Carballo - ORDENANZA FISCAL Nº 18. -REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVICIO DO CONSERVATORIO MUNICIPAL DE MÚSICA.
ARTIGO 1.º.-FUNDAMENTO E NATUREZA.
No uso das facultades atribuidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución, polo artigo 106 da Ley 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e ao abeiro do previsto no art. 57 e 20.4.v), do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aprobou o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, o Concello de Carballo establece as taxas pola prestación de servizos de competencia local de carácter docente e administrativo polas actividades do Conservatorio Municipal de Música de Carballo, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal.
ARTIGO 2.º.-FEITO IMPOÑIBLE.
O feito impoñible estará constituido por:
a) A prestación de servizos de carácter administrativo de competencia local relativos á admisión e funcionamento das actividades docentes prestadas polo Concello a través do Conservatorio Municipal de Música.
b) A prestación de servizos docentes de competencia local por parte do Conservatorio Municipal de Música.
ARTIGO 3.º.-SUXEITOS PASIVOS.
Son suxeitos pasivos a título de contribuíntes, as persoas físicas, xurídicas, e as entidades ás que se refire o art. 35.4 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, que soliciten os servizos, sexan os destinatarios do mesmo ou os seus representantes legais. No caso de menores de idade, será sempre suxeito pasivo quen ostente a garda e custodia legal dos mesmos, debendo subscribir a correspondente solicitude en representación do menor.
ARTIGO 4.º.- COTA TRIBUTARIA.
1. Taxas do Conservatorio Profesional de Música do Concello de Carballo:
A. Grao elemental.
1.- Curso completo no grao elemental (1º, 2º, 3º ou 4º)¿¿¿¿¿ 299,25 €
2.- Materias pendentes ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿..... 73,50 € c/u
3.- Proba de acceso aos 2º, 3º e 4º curso ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿.. 52,50 €
B. Grao profesional.
1.- Curso completo en 1º ou 2º curso ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿. 351,75 €
2.- Curso completo en 3º ou 4º curso ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿. 404,25 €
3.- Curso completo en 5º ou 6º curso ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿. 462,00 €
4.- Asignaturas soltas/ pendentes ..¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿ 105,00 € c/u
5.- Proba de acceso grao profesional ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿.. 84,00 €
ARTIGO 5.º.-BENEFICIOS FISCAIS.
Non se recoñece ningún beneficio fiscal nesta taxa, consonte ao previsto no art. 9.1 do R.D.L. 2/2004, agás os que estean previstos en normas con rango de Lei ou nos tratados internacionais validamente suscritos polo Reino de España e publicados no B.O.E.
ARTIGO 6.º.-RETRIBUCIÓN.
A obriga tributaria no momento de inicio da prestación dos servizos, sendo esixible o seu depósito previo consonte ás normas de xestión do artigo seguinte.
ARTIGO 7.º.-NORMAS DE XESTIÓN. LIQUIDACIÓN DA TAXA.
1.-No momento de formalizar a solicitude de admisión aos servizos prestados no Conservatorio Municipal de Música de Carballo, contificarase o importe das taxas a abonar polo usuario.
2.-O pagamento desta taxa deberá ser realizado, obrigatoriamente, mediante domiciliación bancaria. A tal efecto, asinarase a autorización pertinente polo solicitante ou o seu titor legal para realizar os cargos bancarios xunto coa solicitude de admisión ao servizo.
3.-O total do importe do curso ou servizo fraccionarase trimestralmente, sen aplicación de xuros de ningunha clase. Os cargos serán xirados ás contas bancarias facilitadas entre os días 1 e 5 do primeiro mes de cadanseu trimestre.
4.-Nos supostos de baixa dun alumno, estarase ás seguintes normas:
a) Se a solicitude de baixa se presentase antes do 31 de xullo do ano en curso, o usuario terá dereito á devolución do 100 % das taxas que teña abonado -se fora o caso-, anulándose todos os importes que houbera pendentes de cobramento.
b) Se a solicitude se producise despois do 31 de xullo do ano en curso e antes do comenzo oficial das clases, o usuario terá dereito á devolución do 50 % das taxas aboadas, anulándose os importes pendentes de cobramento.
c) Se se producise unha vez comenzado o curso académico, o interesado non terá dereito á devolución de cota aboada algunha.
5.-No caso de devolución dun recibo/cargo por parte da entidade bancaria na que se teña ordeado a domiciliación das taxa, notificarase por escrito ao usuario/titor, abríndoselle o prazo de UN MES desde a data de notificación para que fagan efectivo o importe na conta bancaria que se lles sinale na devandita notificación. De non realizar o pagamento no dito prazo, procederase a tramitar a baixa do usuario no Conservatorio Municipal de Música.
ARTIGO 8.º.-RÉXIME DE INFRACCIÓNS E SANCIÓNS.
O réxime de infraccións en sancións tributarias será o previsto na Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, e nas normas que a complementen ou desenvolvan.
DISPOSICIÓN DERRADEIRA.
Esta ordenanza entrará en vigor ao día seguinte ao da publicación do anuncio da súa aprobación definitiva, xunto co seu texto íntegro, no Boletín Oficial da Provincia, sendo aplicable a todos os feitos impoñibles que se produzan a partires dese día.