Fene - Ordenanza fiscal nº 2, reguladora da taxa pola utilización das instalación deportivas e culturais municipais así como pola prestación de servizos socioculturais, deportivos e de lecer

Publicación provisional: 20/04/2007 BOP Nº: 90
Publicación definitiva: 15/06/2007 BOP Nº: 137
Aplicable dende: 01/01/2009

Artigo 1º .Fundamento legal

Consonte co previsto no artigo 57 do RD Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais,este Concello establece a taxa pola utilización das instalacións deportivas e culturais municipais, así como pola prestación de servizos socioculturais, deportivos e recreativos.

Artigo 2º Feito impoñíbel

1. Está constituído pola utilización de calquera das instalacións deportivas e culturais que constitúen obxecto desta Ordenanza así como pola realización, por persoas físicas ou xurídicas, de actividades socioculturais, deportivas e recreativas tanto en instalacións municipais coma concertadas.

2. Aos efectos da aplicación da taxa pola utilización de instalacións deportivas e culturais a obriga de contribuír nace dende o momento en que se autoriza o aproveitamento da instalación. No tocante á realización da actividades socioculturais, deportivas e recreativas, aos efectos desta taxa a obriga de contribuír nace dende o momento en que se formaliza a inscrición nunha actividade e até que remate a mesma, agás cando formalicen a súa baixa na actividade en cuestión nos termos establecidos nesta ordenanza.

3. A baixa nunha actividade hase solicitar no Rexistro Xeral do Concello e non eximirá do pagamento do período impositivo correspondente (día, mes ou cuadrimestre) á data de formalización da baixa.

Artigo 3º. Suxeito pasivo

Están obrigados ao pagamento da taxa por utilización de instalacións deportivas e culturais:

1. As persoas naturais e xurídicas que soliciten a utilización das instalacións deportivas e/ou culturais.

2. As entidades, organismos, asociacións, federacións, e demais entes xurídicos en nome das que se solicite diante do Concello autorización para utilizar as citadas instalacións.

Están obrigados ao pagamento da taxa por realización de actividades socioculturais, deportivas e de lecer:

1. As persoas físicas que formalicen a súa inscrición nas mesmas nos termos e condicións sinalados no artigo 2.2

2. As persoas físicas ou xurídicas que promovan a utilización dos locais municipais para calquera das actividades previstas nesta ordenanza.

Artigo 4º. Responsábeis

Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo tódalas persoas que sexan causantes ou colaboren na realización dunha infracción tributaria. A responsabilidade esixirase en todo caso, nos termos e consonte co procedemento previsto na nova Lei Xeral Tributaria 58/03 de 17 de decembro.

Artigo 5º. Cota tributaria

1. USO DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS E SERVIZOS DEPORTIVOS E RECREATIVOS.

1.1. Pavillóns polideportivos municipais cubertos.

1.1.1. Tarifas.

Concepto

Categorías

Tempo

O Ramo

A Xunqueira

Adestramentos

Base

1 h

10.80

14.40

Resto

1 h

17.50

23.60

Adestramento terzo de pista

Base

1 h

-

9.75

Resto

1 h

-

15.90

Competicións sen despacho de entradas

Base

1 h

11.80

15.90

Resto

1,5 h

29.25

39.00

Competicións con despacho de entradas

Base

1 h

35.45

47.25

Resto

1,5 h

87.30

117.60

Espectáculos deportivos especiais e culturais ordinarios sen despacho de entradas

1,5 h

58.05

78.40

Espectáculos deportivos especiais e culturais ordinarios con despacho de entradas

1,5 h

174.10

235.20

Festivais, maratóns, actividades análogas e Espectáculos de carácter profesional

1 día

2558,25

3453.80

A utilización conxunta da sauna co pavillón da Xunqueira supoñerá un incremento da tarifa correspondente en 10 veces o prezo da sesión individual de sauna.

