Narón - ORDENANZA NÚM. 20 REGULADORA DA TAXA POR SERVICIOS PRESTADOS POLAS ESCOLAS DO PADROADO DA CULTURA

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 29/12/2007 BOP Nº: 299
Aplicable dende: 01/01/2008

Artigo 1. Fundamento e natureza

Ó amparo co previsto nos artígos 58 e 20.3.p da Lei 39/1988, de 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, e de conformidade co disposto nos artígos 15 a 19 di dito texto legal, este Concello establece a taxa pola prestación de servicios do Padroado da Cultura, que se ha rexer pola presente ordenanza.

Artigo 2. Feito impoñible.

Constitue o feito impoñible da taxa a prestación de servicios públicos do Padroado de Cultura os especificados nas tarifas contidas no artígo 6 da presente Ordenanza.

Artigo 3. Suxeto pasivo.

Son suxetos pasivos da taxa, en concepto de contribuintes, as persoas físicas e xurídicas, así como as entidades a que se refiere o artígo 33 da Lei Xeral Tributaria, que soliciten o resulten beneficiadas ou afectadas, polos servicios do Padroado de Cultura que constituyan o feito impoñible da taxa.

Artigo 4. Responsables.

1.-Responderán solidariamente das obligacións tributarias do suxeto pasivo toda-las persoas que sean causante ou colaboren na realización dunha infracción tributaria.

2.-Os copartícipes ou cotitulares das Entidades xurídicas ou económicas a que refirese o artígo 33 da Lei Xeral Tributaria responderán solidariamente en proporción a súas respectivas participacións das obligacións tributarias de ditas Entidades.

3.-Os administradores de persoas xurídicas que non realizaren os actos da súa incumbemcia para o cumplimento das obligacións triburarias de aquelas responderán subsidiariamente das débedas siguintes:

a) Cando se cometeu unha infracción Tributaria simple, do importe da sanción.

b) Cando se cometeu unha infracción tributaria grave, da totalidade da débeda esixible.

c) En supostos de cese das actividades da sociedade, do importe das obligacións tributarias pendentes na data de cese.

4.-A responsabilidade esixiráse en todo caso nos términos e con arreglo o procedimento previstos na Lei Xeral Tributaria.

Artigo 5. Beneficios fiscais.

Non se aplicarán exencións, bonificacións nin reduccións para a determinación da débeda tributaria que os suxetos pasivos deban satisfacer por esta taxa.

Artigo 6. Cota tributaria.

1.- A contía da taxa determinarase aplicando as tarifas seguintes:

A) Tarifa Primeira.-

Matrícula por curso nas Escolas: teatro, debuxo, danza, gaita e percusión e outras.

45,00.- €

B) Tarifa Segunda.-

a) Entradas ás diferentes representacións organizadas polo Padroado de cultura feitas por profesionais:

ADULTOS

8,00.- €

NENOS (menores de 14 anos e poseedores do carnet xove ou de estudiante)

4,00.- €

b) Entradas a outras representacións e concertos con carácter excepcional:

Entrada única

15,00.- €

c) Bono para as diferentes representacións organizadas polo Padroado de cultura:

Bono válido para 10 representacións

56,00.- €

C) Tarifa Terceira

Matrícula 2º ciclo Escola Profesional de Teatro, por cada curso.

175,00.- €

 

Artigo 7. Normas de xestión.

1.-A Xunta Rectora do Padroado Municipal da Cultura de Narón ha fixar os períodos hábiles durante os cales os alumnos poden solicitar a súa matriculación nas disciplinas e cursos dos Programas que respectivamente se impartan.

Os alumnos pagarán no momento de solicitar a súa matrícula a taxa correspondente ó número de disciplinas e cursos polos que desexen recibir ensinanza.

2.-A Xunta do Padroado podrá acorda-la subvención ata 95 % das tarifas previstas para estas taxas, cando en atención o carácter social, cultural, benéfico ou formativo dos actos, se estime procedente fomenta-la súa realización.

O acordo que se adopte deberá ser motivado e contelos os informes pertinentes.

3.-As persoas o entidades interesadas na obtención dos beneficios o que se refire o apartado anterior, instaranos o Presidente do Padroado de Cultura acreditando suficientemente as circunstancias que xustifican a súa pretensión.

4.-A excepcionalidade das representacións que figuran no apartado c) do artígo 6-b será fixada pola Xunta do Padroado.

Disposición final.

A presente Ordenanza entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, e comezará a aplicarse de 1 de xaneiro de 2001, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.