Arteixo - Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola ocupación da vía pública con postos para a feira semanal no concello de Arteixo

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 10/09/2020 BOP Nº: 149
Aplicable dende: 10/09/2020

ARTIGO 1. Fundamento e natureza

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 141 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 da Lei 39/88, de 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a TAXA POLA OCUPACIÓN DA VÍA PÚBLICA CON POSTOS PARA A FEIRA SEMANAL NO CONCELLO DE ARTEIXO, que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal, atendendo as súas normas ó disposto no artigo 38 da citada Lei 39/88.

ARTIGO 2. Feito Impoñible

Constitúe o feito impoñible da presente taxa a ocupación da vía pública con postos e barracas con motivo da celebración da Feira semanal no Concello de Arteixo.

ARTIGO 3. Suxeito pasivo

Son suxeitos pasivos, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas, xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria e 23 da Lei 39/88, de 28 de decembro, a favor de quen se outorguen as autorizacións para realizar a utilización privativa ou aproveitamento especial ou quen se beneficie ou realice os aproveitamentos, se se procedeu sen a oportuna autorización.

ARTIGO 4. Responsables

1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo tódalas persoas que sexan causantes ou colaboren na realización dunha infracción tributaria, así como os coparticipes ou cotitulares das Entidades recollidas no artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, que responderán solidariamente en proporción ás súas respectivas participacións das obrigas tributarias da Entidade.

2. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.

ARTIGO 5. Base Impoñible

Tomarase como base para determinar a cota tributaria da presente taxa, a superficie da ocupación expresada en metros lineais.

ARTIGO 6. Cota tributaria

A cota tributaria establécese en 0,45 € semanais por cada metro lineal.

ARTIGO 7. Período impositivo e devengo

O período impositivo coincidirá, para os postos con autorización, co ano natural. A taxa devengarase o primeiro día do período impositivo. Cando se trate de novas autorizacións, o período impositivo coincidirá co primeiro día do trimestre natural no que se conceda a autorización.

O período impositivo coincidira, para os postos sen autorización, coa semana natural, devengándose o día da feira municipal, sendo as cotas irredutibles polo período impositivo.

ARTIGO 8. Normas de xestión

1. As licencias serán de carácter anual e renovables automaticamente, agás nos casos de extinción das mesmas ou de petición formulada polo interesado sobre tal extremo, que en todo caso deberá ser realizada con un mes de antelación.

2. As condicións dos titulares das licencias e a transmisión destas regularase segundo o disposto no Regulamento da Feira.

3. Coas solicitudes de licenza achegarase a documentación esixida no Regulamento da Feira , quen , logo do seu exame, resolverá, notificando á mesma ó peticionario da mesma. A denegación das licencias deberá ser sempre motivada.

4. Tódalas licenzas concedidas serán consignadas nun Padrón que será elaborado anualmente. Para a determinación dos períodos de cobro, dito Padrón anual fraccionarase en duas cotas semestrais.

Para os postos con licenza, esta entenderase prorrogada automaticamente, até que a baixa sexa solicitada polo interesado ou ben sexa declarada a súa caducidade.

As baixas producirán efectos a partir do trimestre seguinte a aquel en que se solicite, que de non solicitarse serguirá devengando a taxa.

Para os postos sen licenza, o pago farase semanalmente, o día da feira, no momento da ocupación do dominio público local.

5. A efecto do pagamento desta taxa, polo Concello Pleno nomearase a un ou varios cobradores habilitados, que efectuaran o cobro segundo recibos ou tíckets confeccionados ó efecto, debendo os mesmos render contas ó Tesoureiro municipal no seguinte día hábil posterior á celebración da feira.

ARTIGO 9. Infraccións e sancións

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.

Disposición adicional

A tarifa anterior incrementarase anualmente no IPC.

Disposición transitoria

Suspéndese a aplicación do importe da taxa aplicable regulada no artigo 6 da presente Ordenanza durante o periodo comprendido entre o día 1 de xaneiro ata o 31 de decembro do 2020, co fin de afrontar os efectos da crise económica creada pola propagación do COVID-19,que deu lugar á declaración do estado de alarma mediante Real Decreto 463/2020.

Disposición final

A presente ordenanza foi aprobada polo Concello Pleno en sesión celebrada o día seis de novembro de 2008.

Foi modificada segundo acordos do Concello Pleno o día seis de setembro de 2001, 26 de setembro de 2002, 30 de outubro de 2003, 30 de xuño de 2005, 26 de setembro de 2007 e 30 de setembro de 2010.

A presente modificación foi aprobada polo Concello Pleno en sesión celebrada o día 25 de xuño de 2020, entrando en vigor, logo da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor até a súa modificación ou derrogación expresas.