Rois - Ordenanza reguladora do prezo público por prestación do servizo da escola de música

Publicación provisional: 23/10/2008 BOP Nº: 245
Publicación definitiva: 24/12/2008 BOP Nº: 295
Aplicable dende: 14/01/2009

Artigo 1º.- NATUREZA

No uso das facultades concedidas polos art. 133.2 e 142 da CE e polo art. 106 da Lei 7/85 de 2 de abril Reguladora das Bases de Réxime Local e de conformidade co disposto nos art. 15 ao 19 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais, este Concello establece prezo público pola utilización dos servizos da Escola Municipal de Música que se rexerá pola presente Ordenanza fiscal cuxas normas atenden ao disposto nos art. 41 a 45 da citada Lei.

Artigo 2º.- FEITO IMPOÑIBLE

Constitúe o feito impoñible da presente Ordenanza os actos de utilización dos servizos da Escola Municipal de Música.

Artigo 3º.- SUXEITOS PASIVOS

Son suxeitos pasivos en concepto de contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as Entidades a que se refire o art. 35 da Lei Xeral Tributaria que utilicen os servicios da Escola de Música. Están obrigados ao pago da taxa aqueles que, previa inscrición, asistan aos cursos da Escola Municipal de Música.
Será requisito preferente ser veciño de Rois.

Artigo 4º.- TARIFAS

A contía da taxa regulada nesta ordenanza será a fixada nas tarifas contidas no apartado seguinte.
As tarifas aplicaranse con arreglo ó seguinte cadro:
Materia
Horas á semana
Prezo ao mes
Música e movemento ( grupo mín: 6 nenos)
1 h/semanal
15,00 €
 
Opción 1:
-instrumento
¿ h/semanal
 
-linguaxe musical
1 h/semanal
 
-grupo instrumental
1 h/semanal
35,00 €
 
Opción 2:
-instrumento
1/2 h/ semanal
 
-linguaxe musical ou música e movemento
1h/ semanal
32,00 €
 
Coro
2 h/semanal
12,00 €
 
Instrumento complementario(*)
1/2 h/ semanal
12,00 €
(*) Enténdese por instrumento complementario o elixido a maiores das opcións ofertadas no cadro.
As materias ailladas ou que non se axusten a ningunha opción terán un prezo, por hora á semana de materia impartida, de 21 euros mensuais.
Ofértase a posibilidade de realizar, en vez do pago mensual, o pago completo de todas as mensualidades, o que suporá unha reducción do 10% sobre o total da matrícula.
A actividade de coro será gratuita para o alumnado da Escola Municipal de música se se toma como unha segunda actividade.

Artigo 5º.- BONIFICACIÓNS

Para a aplicación das tarifas terase en conta:
1.- A matriculación dun alumno en dous cursos ou actividades, terá unha bonificación de 3 € sobre o total das mensualidades, sempre que pague unha anualidade completa.
2.- No caso de que tres ou máis membros da unidade familiar estiveran matriculados na escola, terán unha bonificación de 6 € sobre a suma total das mensualidades, sempre que pague unha anualidade completa.

Artigo 6º.- PERÍODO IMPOSITIVO

1. O período impositivo coincide co mes natural. Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír o primeiro día do período impositivo.
2. Para a realización de talleres, o período impositivo coincide coa duración do mesmo. Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír dende que se solicite a matrícula no mesmo.

Artigo 7º.- NORMAS DE XESTIÓN

1.- Os interesados en asistir a Escola Municipal de Música presentarán solicitude de admisión no Rexistro Xeral deste Concello dentro dos prazos que anualmente, a tal efecto, queden fixados. Excepcionalmente e sempre que non se cubran o total das prazas, admitiranse solicitudes durante o ano en curso.
2.- A matrícula e o importe das mensualidades xestionaranse mediante ingreso por recibo nos prazos e lugares que determine a Administración unha vez efectuada a matrícula no curso ou cursos solicitados.
Os interesados, no momento de realizar a matrícula, proporcionarán os seus datos á Administración aos efectos de formalizar a correspondente domiciliación bancaria.

Artigo 8º.- BAIXAS

1.- As baixas deberán comunicarse á Administración entre os días 1 e 5 de cada mes. No caso contrario, a baixa será efectiva no mes seguinte á solicitude.
2.- No obstante poderase proceder a dar de baixa de oficio para o período mensual seguinte a aquel en que resulte impagada unha das cotas mensuais e sempre que non se regularice o impago.
3.- Os interesados que causen baixa, cando procedan a unha nova solicitude de alta dentro do mesmo curso para o que se solicita a matrícula, pagarán unha cota con importe igual ao dunha mensualidade.

Artículo 9º.-INFRACCIÓNS E SANCIÓNS

En todo o relativo á calificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, se estará ó disposto nos art. 178 e seguintes de la Lei Xeral Tributaria, conforme se establece na Lei Reguladora das Facendas Locais.

DISPOSICIÓN FINAL

A presente ordenanza foi aprobada inicialmente polo Concello Pleno en sesión celebrada o día 4 de outubro de 2008, publicándose no BOP durante un período de 30 días soltos. Transcorrido dito prazo, entendese aprobada definitivamente o día 28 de novembro de 2008.