Irixoa - ORDENANZA FISCAL Nº 4 DA TAXA POLA CONCESIÓN DE LIZENZAS URBANÍSTICAS

Publicación provisional: 29/11/1989 BOP Nº: 00
Publicación definitiva: 29/11/1989 BOP Nº: 00
Aplicable dende: 01/01/2002

Artigo 1º-Fundamento e natureza

No uso das faculdades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985 de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 da Lei 39/1988, de 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, este concello establece a ¿Taxa por Licenzas Urbanísticas", que se rexirá pola presente Ordenanza Fiscal, cuxas normas atenden ao prevido no artigo 58 da citada 39/1988.

Artigo 2º-Feito impoñíbel

1. Constitúe o feito impoñíbel da Taxa a actividade municipal, técnica e administrativa, tendente a verificar se os actos de esdificación e uso do solo a que se refire o artigo 178 da Lei sobre Réxime do Solo e Ordenación Urbana, Texto Refundido aprobado por Real Decreto 1346/1976, de 9 de abril, e que haiban de realizarse no termo municipal, axústanse as normas urbanísticas, de edificación e policía previstas na citada

 Lei do Solo, así como na Lei 11/1985, de 22 de agosto, de adaptación da do solo a Galicia e normas urbanísticas aplicábeis neste Concello.

            2. Non estarán suxeitas a esta Taxa as obrsa de mero ornato, conservación e reparación que se realicen no interior das vivendas,

Artigo 3º-Suxeito pasivo

1. Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, que sexan propietarios dos inmóbeis nos que se realicen as construcións ou instalacións ou se executen as obras,

2. En todo caso, terán a condición de substitutos do contribuínte os construtores e contratistas das obras.

Artigo 4º-Responsábeis

1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.

2. Serán responsábeis subsidiarios os administradores das Sociedades e dos síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que se sinala no artigo 40 da Lei Xeral Tributaria

Artigo 5º-Base impoñíbel

1. Constitúe a base impoñíbel da Taxa: o coste real da obra, construción ou instalación suxeita a licenza. Fundamentalmente serán obxecto de licenza as seguintes obras:

Actos suxeitos a licenza                                     Base obxecto de gravame

SERVIZOS URBANÍSTICOS..........................................NÚMERO DE SERVIZOS

OBRAS DE NOVA PRANTA...........................................SUPERFICIE EXPRESADA EN M2

OBRAS DE REFORMA OU RECONSTRUCIÓN............SUPERFICIE EN M2

OBRAS DE DEMOLICIÓN...............................................SUPERFICIE EN M2

INSTALACIÓNS EN XERAL..........................................POTENCIA DOS APARATOS OU

                                                                                  NÚMERO DOS MESMOS

OBRAS DE PARTICULARES NA VÍA PÚBLICA...........M1.M2.UDS.

PECHES DE FINCAS....................................................LONXITUDE EN M1.

POZOS PARA A CAPTACIÓN DE AUGA.....................UD.

Artigo 6º.- Cota tributaria.

As cotas tributarias son as seguintes:

1.º .-Informes técnicos e servicios urbanísticos:

1. Por licencia planeada sobre o terreo: 9 euros.

2. Informe sobre réxime urbanístico de terreo, por unidade catastral: 6 euros.

2.º .-Obras ordinarias (nova planta, reforma, reconstrucción, demolición, escavación, etc.):

1. Con tramitación íntegra no Concello: 10 euros.

2. Con trámites de informe ou autorización fóra do Concello: 30 euros.

(Os anuncios en periódicos non oficiais serán por conta do solicitante).

3.º .-Obras de cerrado de terreos:

1. Por solicitude e terreo catastral: 15 euros.

4.º .-Pozos e fosas sépticas:

1. Por solicitude: 10 euros.

5.º .-Autorización de segregación de terreos:

1. por operación conxunta: 6 euros.

(Aínda que comporte varias segregacións, agrupacións, etc.)

Artigo 7º-Exencións e bonificacións

Non se concederá exención nin bonificación ningunha na exacción da Taxa.

Artigo 8º-Devengo

1. Devéngase a Taxa e nace a obriga de contribuír cando se empece a actividade municipal que constitúe o seu feito impoñíbel. A estes efectos, entenderase comezada dita actividade na data de presentación da oportuna solicitude da licenza urbanística, se o suxeito pasivo formulase expresamente esta.

2. Cando as obras fosen comezadas ou executadas sen obter primeiramente a oportuna licenza, a Taxa devengarase cando se comece efectivamente a actividade municipal conducente a determinar se a obraestión é ou non autorizábel, con independencia da iniciación do expediente administrativo que poida instruírse para a autorización desas obras ou a súa demolición se non fosen autorizábeis.

3. A obriga de contribuír, unha vez nada, non se verá afectada en modo ningún pola denegación da licenza solicitada ou pola concesión desta condicionada á modificación do proxecto presentado, nin pola renuncia ou desistimento do solicitante unha vez concedida a licenza.

Artigo 9º-Normas de xestión

1. DOCUMENTACIÓN:

1.1. As persoas interesadas na obtención dunha licenza de obras presentarán. Previamente, no Rexistro Xeral, a oportuna solicitude, acompañada do certificado visasdo polo Colexio Oficial respectivo, con especificación detallada da natureza da obra e lugar de emplazamento, na que se faga constar o importe estimado da obra, medicións e o destino do edificio. Os interesados na obtención dunha licnza de obras de nova prante destinada a usos agrícolas, gandeiros ou industriais deberán acreditar con documentación idónea, licenza fiscal, alta no Réxime Especial da Seguridade Social Agraria, etc. o destino do uso referido,

1.2. Cando se trate de licenza para aqueles actos nos que non sexa exixíbel a formulación do proxecto subscrito por técnico competente, á solicitude acompañarase un Presuposto das obras a realizar, así como unha descrición detallada da superficie afectada, número de departamentos, materiais a empregar e , en xeral, das características da obra ou acto cuxoa datos permitan comprobar o caste de aqueles. En todo caso exixirase Proxecto Técnico visado polo Colexio Oficial, cando se trate de obras de nova pranta destinadas a vivenda ou a outro tipo de construción de superficie superior a 60 m2.

1.3. Se despois de formulada a solicitude de licenza se modificase ou ampliase o proxecto deberá porse en coñecemento da Administración Municipal, acompañando o novo presuposto ou o reformado e, no seu caso, planos e memorias de modificación ou ampliación.

2. TRAMITACIÓN:

            2.1. Unha vez rexistrada a solicitude de licenza requerirase que informe un técnico competente.

            2.2. Posteriormente requerirase da Comisión Informativa de Vías, Obras e Urbanismo que emita o correspondente ditame.

            2.3. A Comisión de Goberno adoptará a resolución que proceda en canto ao outorgamento da licenza solicitada, e procederá a aprobar a liquidación dos dereitos ou taxas correspondentes.

            2.4. Notificarase ao interesado o outorgamento da licenza ou, no seu caso, a denegación e a liquidación correspondente na forma legalmente establecida, exixindo ao interesado que comunique nas oficinas municipais o replantexo da obra así como a finalización da mesma.

Artigo 10º-Liquidación e ingreso

1. As cotas correspondentes á presente Ordenanza satisfaranse en efectivo na Caixa Municipal.

2. Unha vez outorgada a licenza notificarase ao interesado, quen deberá satisfacer o importe dos dereitos no prazo de 15 días seguintes á notificación.

3. As cotas liquidadas e non satisfeitas dentro do periodo voluntario e a súa prórroga, faranse efectivas pola vía de apremio, de acordo co vixente Reglamento Xeral de Recadación.

4. Notificaranse as liquidacións aos suxeitos pasivos con expresión dos requisitos previstos na lexislación vixente.

Artigo 11º-Caducidade e duración das licenzas

1. En tanto non recaiga acordo municipal sobre concesión de Licenza, os interesados poderán renunciar expresamente á mesma.

2. Consideraranse caducadas as Licenzas se despois de concedidas transcorren máis de 6 meses sen ter comezada as obras, ou candounha vez comezadas fosen interrompidas durante o expresado prazo, salvo en casos de forza maior, na que deberá ser alegada polo titular da Licenza antes que expire o prazo antedito para a súa resolución posterior polo organismo concedente.

3. Todas as obras que requiran proxecto técnico, deberá especificarse o prazo de execución e o meterial dos mesmos. No caso de que por causa plenamente xustificada non se cpmezase ou, no seu caos, rematase a obra para a cal se concedeu a Licenza no caso de vixencia desta (6 meses), o titular da mesma, para evitar que esta caduque ou quede sen valor e efecto ningún, deberá anticipadamente solicitar e obter prórroga reglamentaria. As prórrogas que se concedan levarán fixado o prazo que como máximo será o da Licenza primitiva. Os dereitos pola concesión de prórroga fixaranse.

Artigo 12º-Infraccións e sancións

1. Constitúen casos especiais de infracción, calificados de:

                            a)  Simple infracción:

            Non solicitar a necesaria Licenza para a realización das obras, sen perxuízo da calificación que proceda por defraudación.

            Non ter a disposición do Axente Municipal os seguintes documentos: as licenzas ou cartas de pago ou fotocopia das anteriores, únicos xustificantes válidos de estar en posesión da Licenza de obras.

            b)Omisión:

            O non dar conta á Administración Municipal do maior valor das obras realizadas, ou das modificacións das mesmas ou do seu presuposto, agás que polas circunstancias concurrentes deba calificarse de defraudación.

            c)Defraudación:

            A realización de obras sen Licenza municipal.

            A falsidade da declaración en extremos esenciais para a determinación da base do gravame.

En todo o relativo á calificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ao disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria

Disposición final