retirada, traslado e almacenamento de vehículos que se atoparan na vía pública e terreos contiguos, así como a inmobilización dos mesmos, que constitúan un perigo ou impidan ou perturben gravemente a circulación, así como o funcionamento dalgún servizo público.
A retirada, inmobilización, traslado e almacenamento dos vehículos producirase nos casos previstos na lexislación vixente e nos sinalados na regulamentación para a corrección de infraccións na zona de regulación e ordenación de aparcamentos, de acordo coas disposicións municipais que regulan este Servizo.
ARTIGO 3. OBRIGA DE CONTRIBUÍR
A obriga de contribuír nacerá, devengándose a taxa, no intre no que interveñen os axentes municipais co fin de retirar ou trasladar os vehículos. Na modalidade de depósito, devengarase a taxa a nace a obriga de contribuír desde que o vehículo chega ao local destinado ao seu depósito.
ARTIGO 4. SUXEITO PASIVO.
Son suxeitos pasivos, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas ou as entidades a que se refire a Lei xeral tributaria, que resulten afectadas por la prestación del servizo. A falla de proba en contrario, entenderase que o afectado pola prestación do servizo e o titular que figure no permiso de circulación.
Serán responsabeis subsidiarios os administradores de sociedades e os síndicos, interventores e liquidadores de crebas, concursos, sociedades e as entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinale a Lei xeral tributaria.
ARTIGO 5. BENEFICIOS FISCAIS
Non serán aplicabeis beneficios fiscais, agás os que se poidan establecer en normas con rango de lei e os derivados da aplicación de tratados internacionais.
ARTIGO 6. BASE DE GRAVAME
A cota tributaria determinarase por unha cantidade fixa determinada en función da natureza do servizo prestado.
ARTIGO 7. TARIFAS.
ARTIGO 8. NORMAS COMPLEMENTARIAS E DE XESTIÓN.
1. Os dereitos e taxas desta ordenanza son esixibles e plenamente compatibles coas sancións que procedan de acordo coa Ordenanza municipal de circulación.
2. Trasladados os vehículos ao depósito, pola dependencia administrativa que corresponda ou polo concesionario do servizo, cursarase comunicación ao titular do vehículo para que, antes do último día hábil do mes seguinte a aquel en que reciba a comunicación, se faga cargo do mesmo e aboe o importe das taxas correspondentes cuxo importe debe ser depositado no momento en que o titular ou persoa interesada se presente a recoller o vehículo.
3.A saída de toda clase de vehículos almacenados no Depósito, deberá ser autorizada por quen dispuxo o seu ingreso ou persoa habilitada para iso e unicamente poderán ser entregados aos seus titulares ou persoas autorizadas, os que, en dito momento autoliquidarán a taxa e ingresaran o importe resultante de acordo coa tarifa contida no artigo 5, ou constituiran garantía suficiente.
4.Cando se proceda a inmobilizar un vehículo mediante a utilización de cepos ou outros procedementos mecánicos similares para impedir su uso, os condutores ou propietarios dos mesmos, solicitaran aos axentes municipais a retirada do mecanismo, para o que deberán ingresar o importe da cota prevista no artigo 7, aplicándose o resto das normas de xestión previstas nesta ordenanza.
ARTIGO 9. INFRACCIÓNS E SANCIÓNS TRIBUTARIAS
En todo o relativo á cualificacion das infraccions tributarias cometidas e a súa sanción, estarase ao disposto na Lei xeral tributaria e na ordenanza fiscal xeral.
DISPOSICIÓN ADICIÓNAL.
As tarifas anteriores incrementaranse anualmente na porcentaxe do IPC