Rois - ORDENANZA REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POR PRESTACIÓN DO SERVIZO DA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA
Artigo 1.º.-NATUREZA.
No uso das facultades concedidas polos art. 133.2 e 142 da CE e polo art. 106 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e de conformidade co disposto nos art. 15 ao 19 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora de facendas locais, este Concello establece o prezo público pola prestación dos servizos da Escola Municipal de Música que se rexerá pola presente ordenanza fiscal cuxas normas atenden ao disposto nos art. 41 a 45 da citada lei.
Artigo 2.º.-FEITO IMPOÑIBLE.
Constitúe o feito impoñible desta ordenanza os actos de utilización dos servizos da Escola Municipal de Música.
Artigo 3.º.-SUXEITOS PASIVOS.
Son suxeitos pasivos en concepto de contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as entidades a que se refire o art. 35 da Lei xeral tributaria que utilicen os servizos da Escola de Música. Están obrigados ao pago da taxa aqueles que, previa inscrición, asistan aos cursos da Escola Municipal de Música.
Terán preferencia as persoas empadroadas no concello de Rois.
Artigo 4.º.-TARIFAS.
A contía da taxa regulada nesta ordenanza será a fixada nas tarifas que aparecen a continuación:
Matrícula anual: 20,00 €
Materia | Horas á semana | Prezo ao mes |
Música e movemento (grupo mín.: 6 persoas) | 1 h. semanal | 15,00 € |
Opción 1: | ||
- Instrumento | ¿ h. semanal | 40,00 € |
- Linguaxe musical | 1 ¿ h. semanal | |
- Grupo instrumental | 1 h. semanal | |
Opción 2: | ||
- Instrumento | ¿ h. semanal | 35,00 € |
- Linguaxe musical ou música e movemento | 1 ¿ h. semanal | |
Coro | 2 h. semanais | 12,00 € |
Instrumento complementario (*) | ¿ h. semanal | 12,00 € |
(*) Enténdese por instrumento complementario o elixido a maiores das opcións ofertadas ou o reforzo dun instrumento.
As materias illadas ou que non se axusten a ningunha opción terán un prezo de 26 euros mensuais (1 h. semanal).
A actividade de coro será gratuíta para o alumnado da Escola Municipal de Música.
Artigo 5.º.-BONIFICACIÓNS.
Para a aplicación das tarifas efectuaranse descontos nos seguintes casos:
1.-Co pagamento completo de todas as mensualidades obterase unha redución do 5% sobre o prezo total da matrícula.
2.-A matriculación dun alumno/a en dous cursos ou actividades terá unha bonificación do 5% en cada mensualidade.
3.-Cando tres ou máis membros da primeira unidade familiar estean matriculados na escola, o terceiro e sucesivos membros terán unha bonificación do 5% en cada mensualidade.
Artigo 6.º.-PERÍODO IMPOSITIVO.
1. O período impositivo coincide co mes natural. Tense dereito á taxa e nace a obriga de contribuír o primeiro día do período impositivo.
2. Para a realización de talleres, o período impositivo coincide coa duración do mesmo. Tense dereito á taxa e nace a obriga de contribuír dende que se solicite a matrícula no mesmo.
Artigo 7.º.-NORMAS DE XESTIÓN.
1.-As persoas interesadas en asistir á Escola Municipal de Música presentarán unha solicitude de admisión no Rexistro xeral deste Concello dentro dos prazos que anualmente, a tal efecto, queden fixados. Excepcionalmente, e sempre que non se cubran o total das prazas, admitiranse solicitudes durante o curso escolar.
2.-A matrícula e o importe das mensualidades xestionaranse mediante un ingreso por recibo nos prazos e lugares que determine a Administración unha vez efectuada a matrícula no curso ou cursos solicitados. As persoas interesadas, no momento de realizar a matrícula, proporcionaranlle os seus datos á Administración para os efectos de formalizar a correspondente domiciliación bancaria.
Artigo 8.º.-BAIXAS.
1.-As baixas deberán comunicarse á Administración a última semana de cada mes. No caso contrario, a baixa será efectiva no mes seguinte á solicitude.
2.-Non obstante, poderase proceder a dar de baixa de oficio para o período mensual seguinte a aquela persoa que non pague unha das cotas mensuais e sempre que non se regularice o pagamento.
Artigo 9.º.-INFRACCIÓNS E SANCIÓNS.
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ao disposto nos art. 178 e seguintes de la Lei xeral tributaria, conforme se establece na Lei Reguladora das Facendas Locais.
DISPOSICIÓN FINAL.
A presente ordenanza fiscal entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, previa exposición ao público e resolución das reclamacións, e permanecerá en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.