Culleredo - Ordenanza fiscal núm. 7, reguladora da taxa por autorizacións administrativas de vehículos de aluguer

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 04/12/2008 BOP Nº: 280
Aplicable dende: 01/01/2009

Artigo 1. Feito impoñible

Constitúe o feito impoñible a actividade municipal desenvolvida con motivo da prestación dos servizos que en relación coas licenzas de autotaxis e demais vehículos de aluguer, se sinalan:

a)      Concesión e expedición de licenzas.

b)      Autorización para transmisión de licenzas, cando proceda o seu outorgamento.

c)       Autorización para substitución de vehículos afectos a licenzas, ben sexa este cambio voluntario ou por imposición legal.

d)      Revisión ordinaria ou extraordinaria dos vehículos.

Permiso municipal de conducir. Entenderase prestado o servizo cando se practique a correspondente proba, aínda que se denegara a súa concesión por falla de aptitude do interesado

Artigo 2. Suxeito pasivo

Son suxeitos pasivos as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que a normativa tributaria impón o cumprimento de obrigas tributarias, que soliciten, provoquen o no interese das que redunde a tramitación do documento ou expediente de que se trate

Artigo 3. Cota Tributaria

A cota tributaria determinarase por unha cantidade fixa sinalada segundo a natureza dos documentos ou expedientes a tramitar, de acordo coas seguintes tarifas:
 
Euros
Concesión e expedición de licenzas de autotaxis
6.825,00
Concesión e expedición de licenzas de servizos públicos de transporte lixeiro e vehículos de carga
772,42
Transmisións de licenzas entre vivos
6.825,00
Transmisións de licenzas por causa de morte
2.862,38
Substitución de vehículos
55,43
Revisión vehículos
120,56
Permiso municipal de condutor
32,25

Artigo 4. Devengo

Devéngase a taxa no momento en que se outorgue a licenza ou se presten os restantes servizos previstos nesta ordenanza.

Artigo 5. Xestión

1.       A taxa esixirase en réxime de autoliquidación. O pagamento da autoliquidación deberá ser efectuado con antelación á retirada da licenza ou documento acreditativo dos servizos realizados.

2.       A prestación dos servizos previstos nesta ordenanza, a excepción da revisión de vehículos, solicitarase por medio de instancia dirixida a Alcaldía, achegando os documentos que, en cada caso sexan esixibles.

3.       A revisión dos vehículos practicarase de oficio e con carácter anual por parte dos servizos técnicos municipais nas datas que se determine.

Disposición final

A imposición deste tributo foi acordada en sesión plenaria celebrada o día 27/10/1998. A presente Ordenanza Fiscal foi aprobada en sesión plenaria celebrada o día 27/10/1998, sendo modificada posteriormente en sesións plenarias celebradas os días 26/10/1999, 07/11/2000, 27/11/2001, 29/10/2002 e 28/10/2003. A presente modificación foi aprobada en sesión plenaria de 26/10/2004. Entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia. Comezará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 2005, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa