Fene - ORDENANZA FISCAL Nº 2 REGULADORA DA TAXA POLA UTILIZACIÓN DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS E CULTURAIS MUNICIPAIS ASÍ COMO POLA PRESTACIÓN DE SERVIZOS SOCIOCULTURAIS, DEPORTIVOS E DE LECER

Publicación provisional: 20/04/2007 BOP Nº: 90
Publicación definitiva: 15/06/2007 BOP Nº: 137
Aplicable dende: 01/01/2007

Fundamento legal.

Artigo 1º .
Consonte co previsto no artigo 57 do RD Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais,este Concello establece a taxa pola utilización das instalacións deportivas e culturais municipais, así como pola prestación de servizos socioculturais, deportivos e recreativos.

Feito impoñíbel.

Artigo 2º .
1. Está constituído pola utilización de calquera das instalacións deportivas e culturais que constitúen obxecto desta Ordenanza así como pola realización, por persoas físicas ou xurídicas, de actividades socioculturais, deportivas e recreativas tanto en instalacións municipais coma concertadas.
2. Aos efectos da aplicación da taxa pola utilización de instalacións deportivas e culturais a obriga de contribuír nace dende o momento en que se autoriza o aproveitamento da instalación. No tocante á realización da actividades socioculturais, deportivas e recreativas, aos efectos desta taxa a obriga de contribuír nace dende o momento en que se formaliza a inscrición nunha actividade e até que remate a mesma, agás cando formalicen a súa baixa na actividade en cuestión nos termos establecidos nesta ordenanza.
3. A baixa nunha actividade hase solicitar no Rexistro Xeral do Concello e non eximirá do pagamento do período impositivo correspondente (día, mes ou cuadrimestre) á data de formalización da baixa.

Suxeito pasivo.

Artigo 3º .
Están obrigados ao pagamento da taxa por utilización de instalacións deportivas e culturais:
1. As persoas naturais e xurídicas que soliciten a utilización das instalacións deportivas e/ou culturais.
2. As entidades, organismos, asociacións, federacións, e demais entes xurídicos en nome das que se solicite diante do Concello autorización para utilizar as citadas instalacións.
Están obrigados ao pagamento da taxa por realización de actividades socioculturais, deportivas e de lecer:
1. As persoas físicas que formalicen a súa inscrición nas mesmas nos termos e condicións sinalados no artigo 2.2
2. As persoas físicas ou xurídicas que promovan a utilización dos locais municipais para calquera das actividades previstas nesta ordenanza.

Responsábeis.

Artigo 4º .
Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo tódalas persoas que sexan causantes ou colaboren na realización dunha infracción tributaria. A responsabilidade esixirase en todo caso, nos termos e consonte co procedemento previsto na nova Lei Xeral Tributaria 58/03 de 17 de decembro.

Cota tributaria.

Artigo 5º .
1. USO DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS
1.1. Pavillóns polideportivos municipais cubertos tarifas a satisfacer ao Concello
1.1.1. Arredondamentos.
1) O tempo de utilización das instalacións para competicións oficias será o establecido na táboa de tarifas. No suposto de que sexa necesaria a utilización por máis tempo, a tarifa multiplicarase de xeito proporcional utilizando ¿ horas como unidade de arredondamento.
2) A efectos de fixar a cota tributaria definitiva e con ánimo de simplificar a xestión da recadación os valores resultantes de todas as tarifas arredondaranse á fracción de 50 céntimos de euro máis próxima.
1.1.2. Tarifas.
Concepto
Categorías
Tempo
O Ramo
A Xunqueira
Adestramentos
Base
1 h
10.50
14.00
Resto
1 h
17.00
23.00
Adestramento terzo de pista
Base
1 h
-
9.50
Resto
1 h
-
15.50
Competicións sen despacho de entradas
Base
1 h
11.50
15.50
Resto
1,5 h
28.50
38.00
Competicións con despacho de entradas
Base
1 h
34.50
46.00
Resto
1,5 h
85,00
114.50
Espectáculos deportivos especiais e culturais ordinarios sen despacho de entradas
1,5 h
56.50
76.30
Espectáculos deportivos especiais e culturais ordinarios con despacho de entradas
1,5 h
169.50
229,00
Festivais, maratóns, actividades análogas e espectáculos de carácter profesional
1 día
2491.00
3363.00
A utilización conxunta da sauna co pavillón da Xunqueira supoñerá un incremento da tarifa correspondente en 10 veces o prezo da sesión individual de sauna.
As entidades que utilicen os pavillóns para os seus adestramentos e partidos de competición ao longo da tempa estarán obrigados a subscribir a correspondente póliza de seguro de accidentes e responsabilidade civil por danos propios e a terceiros cunha cobertura mínima de 300.000 euros presentando copia da póliza e do pagamento do último recibo no momento de facer a solicitude da instalación. Quen non o fixeran para a tempada anterior teñen de prazo até o 30 de xaneiro do ano en curso para facelo.
1.2. Pistas polideportivas municipais descubertas
1.2.1. Tarifas
Instalación ou servizo
Tarifa base
Prezo
Pistas polideportivas municipais descubertas
Uso diúrno para adestramentos ou competición, por 1 hora
26.00
Uso nocturno para adestramentos ou competicións, por 1 hora
52.00
Maratóns, prácticas deportivas análogas e espectáculos profesionais con ánimo de lucro promovidas por particulares ou entidades sen carácter social, por día
623.00
As entidades que organicen maratóns ou espectáculos profesionais en calquera instalación municipal -pista non cuberta, piscina ou pavillón- estarán obrigadas a subscribir a correspondente póliza de seguro de responsabilidade civil por danos propios e a terceiros cunha cobertura mínima de 500.000 euros, presentando copia da correspondente póliza e copia do pagamento do último recibo no momento de facer a solicitude da instalación.
1.3. Casa da Cultura
1.3.1. Tarifas.
Instalación ou servizo
Tarifa base
Prezo
Casa da Cultura
Salón de actos nunha xornada normal, por hora
21.80
Salón de actos nunha xornada extraordinaria, por hora
21.80
Salón de actos nunha xornada extraordinaria, por día
217.98
2. SERVIZOS SOCIOCULTURAIS, DEPORTIVOS E RECREATIVOS
2.1. Casa da Cultura
2.3.1. Tarifas.
Instalación ou servizo
Tarifa base
Prezo
Casa da Cultura
Salón de actos nunha xornada normal, por hora
21.80
Salón de actos nunha xornada extraordinaria, por hora
41.80
Salón de actos nunha xornada extraordinaria, por día
217.98
Piscina cuberta e climatizada municipal de Centieiras
As tarifas a satisfacer ao Concello pola piscina municipal cuberta e climatizada de Centieiras axustaranse aos seguintes criterios:
2.1.4. Arredondamentos.
A efectos de fixar a cota tributaria definitiva e con ánimo de simplificar a xestión da recadación os valores resultantes de todas as tarifas arredondaranse á fracción de 10 céntimos de euro máis próxima.
2.1.5. Tarifas.
Como resultado de aplicar os coeficientes anteriores as tarifas completas pola utilización da Piscina de Centieiras quedan fixadas segundo os valores da seguinte táboa:
Concepto
Categorías
Total
Baño libre
Menores
2.10
Adultos
3.10
Bono 8 sesións
Menores
13.30
Adultos
19.90
Bono 24 sesións
Menores
34.90
Adultos
52.30
Bono 48 sesións
Menores
59.80
Adultos
89.70
Bono 96 sesións
Menores
89.70
Adultos
134.50
Bono 32 sesións
Familiar
58.10
Escola de natación (1 sesión cada semana, durante 1 mes)
Menores
7.30
Adultos
11.00
Especiais (B,E,T)
12.00
Escola de natación (2 sesións cada semana, durante 1 mes)
Menores
14.60
Adultos
21.90
Especiais (B,E,T)
23.90
Escola de natación (3 sesións cada semana, durante 1 mes)
Menores
21.90
Adultos
32.90
Especiais (B,E,T)
35.90
Alugueiro de rúas en exclusiva (1 sesión máx. 6 persoas)
Sociedades
15.60
As sociedades inscritas ou que teñan solicitada a súa inscrición no rexistro municipal de entidades e os colectivos que acrediten esta condición poderán alugar, para nado libre, rúas da piscina municipal. O alugueiro hase condicionar a un máximo de dúas rúas, que non estean ocupadas por actividades programadas e queden rúas para o nado libre de persoas individuais.
As entidades que utilicen a piscina ao longo da tempada estarán obrigadas a subscribir a correspondente póliza de seguro de accidentes e responsabilidade civil por danos propios e a terceiros cunha cobertura mínima de 300.000 euros presentando copia da póliza e do pagamento do último recibo no momento de facer a solicitude da instalación. Quen non o fixeran para a tempada anterior teñen de prazo até o 30 de xaneiro do ano en curso para facelo.
2.2. Escolas deportivas no Pavillón da Xunqueira
2.2.1. Tarifas.
Concepto
Categorías
Total
Escola deportiva no Pavillón da Xunqueira (1,5 h cada semana, durante 1 mes)
Menores
5.20
Adultos
-
Escola deportiva no Pavillón da Xunqueira (2 h cada semana, durante 1 mes)
Menores
7.00
Adultos
16.60
Escola deportiva no Pavillón da Xunqueira (3 h cada semana, durante 1 mes)
Menores
10.40
Adultos
24.90
2.3. Escolas deportivas fóra do Pavillón da Xunqueira e Escolas culturais
2.3.1. Tarifas.
Concepto
Categorías
Total
Resto de escolas deportivas e escolas culturais (3 h cada semana, durante 3 meses)
Menores
23.00
Adultos
55.30
2.4. Cursos da Aula de Informática
2.4.1. Tarifas.
Concepto
Categorías
Total
Cursos da Aula de Informática municipal
Até 10 h
10.40
De 10 a 20 h
20.80
Máis de 20 h
62.30
2.5. Obradoiros, cursos puntuais e entradas a espectáculos culturais
Deportivos
Prezo €/actividade
Tenis verán
22,20 €
Tenis Nadal
12,00 €
Piragüismo
22,20 €
Outros cursos até 6 h
6,00 €
Outros cursos até 20 h
15,00 €
Outros cursos por cada 10 h máis
6,00 €
Campamento de verán (7 días veciños/as de Fene)
225,00 €
Campamento de verán (8 días non veciños/as de Fene)
250,00 €
Sendeirismo 1 día comarca de Ferrolterra
10,00 €
Sendeirismo 1 día fóra da comarca
20,00 €
Sendeirismo 2 días fóra da comarca
40,00 €
Culturais
Prezo €/actividade
Verán máis alá (sen transporte. 1º membro ude familiar)
65,00 €
Verán máis alá (sen transporte. a partir do 2º membro ude familiar)
35,00 €
Verán máis alá (con transporte. 1º membro ude familiar)
85,00 €
Verán máis alá (con transporte. a partir do 2º membro ude familiar)
45,00 €
Outros cursos até 6 h
6,00 €
Outros cursos até 20 h
15,00 €
Outros cursos por cada 10 h máis
6,00 €
Xornadas (inscrición normal)
6,00 €
Xornadas (inscrición parados e estudantes)
3,00 €
Espectáculos con tarifa
3,00 €
Excursións 1 día comarca de Ferrolterra
10,00 €
Excursións de 1 día fóra da comarca
20,00 €
Entradas a espectáculos concertados co IGAEM ou a Consellaría de Cultura, 1 € para pensionistas, carné xove e carne de estudante; 3 € para público en xeral.
Para outros obradoiros e cursos as tarifas hanse determinar mediante acordo do órgano correspondente garantindo que as mesmas cubran o 50% dos custos da actividade.
3. Inscricións
No momento de efectuar a inscrición en calquera Escola Municipal, deberá ordenarse a unha entidade bancaria a domiciliación do pagamento da taxa agás nas Escolas do Pavillón e da Piscina en que poderá optarse entre a renovación do pagamento mes a mes nas instalacións do Pavillón A Xunqueira ou mediante a domiciliación bancaria. Nas escolas e obradoiros noutras instalacións hase efectuar mediante un único pagamento -cando así se estableza- a facer efectivo na instalación que se determine ou mediante o pagamento, por domiciliación bancaria, de tres cotas a facer efectivas nos meses de novembro, xaneiro e marzo.
As persoas de fóra do Concello que queiran participar nalgunha escola municipal (incluídas as da piscina) só o poderán facer se hai vacantes nas mesmas e no período de matriculación que se fixe. Para as persoas non empadroadas no Concello de Fene as tarifas das escolas (incluídas no artigo 5.2 desta Ordenanza) hanse incrementar nun 5%.
A renovación en ocasións sucesivas de tarxetas magnéticas para o acceso e control informatizado a instalacións e actividades será de 1.30 € a partir da segunda tarxeta.
O abono familiar é unha modalidade de pagamento destinada a incentivar a participación dos membros da unidade familiar nas escolas municipais e deportivas municipais así como nas dos Planos Especiais. A esta modalidade só se poderán acoller os veciños e veciñas de Fene. Terá a consideración de abonado familiar o pai, nai, titor ou titora que poderá incluír no seu abono ao cónxuxe e fillos menores de 18 anos, sempre nun número mínimo de dous membros (pai, nai, titor/a e fillo/a) e/ou actividades da mesma modalidade e/ou instalación. O abono familiar só será de aplicación para as matrículas nunha mesma modalidade (Escolas Deportivas de fóra do Pavillón ou Escolas Culturais) e instalación Escolas Deportivas da Piscina e Pavillón; isto é, haberá abonos con carácter totalmente independente para:
- Escolas Culturais
- Escolas Deportivas Fóra do Pavillón
- Escolas Deportivas Pavillón e Piscina.
As cotas para os abonados familiares hanse determinar aplicando unha redución do 20% da cota a partir da segunda actividade (da mesma modalidade ou instalación) en que se matricule ou a partir do segundo membro da unidade familiar que o faga. A redución do 20% non se aplicará á actividade que teña a tarifa máis elevada de entre as que se matriculen os membros da unidade familiar.

Concertos fiscais

Artigo 6º .
Os clubs e entidades deportivas de Fene que utilicen os Pavillóns Polideportivos do Ramo e San Valentín poderán solicitar acollerse ao correspondente concerto económico. Ao abeiro deste concerto, as entidades beneficiarias dos mesmos aboarán o setenta por cento (70%) das tarifas fixadas para a utilización das citadas instalacións. O pagamento polas entidades concertadas efectuarse a ano vencido, no mes de decembro de cada exercicio, en función das horas de utilización das instalacións e das características das actividades realizadas. A aprobación dos devanditos concertos correspóndelle ao Concello Pleno previo ditame da Comisión Informativa de Cultura, Ensino, Deportes, Xuventude e Turismo.
As condicións de financiamento das Escolas incluídas nos Planos Especiais e Conveniadas coas Sociedades determinarase ao comezo de cada curso escolar.

Artigo 7º.

O clube de Fene que ao comezo de cada tempada milite na categoría de maior rango federativo na súa respectiva modalidade e utilice os pavillóns polideportivos do O Ramo ou A Xunqueira para adestramentos e partidos de competición poderá solicitar acollerse a un concerto económico co Concello para xestionar a publicidade estática das instalacións nas seguintes condicións:
- O Clube aboará ao Concello, ao remate da tempada, as cantidades que se detallan por cada anuncio que insira na instalación:
Publicidade perimetral na pista
Medidas en cms, largura e altura
195 x 200
2 €/anuncio/mes
200 x 85
2 €/anuncio/mes
200 x 100
4 €/anuncio/mes
- O clube procederá a retirar a publicidade unha vez rematada a tempada de competición.

Bonificacións:

Artigo 8º .
Segundo o establecido na lexislación vixente, e previos os informes que se estimen oportunos,o órgano competente do Concello poderá outorgar bonificacións sobre o importe dos dereitos da presente tarifa relativos á utilización de instalacións deportivas e culturais, e mesmo a total condonación deles, sempre que se trate da utilización das instalacións para a celebración de actos organizados con fins benéficos ou culturais de carácter especial, entendendo por tales aqueles que gozan dunha especial relevancia para a comunidade local ou que conten con colaboración municipal.

Artigo 9º .

As persoas ou entidades interesadas na obtención das bonificacións citadas no artigo anterior, presentarán a correspondente solicitude no Rexistro Xeral do Concello, acreditando suficientemente as circunstancias que xustifiquen a súa pretensión. As citadas solicitudes presentaranse cun mínimo de dez días de antelación á celebración da actividade en cuestión.

Bonificacións.

Artigo 10º .

Estarán exentos do pagamento das tarifas por utilización dos Pavillóns do Ramo e de San Valentín o Concello de Fene, os colexios públicos do concello, os partidos políticos e centrais sindicais con implantación municipal así como os órganos de representación do cadro de persoal do Concello.

