Culleredo - Ordenanza fiscal núm. 16, reguladora da taxa por licencias urbanísticas

Publicación provisional: 12/11/1998 BOP Nº: 260
Publicación definitiva: 30/12/1998 BOP Nº: 298
Aplicable dende: 01/01/2009

Artigo 1. Feito impoñible

O feito impoñible desta taxa está constituído pola actividade municipal tendente a verificar se os actos de edificación e uso do solo se axustan ás normas urbanísticas

Artigo 2. Suxeito Pasivo

1.       Son suxeitos pasivos, en concepto de contribuínte, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que a normativa tributaria impón o cumprimento de obrigas tributarias que sexan donos da construción, instalación ou obra, sexan ou non propietarios do inmoble sobre o que se realice aquela. Terá consideración de dono da construción, instalación ou obra quen soporte os gastos ou o custo que comporte a súa realización..

2. Son suxeitos pasivos, en concepto de substituto do contribuínte, quen solicite a correspondente licenza ou realice a construción, instalación ou obra

Artigo 3. Base impoñible.

A base impoñible está constituída pola natureza e no seu caso, orzamento e superficie, da actividade que dea lugar ao feito impoñible

Artigo 4. Cota tributaria

A cota tributaria determinarase por unha cantidade resultante da aplicación das seguintes tarifas:
 
Euros
Obras menores, que non necesiten proxecto técnico, cun orzamento non superior a 6.000,00
31,33
Obras menores, que non necesiten proxecto técnico, cun orzamento superior a 6.000,00
313,89
Proxectos de obra nova ou rehabilitación de vivendas unifamiliares
821,94
Reformas, ampliacións e acondicionamentos de vivendas e locais
821,94
Construción e ampliación de naves e establecementos industriais, comerciais ou deportivos, por m² construído
2,09
Proxectos de obra nova ou rehabilitación de vivendas plurifamiliares, por m² construído
4,61
Obras de conservación e mantemento, demolicións e outras asimiladas a estas
731,10
Licenzas de parcelación, segregación e movementos de terras
128,08
Licenzas de primeira ocupación de vivendas e locais, por cada local
173,47
Instalacións cunha execución para a que sexa necesario proxecto técnico, no caso de que o orzamento non supere 6.000,00
185,00
Instalacións cunha execución para a que sexa necesario proxecto técnico, no caso de que o orzamento supere 6.000,00
821,94
Licenzas de edificación para establecementos hostaleiros, sanitarios e turísticos en xeral, por m² construído
4,61
Licenzas para colocación de carteis visibles desde a vía pública, por m²
18,30
Toda obra que necesite trámite de excepción incrementará a taxa en
276,75

Artigo 5. Devengo

1.       Devéngase a taxa cando se inicie a actividade municipal que constitúe o feito impoñible. Entenderase iniciada esta actividad na data de presentación da solicitude da licenza urbanística, se o suxeito pasivo formúlase expresamente esta. 

2.   Cando as obras se iniciaran ou executaran sen ter a oportuna licenza, a taxa devengarase cando se inicie efectivamente a actividade municipal conducente a determinar se a obra en cuestión é ou non autorizable, con independencia do inicio do expediente administrativo que poida instruírse para a autorización desas obras ou demolición se non foran autorizables

Artigo 6. Xestión

1.       A taxa esixirase en réxime de autoliquidación. Os suxeitos pasivos virán obrigados a presentar esta autoliquidación no impreso habilitado para o efecto polo Concello. No momento de solicitude da concesión da licenza, deberá acreditarse o pagamento da autoliquidación.

2.       Cando se produza unha modificación da base impoñible que supoña un incremento da cota tributaria, os suxeitos pasivos deberán presentar autoliquidación complementaria pola diferenza.

3.       Cando as obras se iniciaran ou executaran sen ter a oportuna licenza ou cando os suxeitos pasivos non tiveran aboado a correspondente autoliquidación pola taxa, nos prazos anteriormente sinalados ou se tivera presentado e aboado aquela por cantidade inferior á cota que resulte do orzamento achegado, a Administración municipal poderá practicar e notificar unha liquidación provisional.

4.       A obriga de contribuír, unha vez que naceu, non se verá afectada en modo algún pola denegación da licenza solicitada ou pola concesión desta condicionada á modificación do proxecto presentado, nin pola renuncia ou desestimento do solicitante unha vez que se concedeu a licenza.

5.       A tramitación de novas licenzas por caducidade dunha anterior, devengará unha nova taxa.

6.       Os dereitos por concesión de prórrogas fixanse no 2% do orzamento das obras que falten por executar.

Disposición final.

A imposición deste tributo foi acordada en sesión plenaria celebrada o día 27/10/1998. A presente Ordenanza Fiscal foi aprobada en sesión plenaria celebrada o día 27/10/1998, sendo modificada posteriormente en sesións plenarias celebradas os días 26/10/1999, 07/11/2000, 27/11/2001, 29/10/2002, 25/02/2003 e 28/10/2003. A presente modificación foi aprobada en sesión plenaria de 26/10/2004. Entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia. Comezará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 2005, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa