Irixoa - Taxa do subministro municipal domiciliario de auga potable
Artigo 1.º .-Fundamento e natureza
Establécese a presente taxa pública en base á seguinte normativa aplicable:
- Artigos 133.2 e 142 da Constitución Española de 1978.
- Artigos 2.2.l e 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.
- Artigos 15-19, 20.4.t, 58 e demais concordantes da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais.
Artigo 2.º .-Feito impoñible
O feito impoñible realízase mediante a prestación do servicio de subministro domiciliario de auga potable, con independencia de que sexa ou non utilizado polo usuario. O servicio poderá prestarse de xeito directo ou indirecto.
Artigo 3.º .-Suxeitos pasivos
1. Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas, físicas, xurídicas ou entidades do artigo 33 LGT, que sexan usuarias deste servicio, ou que resulten especificamente beneficiadas por este.
2. Terán a consideración de suxeitos pasivos substitutos dos contribuíntes o propietario de vivendas ou locais, os cales poderán repercutir, no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os respectivos beneficiarios finais do servicio.
Artigo 4.º .-Responsables
1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas referidas nos artigos 38.2 e 39 da LGT.
2. Serán responsables subsidiarios os administradores de sociedades, síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concurso e entidades en xeral, nos supostos e co alcance previsto no artigo 40 da LGT.
Artigo 5.º .-Exencións e bonificacións
Non se contempla ningún tipo de exención, reducción nin bonificación, agás no caso de funcionamento anormal do servicio por un tempo superior a 48 horas continuadas; neste caso reduciranse, segundo a gravidade da anormalidade, as cotas ata nun 10% por cada episodio.
Artigo 6.º .-Cota tributaria
A presente taxa determinará a súa cota mediante o seguinte cadro:
1. Tramo de consumo ata 180 m3/semestre (funciona como mínimo de liquidación):
a) Vivendas ou explotación agropecuarias: 22,00 euros.
b) Resto de locais e explotacións: 30,00 euros.
2. Tramo de consumo de 180 m3/semestre en adiante:
a) Vivendas ou explotacións agropecuarias: 0,5 euros/m3.
b) Resto de locais e explotacións: 0,6 euros/m3.
3. Cota de conexión: 30,00 euros.
En caso de coincidencia de varios usos no mesmo local ou edificio computarase como uso o de tarifa máis alta.
Sobre estas taxas aplicaranse os correspondentes tributos obrigatorios de consumo: IVE, etc.
Artigo 7.º .-Período impositivo e devengo.
1. O período impositivo no caso de liquidación de consumo será o semestre natural, devengándose o ultimo día deste. No caso de altas e baixas o devengo será cando se acorden administrativamente estas.
2. A taxa mínima semestral ten un carácter de irreductible, polo que non se poderán facer prorrateos, aínda no caso de alta ou baixa no servicio que supoñan un tempo sen uso deste.
3. A alta no servicio do abastecemento domiciliario supón a correlativa inclusión no padrón fiscal da taxa, con independencia do seu uso ou non.
4. A baixa no servicio, e polo tanto no padrón fiscal, só se poderá adoptar cando quede plenamente garantida a imposibilidade de utilización do servicio.
Artigo 8.º .-Liquidación e recadación
1. O período voluntario de cobranza será de dous meses dende a data de posta ó cobro dos recibos, a cal deberá publicarse convenientemente, sen prexuízo da comunicación por correo cando fose posible. En caso de dúbida o período voluntario empezará a contarse no primeiro día do 2.º mes seguinte ó do período de liquidación. No caso de altas e baixas a recadación será por ingreso directo trala aprobación da liquidación.
2. A débeda será esixida polo procedemento de constrinximento unha vez rematado o período voluntario e que non fose aboada.
Artigo 9.º .-Infraccións e sancións
Para a cualificación de infraccións e sancións por incumprimentos relativos á presente ordenanza estarase ó disposto nos artigos 77-89 da LGT, e demais concordantes.
Disposición final
A presente ordenanza entrará en vigor unha vez publicada integramente no Boletín Oficial da Provincia, ademais de transcorrido o prazo do artigo 70.2, en relación co artigo 65.2 da Lei reguladora das bases de réxime local; será de plena aplicación a partir do semestre seguinte ó de entrada en vigor, permanecendo en vigor indefinidamente ata a súa modificación ou derrogación.