Artigo 11º .

Estarán exentos do pagamento das tarifas por utilización dos ximnasios, instalacións deportivas descubertas e instalacións culturais o Concello de Fene, os colexios públicos do concello, os partidos políticos e centrais sindicais con implantación municipal, os órganos de representación do cadro de persoal do Concello e as entidades inscritas ou que solicitaran a súa inscrición no Rexistro Municipal de Asociacións.

Artigo 12º .

1. De acordo co disposto no artigo 8 da Lei 8/89 de 13 de abril, en situacións de escasa capacidade económica, as tarifas contidas nesta Ordenanza reduciranse nun 50%.
2. En situacións de absoluta imposibilidade económica para satisfacer as tarifas contidas nesta Ordenanza, prestaranse os servizos gratuitamente, previo informe da Área de Servizos Sociais.

Artigo 13º

As persoas veciñas de Fene ou que traballen no concello e acrediten esta condición nos termos que se establezan na convocatoria, terán unha redución do 34% nas tarifas do campamento de verán de 7 días de duración e do 35,6% nas do campamento de 8 días de duración.

Administración e cobranza.

Artigo 14º .

1. Poderase acordar o depósito previo do importe dos dereitos pola utilización das instalacións deportivas e culturais ás que se fai referencia na presente Ordenanza.
2.O período de cobro será do 13 o 26 de cada mes. Cando se trate da utilización das instalacións deportivas e culturais, as tarifas considéranse reportadas e cobradas simultaneamente coa petición das instalacións, agás no caso das entidades concertadas.
3. As licencias para utilización das instalacións deportivas, cando se trate de espectáculos non deportivos ou deportivos de carácter extraordinario, solicitaranse por medio de instancia dirixida ao Alcalde.

Tramitación.

Artigo 15º .
1. As solicitudes de utilización das instalacións dos Pavillóns Polideportivos do Ramo e de San Valentín así como as utilizacións especiais da Piscina de Centieiras (cursos, competicións...) presentaranse nas oficinas do Pavillón da Xunqueira.
2. As solicitudes de alugueiro de rúas nos termos e condicións establecidos na Ordenanza hase entregar na Piscina Municipal.
3. As solicitudes de utilización das instalacións da Casa da Cultura presentaranse na Secretaría da Comisión de Cultura, Ensino, Deportes, Xuventude e Turismo en modelo oficial e cun mínimo de 72 horas de antelación
4. Unha vez concedida a autorización para a utilización das instalacións, practicarase a liquidación dos dereitos e taxas oportunas procedéndose á súa censura pola intervención municipal.
5. Os correspondentes órganos da corporación adoptarán as resolucións que procedan en canto ao outorgamento e denegación e, así mesmo, aprobarán as liquidacións dos dereitos correspondentes.

Partidas falladas.

Artigo 16º .
Considéranse partidas falladas ou créditos incobrábeis aquelas cotas que non se puidesen facer efectivas polo procedemento de prema. Para a súa declaración instruirase o oportuno expediente, de acordo co establecido no vixente Regulamento Xeral de Recadación.

Obriga de pagamento.

Artigo 17º .
As débedas por estas taxas poderán esixirse polo procedemento administrativo de prema, de acordo co establecido no vixente Regulamento Xeral de Recadación.

Infraccións e sancións

Artigo 17º .
As débedas por estas taxas poderán esixirse polo procedemento administrativo de prema, de acordo co establecido no vixente Regulamento Xeral de Recadación.

Infraccións e sancións

Artigo 18º .
As infraccións e sancións en materia tributaria rexeranse polo disposto nos artigos 181 e seguintes da nova Lei Xeral Tributaria 58/03 de 17 de decembro e a súa normativa de desenvolvemento.

Dereito supletorio.

Artigo 19º .
Naqueles supostos non previstos pola presente Ordenanza, será de aplicación a lexislación vixente.

Disposición final.

A presente Ordenanza, que consta de 17 artigos, entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, e será de aplicación no exercicio de 2007, agás as tarifas fixadas na totalidade do artigo 5.2 desta ordenanza (tarifas pola prestación de servizos socioculturais, deportivos e recreativos) que serán de aplicación no curso escolar 2007/2008 permanecendo en vigor até que se acorde a súa modificación ou derrogación.