Culleredo - Taxa por licenzas urbanísticas ou realización das actividades administrativas de control nos supostos en que a esixencia de licenza fora substituída pola presentación de declaración responsábel ou comunicación previa
Artigo 1. Feito impoñible
O feito impoñible desta taxa está constituído pola actividade municipal tendente a verificar se os actos de edificación e uso do solo se axustan ás normas urbanísticas
Artigo 2. Suxeito Pasivo
1. Son suxeitos pasivos, en concepto de contribuínte, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que a normativa tributaria impón o cumprimento de obrigas tributarias que sexan donos da construción, instalación ou obra, sexan ou non propietarios do inmoble sobre o que se realice aquela. Terá consideración de dono da construción, instalación ou obra quen soporte os gastos ou o custo que comporte a súa realización..
2. Son suxeitos pasivos, en concepto de substituto do contribuínte, quen solicite a correspondente licenza ou presente as correspondentes declaracións responsábeis ou comunicacións previas ou realice as construcións, instalacións ou obras.
Artigo 3. Base impoñible.
A base impoñible está constituída pola natureza e no seu caso, orzamento e superficie, da actividade que dea lugar ao feito impoñible
Artigo 4. Cota tributaria
A cota tributaria determinarase por unha cantidade resultante da aplicación das seguintes tarifas:
Obras menores, non necesitadas de proxecto técnico, cun orzamento de execución material non superior a 3.005,06 € | 32,90 € |
Obras menores, non necesitadas de proxecto técnico, cun orzamento de execución material comprendido entre 3.005,07 € e 6.010,12€ | 50,00 € |
Obras menores, non necesitadas de proxecto técnico, cun orzamento de execución material comprendido entre 6.010,13 € e 12.020,24€ | 100,00 € |
Obras menores, non necesitadas de proxecto técnico, cun orzamento de execución material comprendido entre 12.020,25 € e 18.030,36€ | 150,00 € |
Instalacións nas que sexa necesario Proxecto Técnico e non supere o orzamento de execución material os 6.010,12€ | 180,00 € |
Instalacións nas que sexa necesario Proxecto Técnico e non supere o orzamento de execución material os 12.020,24€ | 210,00 € |
Instalacións nas que sexa necesario Proxecto Técnico e non supere o orzamento de execución material os 18.030,36€ | 240,00 € |
Instalacións nas que sexa necesario Proxecto Técnico e supere o orzamento de execución material os 18.030,37€ | 300,00 € |
Licenzas de parcelamento, segregación etc. Por cada unidade parcelada | 52,79 € |
Movementos de terras ata 50 Tm | 135,00 € |
Movementos de terras superiores a 50Tm | 270,00 € |
Tala de árbores | 60,00 € |
Proxectos de obra nova ou rehabilitación de vivendas unifamiliares | 836,73 € |
Reformas, ampliacións e acondicionamentos de vivendas e locais | 836,73 € |
Construción e ampliación de naves e establecementos industriais, comerciais ou deportivos, por m2 construído | 2,13 € |
Proxectos de obra nova ou rehabilitación de vivendas plurifamiliares, por m2 construído | 4,69 € |
Obras de conservación e mantemento, demolicións e outras asimiladas a estas | 744,26 € |
Licenzas de Primeira Ocupación de Vivendas e Locais, por cada local | 176,59 € |
Licenzas de edificación para establecementos hostaleiros, sanitarios e turísticos en xeral, por m2 construído | 4,69 € |
Licenzas para colocación de carteis visibles desde a vía pública, por m2 | 18,63 € |
Artigo 5. Devengo
1. Devéngase a taxa cando se inicie a actividade municipal que constitúe o feito impoñible. Entenderase iniciada esta actividad na data de presentación da solicitude da licenza urbanística, se o suxeito pasivo formúlase expresamente esta.
2. Cando as obras se iniciaran ou executaran sen ter a oportuna licenza, a taxa devengarase cando se inicie efectivamente a actividade municipal conducente a determinar se a obra en cuestión é ou non autorizable, con independencia do inicio do expediente administrativo que poida instruírse para a autorización desas obras ou demolición se non foran autorizables
Artigo 6. Xestión
1. A taxa esixirase en réxime de autoliquidación. Os suxeitos pasivos virán obrigados a presentar esta autoliquidación no impreso habilitado para o efecto polo Concello. No momento de solicitude da concesión da licenza, deberá acreditarse o pagamento da autoliquidación.
2. Cando se produza unha modificación da base impoñible que supoña un incremento da cota tributaria, os suxeitos pasivos deberán presentar autoliquidación complementaria pola diferenza.
3. Cando as obras se iniciaran ou executaran sen ter a oportuna licenza ou cando os suxeitos pasivos non tiveran aboado a correspondente autoliquidación pola taxa, nos prazos anteriormente sinalados ou se tivera presentado e aboado aquela por cantidade inferior á cota que resulte do orzamento achegado, a Administración municipal poderá practicar e notificar unha liquidación provisional.
4. A obriga de contribuír, unha vez que naceu, non se verá afectada en modo algún pola denegación da licenza solicitada ou pola concesión desta condicionada á modificación do proxecto presentado, nin pola renuncia ou desestimento do solicitante unha vez que se concedeu a licenza.
5. A tramitación de novas licenzas por caducidade dunha anterior, devengará unha nova taxa.
6. Os dereitos por concesión de prórrogas fixanse no 2% do orzamento das obras que falten por executar.