Vilarmaior - Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servicio da Piscina Municipal
Artigo 1.-Fundamento e natureza.
No uso das facultades conferidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 27 e 58 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, modificada pola Lei 25/1988, do 13 de xullo, de modificación do réxime legal das taxas estatais e locais e de reordenación das prestacións patrimoniais de carácter público, este Concello establece a taxa pola prestación do servicio da piscina municipal, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal que atende ó previsto nos artigo 20 a 27 da devandita Lei 39/1988.
Artigo 2.-Feito imponible.
De acordo co previsto nos artigos 58 e 20.1.4.o) da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, constitúe o feito imponible desta taxa a prestación do servicio da piscina municipal e realización de actividades deportivas na piscina municipal.
Artigo 3.-Suxeitos pasivos.
Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas, así como as entidades ás que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, que soliciten ou resulten beneficiadas dos servicios ou actividades prestadas ou realizadas polo Concello na piscina municipal.
Artigo 4.-Responsables.
Serán responsables solidariamente, das obrigas tributarias do suxeito pasivo establecidas nesta ordenanza, as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 5.-Cota tributaria.
A cota tributaria, consistirá nunha cantidade fixa, expresada no apartado seguinte.
5.1.-Abonados:
5.1.1.-Abono individual tempada (persoa con menos de 18 anos): 14 euros.
5.1.2.-Abono individual tempada (a partir 18 anos): 20 euros.
5.1.3.-Abono familiar tempada (será necesario xustificar mediante certificado expedido por organismo público competente, perante o Concello de Vilarmaior, a unidade familiar, persoas que unidas por un vínculo de parentesco vivan no mesmo domicilio): 32 euros.
5.2.-Non abonados:
Entrada:
5.2.1.-Persoas menores de 18 anos: 1,20 euros.
5.2.2.-Persoas a partir de 18 anos: 2,40 euros.
5.3.-Cursos de natación:
5.3.1.-Abonados: 6,01 euros.
5.3.2.-Non abonados: 12,02 euros.
Esta modificación será de aplicación desde a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e transcorrido o prazo previsto no artigo 65.2 da Lei 7/1985.
Artigo 6.-Retribución.
A taxa retribuirase no intre en que se inicie a prestación dos servicios ou actividades especificadas no artigo anterior.
O pagamento da taxa efectuarase no momento de entrar no recinto da piscina, de solicita-lo abono ou no acto de formaliza-la inscrición a un curso.
Os abonos emitiranse polo Concello previa solicitude, e serán persoais e intransferibles.
Artigo 7.-Exencións e bonificacións.
Estará exceptuada do pagamento, a utilización da piscina con motivo de competicións organizadas por iniciativa do Concello ou patrocinadas polo Concello, previa resolución do alcalde-presidente.
Artigo 8.-Infraccións e sancións.
No tocante á cualificación de infraccións tributarias, así como á determinación das sancións que correspondan, aplicarase o disposto na Lei Xeral Tributaria, artigos 77 a 89, de acordo co establecido no artigo 11 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais.
Disposición final.
A presente ordenanza fiscal, que consta de oito artigos, foi aprobada polo Pleno do Concello en sesión celebrada o día 29 de abril de 1999, e entrará en vigor o día da súa publicación íntegra no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.