Culleredo - Ordenanza fiscal nº7 Taxa por autorizacións administrativas de vehículos de aluguer
Artigo 1. Feito impoñible
Constitúe o feito impoñible a actividade municipal desenvolvida con motivo da prestación dos servizos que en relación coas licenzas de autotaxis e demais vehículos de aluguer, se sinalan:
a) Concesión e expedición de licenzas.
b) Autorización para transmisión de licenzas, cando proceda o seu outorgamento.
c) Autorización para substitución de vehículos afectos a licenzas, ben sexa este cambio voluntario ou por imposición legal.
d) Revisión ordinaria ou extraordinaria dos vehículos.
Permiso municipal de conducir. Entenderase prestado o servizo cando se practique a correspondente proba, aínda que se denegara a súa concesión por falla de aptitude do interesado
Artigo 2. Suxeito pasivo
Son suxeitos pasivos as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que a normativa tributaria impón o cumprimento de obrigas tributarias, que soliciten, provoquen o no interese das que redunde a tramitación do documento ou expediente de que se trate
Artigo 3. Cota Tributaria
Concesión e expedición de licenzas de autotaxis | 6.500,00 € |
Concesión e expedición de Licenzas de Servizos Públicos de Transporte Lixeiro e Vehículos de carga | 735,64 € |
Transmisións de Licenzas entre vivos | 6.500,00 € |
Transmisións de Licenzas por causa de morte | 2.726,08 € |
Substitución de Vehículos | 52,79 € |
Revisión vehículos | 114,82 € |
Permiso municipal de condutor | 30,71 € |
Artigo 4. Devengo
Devéngase a taxa no momento en que se outorgue a licenza ou se presten os restantes servizos previstos nesta ordenanza.
Artigo 5. Xestión
1. A taxa esixirase en réxime de autoliquidación. O pagamento da autoliquidación deberá ser efectuado con antelación á retirada da licenza ou documento acreditativo dos servizos realizados.
2. A prestación dos servizos previstos nesta ordenanza, a excepción da revisión de vehículos, solicitarase por medio de instancia dirixida a Alcaldía, achegando os documentos que, en cada caso sexan esixibles.
3. A revisión dos vehículos practicarase de oficio e con carácter anual por parte dos servizos técnicos municipais nas datas que se determine.
Disposición final
A imposición deste tributo foi acordada en sesión plenaria celebrada o día 27/10/1998. A presente Ordenanza Fiscal foi aprobada en sesión plenaria celebrada o día 27/10/1998, sendo modificada posteriormente en sesións plenarias celebradas os días 26/10/1999, 07/11/2000, 27/11/2001, 29/10/2002 e 28/10/2003. A presente modificación foi aprobada en sesión plenaria de 26/10/2004. Entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia. Comezará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 2005, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa