Carballo - ORDENANZA FISCAL Nº 18. -REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVICIO DO CONSERVATORIO MUNICIPAL DE MÚSICA.
Artigo 1.-Fundamento e natureza.
No uso das facultades conferidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local e ó abeiro do disposto no artigo 20.1 e 3 v) da Lei 39/88, reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa pola prestación do servicio de Conservatorio Municipal de Música, que se rexera pola presente ordenanza fiscal.
Artigo 2.-Feito imponible.
O feito impoñible está constituído pola prestación do servicio docente de Conservatorio Municipal de Música.
Artigo 3.-Suxeitos pasivos.
Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas, así como as entidades ás que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, que soliciten o servicio, ben sexan os destinatarios do mesmo ou os seus representantes legais dos mesmos.
Artigo 4.-Retribución.
A taxa considerarase devengada, nacendo a obriga de contribuír, coa iniciación da prestación do servicio, aínda que poderá esixirse o depósito previo do seu importe total coa presentación da solicitude.
Artigo 5.-Cota tributaria.
A cota tributaria determinarase de acordo coas seguintes tarifas:
- Matrícula nunha asignatura: 14.000 pesetas (84,14 Euros).
- Matrícula en dúas asignaturas: 18.000 pesetas (108,18 Euros).
- Matrícula en tres asignaturas: 22.000 pesetas (132,22 Euros).
- Curso completo ou matrícula de catro asignaturas: 28.000 pesetas (168,28 Euros).
- Servicio de tramitación: 2.000 pesetas (12,02 Euros).
- 1.ª Inscrición: 3.000 pesetas (18,03 Euros).
Artigo 6.-Criterios xenéricos de capacidade económica.
Ás cotas tributarias establecidas no artigo anterior aplicaráselles unha reducción do 50 por cento, no caso de que os destinatarios do servicio formen parte dunha familia numerosa. Para a aplicación desta reducción deberase presentar o documento acreditativo de ser familia numerosa debidamente actualizado.
Artigo 7.-Beneficios fiscais.
De conformidade co disposto no artigo 9 da Lei 39/88, reguladora das Facendas Locais, non se recoñece ningún beneficio tributario, agás os que sexan consecuencia do establecido nos tratados ou acordos internacionais, ou os expresamente previstos en normas con rango de Lei.
Artigo 8.- Normas de xestión.
1. Os interesados na prestación deste Servicio deberán presenta-la solicitude de matrícula nos prazos que se fixen cada ano por decreto da Alcaldía, aportando a documentación necesaria para a súa tramitación. O decreto da Alcaldía que fixe o prazo de matrícula establecerá tamén que documentación se debe presentar coa solicitude de matrícula.
2. A taxa esixirase polo sistema de autoliquidación, polo que deberá achegarse á documentación do expediente de solicitude de matrícula o resgardo acreditativo de ter realizado o pagamento da mesma.
Artigo 9.-Infraccións e sancións.
En todo o relativo ás infraccións e sancións tributarias estarase ó disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria e a súa normativa de desenrolo.
Disposición final.
A presente ordenanza fiscal foi aprobada polo Pleno da corporación, na sesión celebrada o día ..., e o seu texto foi publicado no Boletín Oficial da Provincia número ..., do día ... Entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 1999.