Padrón - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DE LA TASA POR EXPEDICIÓN DE DOCUMENTOS ADMINISTRATIVOS

Publicación provisional: 19/11/2003 BOP Nº: 266
Publicación definitiva: 30/12/2003 BOP Nº: 298
Aplicable dende: 23/01/2008

Artigo 1.- FUNDAMENTO E NATUREZA

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo art. 106 da Lei 7/85, reguladora das Bases de Réxime Local, este Concello establece a taxa por expedición de documentos administrativos a que se refire o art. 20.4 a) do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo, que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal, cuxas normas atenden ó disposto nos artigos 20 e 57 do citado TRLRFL.

Artigo 2.- FEITO IMPOÑIBLE

Constitúe o feito impoñible a actividade municipal administrativa realizada para a tramitación, a instancia de parte, de documentos que expida e de expedientes dos que entenda a Administración ou as autoridades municipais e que especificamente se sinalan nesta Ordenanza.
A estes efectos entenderase tramitada a instancia de parte calquera documentación administrativa que sexa provocada polo particular ou lle beneficie aínda que non o solicitara.

Artigo 3.- SUXEITOS PASIVOS

Son suxeitos pasivos da taxa en concepto de contribuíntes as persoas naturais ou xurídicas e as Entidades ás que se refire o art. 35.4 da Lei Xeral Tributaria que soliciten, provoquen ou no seu interese se realice a expedición de documento ou a tramitación do expediente.

Artigo 4.- RESPONSABLES

Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas e xurídicas ás que se refire o artigo 42 da Lei 58/2003 de 17 de Decembro, Xeral Tributaria.
Serán responsables subsidiarios as persoas ou entidades ás que se refire o artigo 43 da Lei Xeral Tributaria.

Artigo 5.- BASE IMPOÑIBLE

Constitúe a base impoñible da presente exacción a natureza dos expedientes a tramitar e documentos a expedir.

Artigo 6.- CUOTA TRIBUTARIA

A cota tributaria determinarase por unha cantidade fixa sinalada segundo a natureza dos documentos e expedientes a tramitar e de acordo co seguinte cadro de tarifas:
♦ Certificados relativos ó censo de poboación: 1,23 euros.
♦ Certificados e informes urbanísticos de todo tipo: 6,16 euros.
♦ Tramitación de solicitudes para participar en procesos de selección de persoal ó servicio da Administración Local:
Grupos A y B: 31,32 euros
Grupos C, D y E: 15,44 euros
Laborais: 15,44euros
♦ Copias de expedientes administrativos para os interesados no procedemento: 1,03 euros por expediente, sempre que se solicite a copia de máis dun documento.
♦ Copias de planeamento e Normas Urbanísticas, aprobados definitivamente ou en tramitación: 24,65 euros, sempre que se solicite a copia de máis dun documento.
♦ Tramitación de solicitudes para a obtención e renovación da tarxeta de residente na zona peonil: 11,30 euros.

Artigo 7.- EXENCIONS E BONIFICACIONS

Estarán exentos do pago os expedientes tramitados a instancia dos servicios sociais do Concello.

Artigo 8.- DEVENGO

A presente taxa devengase cando se inicie a prestación do servicio, coa incoación do oportuno expediente, a solicitude do interesado ou de oficio pola propia Administración.

Artigo 9.- NORMAS DE XESTION

A taxa esixirase en réxime de liquidación practicada polo procedemento de cuño municipal impreso mecanicamente no escrito de solicitude de tramitación do expediente ou no certificado emitido ou mediante liquidación practicada polos servicios económicos do Concello, debéndose ingresar neste caso a débeda tributaria resultante na Tesourería municipal ou nas entidades bancarias autorizadas.
Os escritos recibidos por correo, segundo o previsto no art. 38.4 c) da Lei 30/92 de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común, que non veñan acompañados do importe da taxa, serán admitidos provisionalmente pero non poderán tramitarse sen a previa emenda da deficiencia.

Artigo 10.- INFRACCIONS E SANCIONS

Para todo o relativo á cualificación das infraccións tributarias e á imposición das sancións correspondentes, estarase o disposto nos art.s. 183 e seguintes da L.X.T.

DISPOSICION FINAL

A modificación da presente Ordenanza fiscal, que foi aprobada polo Pleno deste Concello en sesión celebrada o 12 de Novembro de 2007, entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, e será de aplicación ata que se acorde a súa modificación ou derogación expresa.
PUBLICACIÓN TEXTO ÍNTEGRO: B.O.P. núm. 298, do 30 de Decembro de 2003.
PUBLICACIÓN TEXTO ÍNTEGRO MODIFICACIÓN ART. 6: B.O.P. núm. 267, do 21 de Novembro de 2006.