Arteixo - Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola ocupación da vía pública con postos para a feira semanal no concello de Arteixo

Publicación provisional: 21/11/2003 BOP Nº: 268
Publicación definitiva: 15/01/2004 BOP Nº: 11
Aplicable dende: 01/01/2008

Artigo 1.º .-Fundamento e natureza.

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 141 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 da Lei 39/88, do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa pola ocupación da vía pública con postos para a feira semanal no concello de arteixo, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, atendendo súas normas ó disposto no artigo 38 da citada Lei 39/88.

Artigo 2.º .-Feito imponible.

Constitúe o feito imponible da presente taxa a ocupación da vía pública con postos e barracas con motivo da celebración da Feira semanal no Concello de Arteixo.

Artigo 3.º .-Suxeito pasivo

Son suxeitos pasivos, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas, xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria e 23 da Lei 39/88, do 28 de decembro, a favor de quen se outorguen as autorizacións para realiza-la utilización privativa ou aproveitamento especial ou quen se beneficie ou realice os aproveitamentos, se se procedeu sen a oportuna autorización.

Artigo 4.º .-Responsables.

1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo toda-las persoas que sexan causantes ou colaboren na realización dunha infracción tributaria, así como os coparticipes ou cotitulares das Entidades recollidas no artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, que responderán solidariamente en proporción ás súas respectivas participacións das obrigas tributarias da entidade.

2. Serán responsables subsidiarios ós administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.

Artigo 5.º .-Base Imponible.

Tomarase como base para determina-la cota tributaria da presente taxa, a superficie da ocupación expresada en metros lineais.

Artigo 6. Cota tributaria.

A cota tributaria estabelecese en 0,45 € semanais por cada metro lineal

Artigo 7.º .-Período impositivo e devengo.

O período impositivo coincidira, para os postos con autorización, co mes natural, devengándose a taxa o primeiro día do período impositivo, sendo as cotas irreductibles polo período impositivo.

O período impositivo coincidira, para os postos sen autorización, coa semana natural, devengándose o día da feira municipal, sendo as cotas irreductibles polo período impositivo.

Artigo 8.º .-Normas de xestión.

1. As licencias serán de carácter anual e renovables automaticamente, agás nos casos de extinción das mesmas ou de petición formulada polo interesado sobre tal extremo, que en todo caso deberá ser realizada cun mes de antelación.

2. As condicións dos titulares das licencias e a transmisión destas regularase segundo o disposto no Regulamento da Feira.

3. Coas solicitudes de licencia achegarase a documentación esixida no Regulamento da Feira , quen , logo do seu exame, resolverá, notificando á mesma ó peticionario da mesma. A denegación das licencias deberá ser sempre motivada.

4. O pagamento da taxa farase, para os postos con licencia municipal, mensualmente, segundo o correspondente padrón, confeccionado a tal fin, na derradeira feira do mes. Para os postos sen licencia, o pagamento farase semanalmente, o día da feira, no momento da ocupación do dominio público local.

5. A efecto do pagamento desta taxa, polo Concello pleno nomearase a un ou varios cobradores habilitados, que efectuaran o cobramento segundo recibos ou "tickets" confeccionados ó efecto, debendo os mesmos rendi-las contas ó tesoureiro municipal no seguinte día hábil posterior á celebración da feira.

Artigo 9.º .-Infraccións e sancións.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.

Disposición  adicional

A tarifa anterior incrementarase anualmente no IPC

Disposición final.

A presente ordenanza foi aprobada polo Concello Pleno en sesión celebrada o día 6 de novembro de 1998.
Foi modificada segundo acordos do Concello Pleno o día 6 de setembro de 2001, 26 de setembro de 2002, 30 de outubro de 2003 e 30 de xuño de 2005.
A presente modificación foi aprobada polo Concello Pleno en sesión celebrada o día 27 de setembro de 2007, entrando en vigor, logo da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, o día 1 de xaneiro de 2008, permanecendo en vigor até a súa modificación ou derrogación expresas.