As entidades que utilicen os pavillóns para os seus adestramentos e partidos de competición ao longo da tempada estarán obrigados a subscribir a correspondente póliza de seguro de accidentes e responsabilidade civil por danos propios e a terceiros cunha cobertura mínima de 300.000 euros presentando copia da póliza e do pagamento do último recibo no momento de facer a solicitude da instalación. Quen non o fixeran para a tempada anterior teñen de prazo até o 30 de xaneiro do ano en curso para facelo.

1.2. Pistas polideportivas municipais descubertas

1.2.1 Tarifas:

Instalación ou servizo

Tarifa base

Prezo

Pistas polideportivas municipais descubertas

Uso diúrno para adestramentos ou competición, por 1 hora

26.70

Uso nocturno para adestramentos ou competicións, por 1 hora

53.40

Maratóns, prácticas deportivas análogas e espectáculos profesionais con ánimo de lucro promovidas por particulares ou entidades sen carácter social, por día

639.80

As entidades que organicen maratóns ou espectáculos profesionais en calquera instalación municipal -pista non cuberta, piscina ou pavillón- estarán obrigadas a subscribir a correspondente póliza de seguro de responsabilidade civil por danos propios e a terceiros cunha cobertura mínima de 500.000 euros, presentando copia da correspondente póliza e copia do pagamento do último recibo no momento de facer a solicitude da instalación.

1.3.- Piscina cuberta e climatizada de Centieiras e Pavillón a Xunqueira.

As tarifas a satisfacer ao Concello pola utilización da piscina municipal cuberta e climatizada de Centieiras e pavillón de A Xunqueira axustaranse aos seguintes criterios:

1.3.1- Tarifas.

Concepto

Categorías

Total (€)

Entrada á instalación

Menores

2.15

Adultos

3.20

Maiores de 65 anos

2.55

Bono deporte 8 sesións

Menores

13.65

Adultos

20.45

Maiores de 65 anos

16.35

Bono deporte 24 sesións

Menores

35.85

Adultos

53.70

Maiores de 65 anos

45.35

Bono deporte 48 sesións

Menores

61.40

Adultos

92.10

Maiores de 65 anos

73.70

Bono deporte 96 sesións

Menores

92.10

Adultos

138.15

Maiores de 65 anos

110.50

Bono deporte 32 sesións

Familiar

59.65

Escola de natación (1 sesión cada semana, Durante 1 mes)

Menores

7.50

Adultos

11.30

Maiores de 65 anos

9.05

Especiais *(B,E,T)

12.30

Especiais Maiores de 65 anos (T)

9.85

Escola de natación (2 sesións cada semana, durante 1 mes)

Menores

15.00

Adultos

22.50

Maiores de 65 anos

18.00

Especiais (B,E,T)

24.55

Especiais Maiores de 65 anos (T)

19.65

Escola de natación (3 sesións cada semana, durante 1 mes)

Menores

22.50

Adultos

33.80

Maiores de 65 anos

27.05

Especiais (B,E,T)

36.85

Especiais Maiores de 65 anos (T)

29.50

Alugueiro de rúas en exclusiva (1 sesión )

Sociedades

16.00

* As escolas especiais (B, E, T) refírense ás escolas de bebés, embarazadas e terapéutica.

As sociedades inscritas ou que teñan solicitada a súa inscrición no rexistro municipal de entidades e os colectivos que acrediten esta condición poderán alugar, para nado libre, rúas da piscina municipal. O alugueiro hase condicionar a un máximo de dúas rúas, que non estean ocupadas por actividades programadas e queden rúas para o nado libre de persoas individuais.

As entidades que utilicen a piscina ao longo da tempada estarán obrigadas a subscribir a correspondente póliza de seguro de accidentes e responsabilidade civil por danos propios e a terceiros cunha cobertura mínima de 300.000 euros presentando copia da póliza e do pagamento do último recibo no momento de facer a solicitude da instalación. Quen non o fixeran para a tempada anterior teñen de prazo até o 30 de xaneiro do ano en curso para facelo.

O bono deporte permite ao seu posuidor a entrada ás instalacións deportivas municipais cubertas (piscina de Centieiras e Pavillón A Xunqueira) de acordo co seguinte réxime:

 ximnasio e sauna do pavillón polideportivo da Xunqueira e,

 piscina municipal para realización de baño libre, utilización do ximnasio e sauna

Cun só bono pódese acceder libremente a instalación municipal que se desexe para facer actividade física.

Os bonos regularanse polo número de usos independentemente do tempo que tarden en rematarse. As persoas que durante unha tempada non o dean esgotado poderán continuar usándoo na tempada seguinte (previo pagamento) actualizando o custo dos usos non disfrutados no caso que houbese cambio de tarifas na ordenanza fiscal.

O bono deporte poderá ser adquirido por maiores de 18 anos, baixo unha declaración xurada que están en perfectas condicións físicas para a utilización de aparatos ximnásticos.

1.4.- . Escolas deportivas no Pavillón da Xunqueira

1.4.1.- Tarifas.

Concepto

Categorías

Total

Escola deportiva + sauna adultos no Pavillón da Xunqueira (1,5 h cada semana, durante 1 mes)

Menores

5.35

Adultos

12.80

Maiores de 65 anos

10.25

Escola deportiva + sauna adultos no Pavillón da Xunqueira (2 h cada semana, durante 1 mes)

Menores

7.20

Adultos

17.05

Maiores de 65 anos

13.65

Escola deportiva + sauna adultos, no Pavillón da Xunqueira (3 h cada semana, durante 1 mes)

Menores

10.70

Adultos

25.60

Maiores de 65 anos

20.50

Escola deportiva + sauna adultos no Pavillón da Xunqueira (4 h cada Semana, durante 1 mes)

Menores

14.40

Adultos

34.10

Maiores de 65 anos

27.30

Escola deportiva + sauna adultos no Pavillón da Xunqueira (6 h cada semana, durante 1 mes)

Menores

21.40

Adultos

51.20

Maiores de 65 anos

41.00

1.5.- Escolas deportivas fóra do Pavillón da Xunqueira

1.5.1. Tarifas.

Concepto

Categorías

Total

Resto de escolas deportivas: 1,5 h cada semana, (3 cotas ao ano)

Menores

11.80

Adultos

28.40

Maiores de 65 anos

22.70

Resto de escolas deportivas: 2 h cada semana, (3 cotas ao ano)

Menores

15.70

Adultos

37.85

Maiores de 65 anos

30.30

Resto de escolas deportivas: 3 h cada semana, (3 cotas ao ano)

Menores

23.60

Adultos

56.80

Maiores de 65 anos

45.45

1.6.- Obradoiros, cursos e actividades puntuais

Deportivos

Prezo €/actividade

Tenis verán

22,80 €

Tenis Nadal

12,30 €

Piragüismo

22,80 €

Outros cursos até 6 h

6,15 €

Outros cursos até 20 h

15,40 €

Outros cursos por cada 10 h máis

6,15 €

Campamento de verán (7 días )

231,10 €

Campamento de verán (8 días)

256,75 €

Sendeirismo 1 día pola comarca

10,25 €

Sendeirismo 1 día fóra da comarca

20,55 €

Sendeirismo 2 días fóra da comarca

41.10 €

2. SERVIZOS SOCIOCULTURAIS.

2.1. Casa da Cultura

2.1.1. Tarifas.

Instalación ou servizo

Tarifa base

Prezo

Casa da Cultura

Salón de actos nunha xornada normal, por hora

22.40

Salón de actos nunha xornada extraordinaria, por hora

42.95

Salón de actos nunha xornada extraordinaria, por día

223.90

2.2. Escolas culturais

2.2.1. Tarifas.

Concepto

Categorías

Total

Escolas culturais: 1 h cada semana (3 cotas ano ano)

Menores

7,85

Adultos

18,95

Maiores de 65 anos

15.15

Escolas culturais: 2 h cada semana (3 cotas ano ano)

Menores

15,70

Adultos

37,85

Maiores de 65 anos

30,30

Escolas culturais: 3 h cada semana (3 cotas ano ano)

Menores

23.60

Adultos

56.80

Maiores de 65 anos

45,45

2.3. Cursos da Aula de Informática

2.3.1. Tarifas.

Concepto

Categorías

Total

Cursos da Aula de Informática municipal

Até 10 h

10.70

De 10 a 20 h

21.35

Máis de 20 h

64.00

2.4. Obradoiros, cursos puntuais e entradas a espectáculos culturais

2.4.1 .- Tarifas.

Culturais

Prezo €/actividade

Verán máis alá (sen transporte. 1º membro ude familiar)

66.75 €

Verán máis alá (sen transporte. a partir do 2º membro ude familiar)

35,95 €

Verán máis alá (con transporte. 1º membro ude familiar)

87.30 €

Verán máis alá (con transporte. a partir do 2º membro ude familiar)

46.20 €

Outros cursos até 6 h

6,15 €

Outros cursos até 20 h

15,40 €

Outros cursos por cada 10 h máis

6,15 €

Xornadas (inscrición normal)

6,15 €

Xornadas (inscrición parados e estudantes)

3,10 €

Espectáculos con tarifa

3,10 €

Excursións 1 día comarca de Ferrolterra

10,25 €

Excursións de 1 día fóra da comarca

20,55 €

Entradas a espectáculos concertados co IGAEM ou a Consellaría de Cultura, 1 € para pensionistas, carné xove e carne de estudante; 3 € para público en xeral.

Para outros obradoiros e cursos as tarifas hanse determinar mediante acordo do órgano correspondente garantindo que as mesmas cubran o 50% dos custos da actividade.

3. Inscricións.

No momento de efectuar a inscrición deberá ordenarse a unha entidade bancaria a domiciliación do pagamento da taxa. Agás nas Escolas e obradoiros en que poderá optarse entre a renovación do pagamento mes a mes nas instalacións do Pavillón A Xunqueira ou mediante a domiciliación bancaria.

As persoas de fóra do Concello que queiran participar nalgunha escola municipal (incluídas as da piscina) só o poderán facer no período de matriculación que se fixe.

A renovación en ocasións sucesivas de tarxetas magnéticas para o acceso e control informatizado a instalacións e actividades será de 1.30 € a partir da segunda tarxeta.

O abono familiar é unha modalidade de pagamento destinada a incentivar a participación dos membros da unidade familiar nas escolas municipais así como na adquisición do bono deporte.

Terá a consideración de abonado familiar o pai, nai, titor ou titora que poderá incluír no seu abono ao cónxuxe e fillos menores de 18 anos, ou maiores en situación de paro sempre nun número mínimo de dous membros (pai, nai, titor/a e fillo/a) e/ou actividades municipais.

As cotas para os abonados familiares hanse determinar aplicando unha redución do 20% da cota a partir da segunda actividade en que se matricule ou a partir do segundo membro da unidade familiar que o faga. A redución do 20% non se aplicará á actividade que teña a tarifa máis elevada de entre as que se matriculen os membros da unidade familiar.

No suposto de baixa na actividade con carácter previo á prestación da mesma, procederá a devolución das cotas abonadas, previa solicitude do suxeito pasivo e informe do departamento de deportes, aportando ó efecto a documentación xustificativa ( xustificante de pagamento e designación de conta bancaria).

No caso de que por motivos esxcepcionais sexa necesaio interrumpir o normal funcionamento das escolas ou cursos, a Xunta de Goberno Local ou o alcalde estarán facultados para acordar o prorrateo da cota a aplicar no período impositivo afectado.

4. Gradación de Tarifas

As tarifas establecidas neste artigo poderan graduarse en función da capacidade economica do suxeito pasivo, en atención as seguintes condicións:

4.1.- Obxeto da bonificación.

As bonificacións reguladas na presente normativa teñen como finalidade asegurar o acceso real ás prácticas deportivas e culturais das personas mais desfavorecidas economicamente, entendendo ditas prácticas como elementos que contribúen a mellorar a calidade de vida dos cidadáns e o seu desenrolo integral.

4.2.- Son considerados destinatarios/as todas aquelas personas empadronadas e con residencia efectiva no concello de Fene cuxos recursos económicos resulten insuficientes para facer frente ó custo establecido pola taxa.

4.3.- Poderán ser beneficiarios/as destas bonificacións quen reúna todos e cada un dos seguintes requisitos.

a) Estar empadronado/a no concello de Fene e ter residencia efectiva.

b) Abonar previamente o importe correspondente como compromiso fehaciente de uso.

c) Dispoñer dos recursos económicos máximos contidos no baremo do apartado 5º aceditados mediante a presentación da última declaración da renda, ou calesqueira outro documento que sinale a situación económica do solicitante.

d) Non ter débedas co concello.

Os efectos da presente axuda considerase que non se dispón de recursos suficientes cando a persona, ou no seu caso, a unidade familiar dispoña dos recursos anuais iguais ou inferiores ós contidos no baremo do apartado 5º, segundo o número de membros da unidade familiar

4.4.- Determinación dos recursos.

Para a determinación dos recursos terase en conta as seguintes condicións:

4.4.1.- Ingresos familiares: Que o conxunto dos ingresos da unidade de convivencia non superen o 170 % do S.M.I. vixente en cada momento para familias compostas por 4 ou mais membros..

Entenderase membros da unidade de convivencia todas as persoas que convivan no mesmo domicilio, haxa ou non relación de parentesco.Para o cómputo dos ingresos teranse en conta os ingresos netos, isto é, unha vez descontados dos ingresos brutos o IRPF e as cotas da seguridade social aboadas, así como os gastos de alugueiro ou amortización da vivenda, se é o caso.

4.4.2.- Rendas de capital inmobiliario e/ou mobiliario: Non poderán beneficiarse desta exención cando a/o solicitante ou calquera membro da unidade familiar sexan propietarias/os e/ou usufructarias/os de bens mobles ou inmobles que, polas súas características, valoración,posibilidade de venda ou calquera forma de explotación, indiquen, de xeito notorio, a existencia de medios mAtériais suficientes para atender ao gasto obxecto da presente exención municipal, agás a propiedade referente á vivenda destinada a uso propio, sempre que a súa valoración catastral non supere 10 anualidade do salario mínimo interprofesional vixente para cada ano.No referente á existencia de capital mobiliario, entenderanse medios económicos suficientes aos efectos da presente ordenanza, os que superen os 2.500 euros en contas de aforro ou investimento.

4.5.- Documentación a achegar.

a) Solicitude debidamente cumplimentada segundo modelo oficial.

b) Fotocopia do DNI dos membros da unidade familiar maiores de 18 anos e fotocopia das páxinas do libro de familia, no seu caso.

c) Certificado de empadronamento.

d) Xustificante dos ingresos anuales da unidade familiar: fotocopia compulada da declaración da renda do último exercicio, ou certificado de rentas no caso de non ter que presentar declaración da renta, ou calqueira outro documento que sinale a situación económica do solicitante dos 6 meses anteriores á data de solicitude (certificado de vida laboral da Seguridade Social, contratos de traballo, recibos actualizados das pensións, nóminas, ou calesqueira outro documento que acredite a situación económica de tódolos membros da unidade familiar maiores de 18 anos).

e) Xustificantes da vivenda: contrato de aluguer con aportación dos últimos 6 recibos, documentos de amortización do préstamo hipotecario sobre a vivenda, etc.

f) Certificación bancaria de xuros e retencións con indicación do saldo bancario a 31/12 do ano anterior á solicitude.

g) Familias numerosas: fotocopia do título de familia numerosa actualizado.

h) Certificación de conta bancaria.

i) Xustificante orixinal do pagamento da taxa.

4.6.- Prazo

O prazo para a presentación das solicitudes permanecerá aberto durante todo o exercicio.

4.7.-Procedemento para a resolución.

Presentada a solicitude, por parte do concello comprobarase a documentación obrante en cada solicitude e nun prazo máximo de dous meses resolverase a petición dándose traslado ós solicitantes.

No suposto de que se comprobara que non son certos os datos consignados na declaración ou se houberan ocultado outros que pudieran calificarse como esenciales, procederase a desestimar a solicitude,

Analizada a documentación presentada e unha vez emitidos os informes técnicos correspondentes, a Alcaldía dictará resolución ó respecto, na que se concretará os beneficios concedidos para o exercicio.

5.- As graduacións a que pode dar lugar a gradación da taxa en función da capacidade economica do suxeito pasivo son as seguintes:

Numero membros Unidade familia

Porcentaxe da exención

Porcentaxe do S.M.I. na unidade de convivencia

1 persoa soa en unidade de convivencia.

100 % para a 1ª actividade.

50 % para a 2ª actividade.

89 % do S.M.I.

2 persoas en unidade de convivencia.

100 % para a 1ª actividade

75 % para a 2ª actividade.

50 % para 3ª actividade

105 % S.M.I.

2 persoas en unidade de convivencia, cando1 dela sexa menor de idade ou discapacitado/a.

100 % para a 1ª actividade

75 % para a 2ª actividade

75 % para 3ª actividade.

115 % do S.M.I.

3 persoas en unidade de convivencia

75 % para a 1ª actividade

50 % para a 2ª e 3ª actividade

100 % na 1ª actividade.

75 % para a 2ª

50 % para a 3ª

150 % do S.M.I.

3 persoas en unidade de convivencia cando 1 ou 2 sexan menores de idade ou discapacitado/as

75 % para a 1ª actividade

50 % para a 2ª e 3ª actividade

100 % para a 1ª-2ª actividade e

75 % para a 3ª act.

160 % do S.M.I.

4 ou máis persoas en unidade de convivencia.

75 % para a 1ª actividade.

50 % para a 2ª e 3ª.

165 % do S.M.I.

4 ou máis persoas en unidade de convivencia cando varios sexan menores de idade e/ou discapacitados/as.

100 % para a 1ª actividade.

75 % para a 2ª actividade.

50 % para a 3ª e 4ª actividade.

170 % do S.M.I. vixente.

Artigo 6º. Concertos fiscais

Os clubs e entidades deportivas de Fene que utilicen os Pavillóns Polideportivos do Ramo e San Valentín poderán solicitar acollerse ao correspondente concerto económico. Ao abeiro deste concerto, as entidades beneficiarias dos mesmos aboarán o setenta por cento (70%) das tarifas fixadas para a utilización das citadas instalacións. O pagamento polas entidades concertadas efectuarse a ano vencido, no mes de decembro de cada exercicio, en función das horas de utilización das instalacións e das características das actividades realizadas. A aprobación dos devanditos concertos correspóndelle ao Concello Pleno previo ditame da Comisión Informativa Dinamización Social, Benestar e Igualdade.

As condicións de financiamento das Escolas incluídas nos Planos Especiais e Conveniadas coas Sociedades determinarase ao comezo de cada curso escolar.

Artigo 7º

O club de Fene que ao comezo de cada tempada milite na categoría de maior rango federativo na súa respectiva modalidade e utilice os pavillóns polideportivos do O Ramo ou A Xunqueira para adestramentos e partidos de competición poderá solicitar acollerse a un concerto económico co Concello para xestionar a publicidade estática das instalacións nas seguintes condicións:

- Club aboará ao Concello, ao remate da tempada, as cantidades que se detallan por cada anuncio que insira na instalación:

- Publicidade perimetral na pista Medidas en cms, largura e altura

Publicidade perimetral na pista Medidas en cms, largura e altura

195 x 200

2 €/anuncio/mes

200 x 85

2 €/anuncio/mes

200 x 100

4 €/anuncio/mes

- O club procederá a retirar a publicidade unha vez rematada a tempada de competición.

Artigo 8º. Bonificacións

Segundo o establecido na lexislación vixente, e previos os informes que se estimen oportunos,o órgano competente do Concello poderá outorgar bonificacións sobre o importe dos dereitos da presente tarifa relativos á utilización de instalacións deportivas e culturais, e mesmo a total condonación deles, sempre que se trate da utilización das instalacións para a celebración de actos organizados con fins benéficos ou culturais de carácter especial, entendendo por tales aqueles que gozan dunha especial relevancia para a comunidade local ou que conten con colaboración municipal.

Artigo 9º

As persoas ou entidades interesadas na obtención das bonificacións citadas no artigo anterior, presentarán a correspondente solicitude no Rexistro Xeral do Concello, acreditando suficientemente as circunstancias que xustifiquen a súa pretensión. As citadas solicitudes presentaranse cun mínimo de dez días de antelación á celebración da actividade en cuestión.

Artigo 10º. Exencións

Estarán exentos do pagamento das tarifas por utilización dos Pavillóns do Ramo e de San Valentín o Concello de Fene, os colexios públicos do concello, os partidos políticos e centrais sindicais con implantación municipal así como os órganos de representación do cadro de persoal do Concello.

Artigo 11º.

Estarán exentos do pagamento das tarifas por utilización dos ximnasios, instalacións deportivas descubertas e instalacións culturais o Concello de Fene, os colexios públicos do concello, os partidos políticos e centrais sindicais con implantación municipal, os órganos de representación do cadro de persoal do Concello e as entidades inscritas ou que solicitaran a súa inscrición no Rexistro Municipal de Asociacións.

Artigo 12º

As persoas veciñas de Fene ou que traballen no concello e acrediten esta condición nos termos que se establezan na convocatoria, terán unha redución do 34% nas tarifas do campamento de verán de 7 días de duración e do 35,6% nas do campamento de 8 días de duración.

Artigo 13º . Administración e cobranza

1. Poderase acordar o depósito previo do importe dos dereitos pola utilización das instalacións deportivas e culturais ás que se fai referencia na presente Ordenanza.

2.O período de cobro será do 13 o 26 de cada mes. Cando se trate da utilización das instalacións deportivas e culturais, as tarifas considéranse reportadas e cobradas simultaneamente coa petición das instalacións, agás no caso das entidades concertadas.

3. As licencias para utilización das instalacións deportivas, cando se trate de espectáculos non deportivos ou deportivos de carácter extraordinario, solicitaranse por medio de instancia dirixida ao Alcalde.

Artigo 14º. Tramitación

1. As solicitudes de utilización das instalacións dos Pavillóns Polideportivos do Ramo e de San Valentín así como as utilizacións especiais da Piscina de Centieiras (cursos, competicións...) presentaranse nas oficinas do Pavillón da Xunqueira.

2. As solicitudes de alugueiro de rúas nos termos e condicións establecidos na Ordenanza hanse entregar na Piscina Municipal.

3. As solicitudes de utilización das instalacións da Casa da Cultura presentaranse na Secretaría da concellería de Cultura e Ensino, en modelo oficial e cun mínimo de 72 horas de antelación

4. Unha vez concedida a autorización para a utilización das instalacións, practicarase a liquidación dos dereitos e taxas oportunas procedéndose á súa censura pola intervención municipal.

5. Os correspondentes órganos da corporación adoptarán as resolucións que procedan en canto ao outorgamento e denegación e, así mesmo, aprobarán as liquidacións dos dereitos correspondentes.

Artigo 15º. Partidas falladas

Considéranse partidas falladas ou créditos incobrábeis aquelas cotas que non se puidesen facer efectivas polo procedemento de prema. Para a súa declaración instruirase o oportuno expediente, de acordo co establecido no vixente Regulamento Xeral de Recadación.

Artigo 16º. Obriga de pagamento

As débedas por estas taxas poderán esixirse polo procedemento administrativo de prema, de acordo co establecido no vixente Regulamento Xeral de Recadación.

Artigo 17º. Infraccións e sancións

As infraccións e sancións en materia tributaria rexeranse polo disposto nos artigos 181 e seguintes da nova Lei Xeral Tributaria 58/03 de 17 de decembro e a súa normativa de desenvolvemento.

Artigo 18º. Dereito supletorio

Naqueles supostos non previstos pola presente Ordenanza, será de aplicación a lexislación vixente.

Disposición final

A presente Ordenanza, que consta de 18 artigos, entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, e será de aplicación no exercicio de 2009, agás as tarifas fixadas nos apartados 1.3,1.4, 1.5 e 2.2 do artigo 5 desta ordenanza, que serán de aplicación no curso escolar 2009/2010 permanecendo en vigor até que se acorde a súa modificación ou derogación