Laracha A - Ordenanza fiscal nº 4, reguladora da taxa pola concesión de licenzas de apertura de establecementos
Artigo 1º. - Fundamento e Réxime
En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real Decreto Lexislativo 2/2004 polo que se aproba o Texto Refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, o Concello de A Laracha establece a "Taxa por expedición de licencias de apertura de establecementos".
Artigo 2º. - Feito Impoñible.
Constitúe o feito impoñible da Taxa a actividade municipal, tanto técnica como administrativa, tendente a unificar se os establecementos industriais e mercantís reúnen as condicións de tranquilidade, sanidade e salubridade e calquera outra esixida polas correspondentes Ordenanzas e Regulamentos Municipais ou Xerais para o seu normal funcionamento, como presuposto necesario e previo para o outorgamento por este Concello da licencia de apertura a que se refire o artigo 22 do Regulamento de Servicios das Corporacións Locais.
A tal efecto, terá a consideración de apertura:
a) A instalación por vez primeira do establecemento para dar comezo ás súas actividades.
b) A variación ou ampliación da actividade desenrolada no establecemento, aínda que continúe o mesmo titular.
c) A ampliación do establecemento e calquera alteración que se leve a cabo neste e que afecte ás condicións sinaladas no número 1 deste artigo, esixindo nova verificación das mesmas.
Entenderase por establecemento industrial ou mercantil toda edificación habitable, esté ou non aberta ó público, que non se destine exclusivamente a vivenda, e que:
a) Se dedique ó exercicio dalgunha actividade empresarial fabril, artesá, da construcción, comercial e de servicios que esté suxeita ó Imposto Sobre Actividades Económicas.
b) Aínda sen desenrolarse aquelas actividades serven de auxilio ou complemento para as mesmas, ou teñan relación con elas en forma que lles proporcionen beneficios ou aproveitamento, como, por exemplo, sedes sociais, axencias, delegacións ou sucursais de Entidades Xurídicas, escritorios, oficinas, despachos ou estudios.
Artigo 3º. - Suxeito Pasivo
Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as Entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, titulares da actividade que se pretende desenrolar ou, no seu caso, se desenrole en calquera establecemento industrial ou mercantil.
Artigo 4º. - Responsables
O réxime de responsabilidades axustarase ó previsto nos artigos 41 a 43 da Lei 58/2003 Xeral Tributaria
Artigo 5º. - Base impoñible
Artigo 6º. - Cota tributaria
1.- A cota tributaria será a resultante de aplica-las seguintes porcentaxes:
a) Establecementos con actividades que estén catalogadas no Reglamento de Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas ou Perigosas, o importe resultante de aplicar o 250% sobre a cota mínima municipal do IAE.
b) Os demais establecementos mercantís, industriais e comerciais non comprendidos no apartado anterior, o 225% da cota mínima municipal do IAE.
c) Actividades gandeiras independentes, suxeitas ó RAMINP, os dereitos de expedición da licencia serán de 15 euros.
2. - A cota tributaria esixirase por unidade de local.
3.- O cambio na titularidade do negocio por calquera motivo, incluído o traspaso, percibirá unha taxa por importe de 60 euros, que recaerá sobre o novo titular, e que deberá abonar no momento en que se produza a alta, en que deberá de acompañar o proxecto técnico correspondente e a alta do IAE, no seu caso.
Artigo 8º. - Devengo
Devengarase a Taxa e nacera a obriga de contribuír cando se inicie a actividade municipal que constitúe o feito impoñible. A estes efectos, entenderase iniciada dita actividade na data de presentación da oportuna solicitude da licencia de apertura, se o suxeito pasivo formulase expresamente esta.
Cando a apertura tivera lugar sen obter a oportuna licencia, a Taxa devengarase cando se inicie efectivamente a actividade municipal conducente a determinar se o establecemento reúne ou non as condicións esixibles, con independencia da iniciación do expediente administrativo que poida instruírse para autoriza-la apertura do establecemento ou decretar o seu peche, se non fora autorizable dita apertura.
A obriga de contribuír, unha vez nacida, non se verá afectada, en modo algún, pola denegación da licencia solicitada ou pola concesión desta condicionada á modificación das condicións do establecemento, nin pola renuncia ou desistimento do solicitante unha vez concedida a licencia.
Artigo 9º. - Declaración
As persoas interesadas na obtención dunha licencia de apertura de establecemento industrial ou mercantil presentarán previamente, no Rexistro Xeral, a oportuna solicitude, con especificación da actividade ou actividades a desenrolar no local, acompañada do contrato de alugamento ou título de adquisición do local, indicando neste último caso se o local non tivese asignado valor catastral, o prezo de adquisición ou o custo de construcción do mesmo, no seu caso.
Se despois de formulada a solicitude de licencia de apertura se variase ou ampliase a actividade a desenrolar no establecemento, ou se alterasen as condicións proxectadas por tal establecemento ou ben se ampliase o local inicialmente previsto, estas modificacións terán que poñerse en coñecemento da Administración Municipal co mesmo detalle e alcance que se esixen na declaración prevista no número anterior
Artigo10º. - Liquidación e ingreso
Finalizada a actividade municipal e unha vez dictada a Resolución Municipal que proceda sobre a licencia de apertura, practicarase a liquidación correspondente pola Taxa, que será notificada ó suxeito pasivo para o seu ingreso directo nas Arcas Municipais utilizando os medios de pago e os prazos que sinala o Regulamento de Recadación.